CURSO 3ºA 3ºB
CHARLA SOBRE TEA (TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA)
Enviado por Amalia Omil o Mar, 19/11/2024 - 20:39Hoxe recibimos no noso cole a visita de Imelda. Veu representando a asociación Superheroes do Morrazo para falarnos sobre o TEA (Trastorno do espectro autista)
Empezou por falarnos da diferenza entre discapacidade e diversidade funcional. Díxonos que é así como queren ser recoñecidxs porque as súas capacidades son diversas.
Esta diversidade funcional precisa de apoio, axuda e comprensión por parte de familia, profesorado, amigxs e compañeirxs.
Por que se caracterizan as persoas TEA?
·
Adoitan ter dificultades nas súas relacións sociais.
·
Teñen intereses restrinxidos
·
Utilizan patróns repetitivos.
Imelda tamén nos contou que hai falsos mitos ao redor do autismo porque non é verdade que lle guste a soidade, nin que sexan persoas enfermas e moito menos que se comporten con agresividade.
Foi moi interesante entender que as persoas co trastorno autista teñen no seu cerebro todo pero de xeito desordenado, mentres que as persoas neurotípicas as teñen ordenadas en caixóns. Iso explica que sexan máis lentxs e que precisen da nosa axuda.
Despois desta charla considerámonos máis competentes para entender e sobre todo colaborar e facerlle a vida máis fácil as persoas con TEA.
GRAZAS IMELDA!
MAGOSTO 2024
Enviado por Amalia Omil o Dom, 17/11/2024 - 16:33O pasado xoves, 14 de novembro, celebramos o Magosto no noso cole.
Este ano foi un ano rico en castañas así que comemos nelas ata fartar. pero o mellor de todo foron os xogos tradicionais.
Grazas a asociación CORREDOIRAS por ser tan amables e altruístas e permitiirnos gozar tanto.
SAMAÍN
Enviado por Ainhoa Suarez o Dom, 17/11/2024 - 16:21O pasado 30 de outubro celebramos o Samaín facendo os obradoiros que xa son tradición na nosa escola.
O alumnado foi rotando polas distintas actividades, que neste caso foron:
- Trick or Treat: no cal aprendemos moito vocabulario sobre Halloween a través de distintos xogos.
- Manualidade de Samaín: onde fixemos unha bonita coroa de caveiras e flores, inspirada no Día dos Mortos de México.
- Move o esquelete!: aquí tocounos facer algo de exercicio mediante algunhas dinámicas relacionadas con personaxes de terror.
- Contacontos de Samaín: realizado polo alumnado de 5º na biblioteca do centro.
A continuación podedes ver o vídeo coas fotografías deste divertido día.
ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 26/10/2024 - 19:55AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES
O 24 de outubro é data maís sinalada no cole. O noso polbiño Papirus está de aniversario e temos que celebralo por todo o alto.
O alumnado de terceiro xa levabamos uns diíñas ensaiando as obras que lle queriamos representar ás nosas afilladas e afillados lectores.
Chegado o día fomos buscalxs ás aulas de infantil "QUE RECORDOS" ! Eran os nenos e nenas das profes Toñi e Teru, que foron as nosa mestras, e ás que lles temos un cariño inmenso.
Todxs xuntiñxs, collidxs da man fomos ao Bibliocastelo. Os pelouriños e os furabolos sentáronse esperando que comezara o teatro.
E nós, emocionadxs, empezamos as nosas obras!
A CASA DA MOSCA CHOSCA
O COELLIÑO BRANCO
Os pelouriños e os furabolos agradeceron a nosa representación e agasalláronnos cunhas tarxetiñas e uns mini Papirus preciosos.
Logo fomos ver o vídeo de presentación do proxecto deste ano que fixeron o alumnado de sexto:
QUE SUBA O PANO!
Finalmente cantámoslle os parabéns a Papirus!
Foi un día moi especial, deses que nos encantaría repetir!
PONTE A ZERO
Enviado por Ainhoa Suarez o Sáb, 26/10/2024 - 12:51Como cada curso, está semana contamos coa visita de Antón, do programa Ponte a Zero. Neste caso realizou o obradoiro de QUE FACEMOS COS RESIDUOS en 3°EP, e QUEN VIVE AÍ? en 4°.
No primeiro, aprendemos o camiño que nos levou a reciclar e sobre todo, a producir a menor cantidade de residuos posible.
No segundo, acudimos ao composteiro do cole para descubrir todos os microorganismos que viven alí e que descoñecíamos!
ESTALEIRO DE PURRO
Enviado por Amalia Omil o Xov, 17/10/2024 - 14:47
Hoxe visitamos o estaleiro de Purro.
Alí esperábanos Miriam, que nos contou en que consistía o oficio da carpintaría de ribeira que se realizaba alí.
Falounos de embarcacións tradicionais e de ferramentas. Aprendemos palabras como quilla, babor, estribor, proa, popa ou sarxentos.
Quedounos claro a diferenza entre bote polbeiro, chalana ou dorna. Tamén somos capaces de distinguir entre vela mística, latina ou relinga.
A verdade é que valeu a pena esta saídiña do cole para saber máis sobre a historia da nosa vila. Aproveitamos tamén para facer algunha parada pola vila e sacar algunha foto.
FIC 2024. A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS
Enviado por Amalia Omil o Dom, 22/09/2024 - 11:22O MINIFIC, é como cada ano o punto de partida do curso escolar no noso centro.
Pero este ano para o alumnado de terceiro foi especialmente importante porque fomos finalistas do MINIFIC, na categoría de Educación Especial e Primaria, pola curta que fixemos o curso pasado.
“A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS”
Así que fomos invitadxs á gala das escolas o sábado 21 de setembro. Acompañáronnos as mestras de segundo Rosa e Marta.
Conseguimos un diploma, un lote de libros, e o máis importante o recoñecemento do público.
A curta gañadora foi SOS Pokemon do CEIP de Ardán. Os nosos parabéns ao alumnado e profesorado porque nos encantou!
Gustaríanos aproveitar esta publicación, para contarvos que esta semana tamén fomos ao FIC, para ver cinco curtas que por certo nos gustaron moito.
Ao volver da clase votamos e a que gañou nas dúas clase foi a curtametraxe PUAG.
O noso agradecemento á organización do festival por convidarnos.
Seguiremos gozando do FIC, coa proposta didáctica, xa dentro das nosas aulas.
REUNIÓN INICIO DE CURSO
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 17/09/2024 - 17:48Podedes ver a presentación da reunión de familias a continuación:
DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 20/06/2024 - 09:07O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO.
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: AVENTURA DAKART E ACUARIO DO GROVE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 29/05/2024 - 18:13O mellor día do curso, fíxose realidade o 28 de maio, cando o alumnado de terceiro e cuarto fomos de excursión a Aventura Dakart en Sanxenxo e ao Acurio do Grove.
No vídeo seguinte tedes un resumo de imaxes e momentos para que poidades comprobar o ben que o pasamos.
Sen dúbida repetiremos!