CURSO 3ºA 3ºB
8 DE MARZO - DÍA DA MULLER
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 08/03/2023 - 18:21Hoxe foi un día moi especial… como cada ano, dende o noso centro celebramos o día da muller.
Comezamos explicándolle ao alumnado a importancia e o por qué de conmemorar este día. Ademais, falamos de mulleres que son importantes nas súas vídas: nais, avoas, mestras… tiñades que escoitar as cousas tan bonitas que dixeron!
Ademais, acudimos ao pavillón de Bueu para realizar a actividade XOGANDO SEN XÉNERO, no marco do noso plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO.
Primeiro, as monitoras explicaron que antes os xoguetes eran para nenos ou para nenas, pero isto a día de hoxe xa non e así, e todos e todas podemos xogar co que queiramos.
Premendo na seguinte imaxe grupal podedes ver un vídeo co ben que o pasamos.
Imos ao teatro a ver a obra "NAUTILUS"
Enviado por Susi Fernandez o Xov, 02/03/2023 - 22:37De primeiras, fomos ver a obra "NAUTILUS".
Nun submarino secreto que percorre os océanos de todo o mundo, lonxe de todo e de todos, o capitán Nemo observa que os arrecifes de coral se converteron en montañas de lixo, os peixes en bolsas de plástico e os prados de posidonia en vertedoiros acuáticos. A vida mariña corre perigo e Nemo propúxoo evitalo, pero non pode facelo só. Por iso contrata ao profesor Aronax, a quen emprenderá unha viaxe de 20.000 leguas submarinas para mostrarlle os segredos dun mundo fascinante ameazado pola contaminación.
Cando saímos do teatro fomos merendar e dar unha camiñata polo río Lérez. Divertímonos todos moito e a mañá pasou voando!
Ollade o seguinte vídeo:
PLANTACIÓN DE ÁRBORES COA FUNDACIÓN JUÁN XXIII
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 17/02/2023 - 16:54O mércores pasamos unha xornada inesquecible grazas aos mozos e mozas da Fundación Juan XXIII de Pontevedra e ao Concello de Bueu, que nos invitou a participar.
Como sabedes, este curso estivemos traballando dende as ciencias tres proxectos: O UNIVERSO, AS PLANTAS e A METEOROLOXÍA. En relación aos mesmos e como parte final realizamos esta xornada de plantación de árbores que a continuación vos explicamos.
O alumnado do ciclo formativo de xardinería da Fundación foi contratado polo Concello de Bueu para levar a cabo a tarefa en cuestión. Para isto contaron coa nosa colaboración, os cativos e cativas de 3º de primaria.
Comezaron explicándonos a importancia das árbores na ribeira dos ríos, e facéndonos algunhas preguntas sobre o tema que soubemos responder moi ben, amosando o moito que aprendemos ata agora.
Depois, dividímonos en equipos de traballo e distribuímonos ao longo do Río Bispo para plantar acivros, carballos, maceiras, cerdeiras, freixos e sanguiños; árbores que poderemos ver e ensinar con satisfacción sempre que demos un paseo pola zona.
Para rematar, precisabamos repoñer forzas e nos agasallaron cunha merenda máis que merecida!!!
GRAZAS JOSÉ, VERÓNICA E CARME por educar e formar tan ben e pola esquisita sensibilidade que amosades!
AGRADECEMENTO ESPECIAL PARA ÁFRICA, NACHO, JUAN, CARLOS, JOSÉ, ÁNGEL E ANDRÉS, por ensinarnos a plantar con tanto cariño e paciencia.
As profes prometéronnos que apróxima vez iremos nós a Pontevedra a visitaros!
Nos seguintes vídeos podedes ver as fotografías de toda a xornada.
ENTROIDO NO CEIP P. A PEDRA 2023
Enviado por Ana Cabaleiro o Ven, 17/02/2023 - 13:38
E por fin chegou o día!
Despois de facer os traxes nas aulas e cantar a canción de Falemos Galego, este venres 17 fixemos un pequeno percorrido ata o noso centro de infantil. As nosas compañeiras tiñan todo moi ben organizado e puidemos gozar dun pequeno desfile de todas as clases, finalizando coa actuación OS MULOS, tocaron varias cancións e entre elas Falemos Galego.
Ao rematar volvemos ás aulas, onde puidemos degustar dos produtos de entroido, grazas familias!
Agora toca descansar, bo entroido a todxs!
Ollade neste pequeno vídeo que ben o pasamos!
PROXECTO DE METEOROLOXÍA 3º PRIMARIA
Enviado por Amalia Omil o Dom, 12/02/2023 - 13:39Aproveitando que o alumnado de terceiro desenvolvemos un proxecto de meteoroloxía no comezo do segundo trimestre, visitamos a caseta meteorolóxica durante todo o mes de xaneiro.
Cada día tras comprobar os parámetros de temperatura, presión atmosférica, humidade e precipitación iamos rexistralo no recunchode meteoescolas.
Empezamos a familiarizarnos cos climogramas e construímos un por cada semana.
Tivemos a sorte de rexistrar o acontecido por dúas borrascas: GÉRARD e HANNELORE, que nos permitiron recoller no pluviómetro precipitacións de máis de 30 ml. Tamén comprobamos que a diferenza entre a temperatura máxima e mínima era moi pequena.
As dúas últimas semanas o tempo cambiou por completo. Estivemos dominados por un anticiclón que trouxo o tempo moi seco pero con temperaturas mínimas moi baixas e máximas sorprendentemente altas. Fixádevos como cambiou o climograma.
Durante este proxecto, investigamos sobre moitos aspectos tan de actualidade como cambio climático, quecemento global, burato da capa de ozono ou efecto invernadoiro. Tamén indagamos sobre fenómenos atmosféricos extremos como furacáns, ciclóns, tornados, secas ou inundacións. Encantounos saber sobre acontecementos meteorolóxicos misteriosos como nubes luminiscentes, auroras boreais, neve rosa, chuvia de animais… ou descubrir quen inventou o pluviómetro, o termómetro, o barómetro ou anemómetro.
CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Enviado por Amalia Omil o Dom, 05/02/2023 - 17:06
Este é o mural que preside a entrada do noso colexio e, que nesta ocasión, está decorado cos propósitos de Paz, que todo o alumnado do centro propone para este ano 2023.
Estas foron as nosas suxestións:
3ºA
3ºB
4ºA
4ºB
Nin a meteoroloxía nin a COVID, impediron que este ano o día 30 de xaneiro nos xuntáramos infantil e primaria no patio cuberto do cole.
Alí lemos os propósitos de todas as aulas.
Finalmente cantamos xuntos:
CONVIVINDO: De María Fumasa
ALL YOU NEED IS LOVE. De The Beatles.
No seguinte vídeo poderedes ver un bonito momento vivido ese día, cando todo o alumnado e profesorado de A Pedra, cantamos e interpretamos en lingua de signos o retrouso da canción de María Fumasa, baixo a batuta de Rosa Louro.
PROPÓSITOS DE PAZ EN A VOZ DA PEDRA
Enviado por Amalia Omil o Lun, 30/01/2023 - 22:20O alumnado de 3º quere compartir dende as instalacións de A Voz de A Pedra os PROPÓSITOS DE PAZ PARA O ano 2023, consensuados na aula.
A RULETA DO UNIVERSO
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 25/01/2023 - 17:44A semana pasada viñeron visitarnos dúas compañeiras á clase: Mar e Noa. Como sabedes, no primeiro trimestre estivemos traballando o proxecto O UNIVERSO. Con tal motivo, elas idearon un xogo sobre esta temática, en relación ao PAL “MOITO MÁIS QUE XOGO”, e viñeron amosalo para ver se recordábamos algo ou non.
O xogo consistía no seguinte: unha ruleta con distintas preguntas que elas mesmas escribiron en tarxetas de cores. Un representante de cada equipo da aula tiña que ir saíndo para facer unha tirada e responder á pregunta que lle tocara. Se acertaban eles sós gañaban dous puntos para o seu equipo, se o facían con axuda dos compis só un punto, e se ninguén sabía a resposta… quedaban como estaban.
Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas novas!!!
NADAL NO CEIP A PEDRA
Enviado por Ana Cabaleiro o Xov, 22/12/2022 - 12:31E por fin chegaron as tan ansiadas vacacións de Nadal, despois de tanto traballar, é hora de descansar e desconectar.
Tivemos unha mañá moi divertida cos obradoiros de Nadal; con Ramón gozamos da maxia, con Geli xogamos ao Tutifruti, con Lina fixemos unha postal de Nadal e con Gore movemos o esquelete nun obradoiro recreativo. Grazass a todxs!
Ollade que ben o pasamos.
4ºB
4°A
3º
Aproveitamos tamén para compartir a canción deste ano, CHEGOU O NADAL, en LSE.
FELICES FESTAS!
CHARLA SOBRE O UNIVERSO
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 20/12/2022 - 18:01O pasado luns tivemos a sorte de contar cun dos pais das nosas alumnas, o doutor Héctor Pereiro, que veu darnos unha charla sobre algúns aspectos relacionados co proxecto que estivemos traballando este curso: O UNIVERSO.
Aínda que a súa profesión non ten nada que ver co tema, é todo un fanático do espazo, e sabe moitísimas cousas!
Comezou explicándonos que cando era pequeno, o seu soño era ser astronauta. É por isto que con 17 anos foi de viaxe ao SPACE CAMP da NASA, toda unha experiencia que non dubidou en contar ao alumnado con tódolos detalles.
Ademais, aproveitou para salientar a figura de distintas mulleres astronautas que foron importantes ao longo da historia e que tamén o son na actualidade, coma Julie Payette, Cristina Koch ou Samantha Cristoforetti.
Por último, solventou algunhas cuestións que poden resultar confusas: que é a gravidade? como sae un foguete cara o espazo? de que están feitos os traxes de astronautas?
Aquí podedes ver o contenta que quedou Lola trala visita do seu pai!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »