CURSO 3ºA 3ºB
XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA
Enviado por Amalia Omil o Mar, 16/04/2024 - 20:43Xornada de balonmán dentro do programa XOGADE no pavillón da Raña en Marín.
O alumnado de cuarto de A Pedra compartimos pista de xogo coa rapazada do mesmo nivel do CEIP Montemogos de Beluso e o CPR Virxe Milagrosa de Bueu.
Todxs nos sentimos campións.
Pasámolo xenial!
REUNIÓN TERCEIRO TRIMESTRE
Enviado por Amalia Omil o Mar, 09/04/2024 - 18:30ANDREA MACEIRAS: AUTORA DE ALMA DE ELEFANTE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 03/04/2024 - 16:30Que ganas tiñamos de coñecer a escritora que foi capaz de escribir este precioso libro!
E por fin chegou o día e este mércores, 3 de abril, Andrea Maceiras chegou ao noso cole para falarnos de ALMA DE ELEFANTE.
Andrea falounos do debuxo que atopou cerca do templo de Angkor en Camboia e que significou a inspiración desta entrañable historia. Contounos do seu amor polos animais e do seu respecto por culturas diversas.
Contestou amablemente a todas as preguntas que lle fixemos, que foron moitísimas. Así soubemos que coñeceu a un elefante nun refuxio cunha biografía parecida a de Tep. Tamén que o personaxe que máis lle gusta de todos os libros que escribiu é Lawen. Descubrimos que xa ten moitos libros escritos e que pronto se publicarán máis.
Finalmente asinounos os libros.
Neste vídeo poderedes observar como Andrea, coas súas palabras foi quen de transportarnos a Sad Napa e de introducirnos dentro do templo da velliña Champei en Sad Naapa. Pincha na imaxe para ver como vivimos este momento.
GRAZAS ANDREA!
VISITA DOS PELOUROS
Enviado por Amalia Omil o Ven, 22/03/2024 - 14:00Sabedes quen son OS PELOUROS?
Pois claro! Son o alumnado de 5º de E. Infantil do noso colexio.
Pero o que seguro que non sabiades é que son expertxs en cultura grega!
Pois si, é iso foi o que nos viñeron contar o último día, antes das vacacións de Pascua.
Por mor do proxecto AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, descubriron que foi na antiga Grecia onde naceron. Logo comezaron a indagar como vivían, como se vestían, que arte realizaban e ata investigaron sobre filosofía grega.
Mantiveron a nosa atención todo o tempo e non podemos máis que darlle os nosos parabéns por este magnífico traballo.
Ao final sacámonos unha foto todxs xuntiñxs.
PROXECTO OS RÍOS
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 22/03/2024 - 11:00Este trimestre o alumnado de 4º estivo traballando no PROXECTO OS RÍOS.
Como produto final, realizaron unha presentación que recollía a información indagada ao longo destes meses. Unha vez exposta aos seus compañeiros e compañeiras, foron á radio a gravala e así compartila con todo o mundo.
Agardamos que vos guste!!
21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Enviado por Amalia Omil o Xov, 21/03/2024 - 00:00O 21 de marzo é un día moi especial, porque adoita comezar a primavera e ademais celébrase o día da poesía.
Pero este ano no cole soubemos que o 21 do 3 tamén é o día mundial do síndrome de Down, porque as persoas que nacen con este síndrome teñen 3 cromosomas no par 21 en vez de dous.
Por iso recibimos a visita da asociación Xuntos Down Pontevedra. O obxectivo foi visibilizar, coñecer e recoñecer esta disCAPACIDADE. Porque diso se tratou, de que empatizaramos con capacidades diversas.
Óscar falounos de como era o seu día a día. Os traballos polos que xa pasou, cales son as súas afeccións e soños.
Metémonos na súa pel, tratando de atar cordóns con luvas grosas. Decatámonos de que aínda que nos levaba máis tempo podiamos facelo. Tamén tratamos de comunicar mensaxes utilizando outros medios que non fose a lingua oral.
Foi unha experiencia inesquecible que nos fixo medrar en valores.
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 20/03/2024 - 00:00
O alumnado de cuarto estamos levando a cabo un proxecto sobre alimentación.
Este mércores tivemos a sorte de recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde de Bueu.
Falounos da importancia de ter unha dieta saudable na que todos os nutrientes deben ter cabida na medida axeitada.
Contounos a importancia de consumir alimentos saudables, frescos e producidos cerca de onde vivimos.
Alertounos da perigosidade das dietas de adelgazamento e incluso nos falou de anorexia e da bulimia. Díxonos que estes trastornos relacionados coa alimentación xa se están dando na rapazada da nosa idade.
8 DE MARZO: CON A DE ASTRÓNOMAS. VISITA AO MUSEO MASSÓ DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 09/03/2024 - 13:00O alumnado cuarto baixamos ao Museo Massó para conmemorar o día da muller.
Asistimos ao obradoiro didáctico "Con A de astrónomas" no que se aborda a achega de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas.
Dende Hipatia de Alexandría no século IV, Fátima Madrid no século XI ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard, as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Contáronnos do inxustamente que foron tratadas pola Historia, na que son sempre os homes os que levan os méritos de todos os logros.
Construímos un planisferio celeste e agora podemos saber que constelacións se poden ver en cada momento do ano e en cada hora. Encantounos!
Fixemos tamén un recorrido polas salas do museo, que aínda que moitxs xa as coñeciamos, David, o noso guía dounos unha visión feminista do que viamos, recoñecendo a importancia das mulleres na antiga conserveira e sobre todo o trato discriminatorio que sufrían.
GRAZAS GABRIELA, XISELA, GRACIELA E DAVID!
VÍDEO DA VISITA
TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 09/03/2024 - 11:58O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.
Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.
Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!
Unha mañá moi instrutiva e divertida.
RECITANDO A ROSALÍA
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 04/03/2024 - 09:07Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración.
Agardamos que vos guste o resultado!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »