CHARLA SOBRE TEA (TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA)

Hoxe recibimos no noso cole a visita de Imelda. Veu  representando a asociación Superheroes do Morrazo para falarnos sobre o TEA (Trastorno do espectro autista)

Empezou  por falarnos da diferenza entre discapacidade e diversidade funcional. Díxonos que é así como queren ser recoñecidxs porque as súas capacidades son diversas.

Esta diversidade funcional precisa de apoio, axuda e comprensión por parte de familia, profesorado, amigxs e compañeirxs.

Por que se caracterizan as persoas TEA?

·      

Adoitan ter dificultades nas súas relacións sociais.

·      

Teñen intereses restrinxidos

·      

Utilizan patróns repetitivos.

Imelda tamén nos contou que hai falsos mitos ao redor do autismo porque non é verdade que lle guste a soidade, nin que sexan persoas enfermas e moito menos que se comporten con agresividade.

Foi moi interesante entender que as persoas co trastorno autista teñen no seu cerebro todo pero de xeito desordenado, mentres que as persoas neurotípicas as teñen ordenadas en caixóns. Iso explica que sexan máis lentxs e que precisen da nosa axuda.

Despois desta charla considerámonos máis competentes para entender e sobre todo colaborar e  facerlle a vida máis fácil as persoas con TEA.

 

GRAZAS IMELDA!