Blogues
OS CONTOS DE ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN!!
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 14/05/2024 - 20:59OS CONTOS DE ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN!!!
Neste maio tolo, a nosa escola é un rebulir constante de actividades para celebrar o MES DAS LETRAS GALEGAS.
Onte, tivemos a fortuna de pasar un anaco delicioso da man de ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN, compañeiro de 3º A.
Contounos a historia de NATALIA MATAOGROS, un rapaza da súa aldea de Lugo que era lista coma un allo!! Tanto, que coa súa sagacidade logrou superar cantas probas lle puxera un ogro terrible que tiña atemorizada a toda a veciñanza. Mesmo, disque venceu un tiburón que andaba a enredar na Ría de Pontevedra!!
Que sorte poder gozar da maxia desas historias antigas que se contaban a carón dunha lareira!! Estabamos engaioladxs coas intrigantes aventuras de Natalia!! Podiamos quedar toda a mañá!! Encantounos!! Foi un pracer!!
Moitísimas grazas, Anxo, de corazón!!
E moitas grazas tamén a ti, Aldán, por compartires connosco un anaquiño do teu avó!!
DOMINÓ CELTA
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 19/04/2024 - 17:02
Ola, familias!!
Aquí vos deixamos os significados dos símbolos celtas do dominó no que estivemos a traballar para colaborar coa feira
"Art for Change",organizada polo IES JOHAN CARBALLEIRA.
Premede na imaxe para acceder á información.
CLUB TAMIAR, DEPORTE ADAPTADO
Enviado por Macu Rodríguez o Dom, 14/04/2024 - 22:21CLUB TAMIAR DE VIGO, DEPORTE ADAPTADO
O mércores da semana pasada recibimos unha visita moi especial; dúas adestradoras e dous deportistas do CLUB TAMIAR de Vigo. Cata, Sara, Antía e Fer ensináronnos que é o DEPORTE ADAPTADO. Concretamente, faláronnos de dúas disciplinas que practican no seu club: o BOCCIA e o SLALON.
Cando entramos no ximnasio descubrimos que tiñan todo organizado para darnos unha clase práctica de ambos deportes.
En primeiro termo, estaban dispostas varias cadeiras e unha rampla para que probásemos a xogar a BOCCIA. Trátase dun deporte PARALÍMPICO que ten normas algo similares ás da PETANCA. Xógase por equipos e gaña o que logra máis puntos ao achegarse o máximo posible á bóla branca.
A outra zona do ximnasio era a destinada á práctica do SLALON. Consistía en percorrer sentadxs en cadeira de rodas un circuíto delimitado por unha serie de bolardos . Tratábase de facelo no menor tempo posible e sen tirar ningún!! Resultou moi divertido!!!!
Para pechar a actividade, Antía e Fer responderon algunhas das nosas preguntas como os días que adestran semanalmente, onde o fan, cantas persoas forman os equipos, como se organizan para asistiren ás competicións...
Pasamos unha sesión divertidísima e, sobre todo, aprendemos que é posible practicar deporte máis aló das dificultades e das barreiras.
MOITÍSIMAS GRAZAS a ANTÍA, a FER, a CATA e a SARA!!!
Moitas grazas á APAMP Vigo (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e ao seu CLUB TAMIAR!!!
FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO
VISITAMOS O MUSEO MASSÓ
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 02/04/2024 - 23:24
VISITAMOS O MUSEO MASSÓ
O mércores, 20 de marzo, baixamos andando desde o cole para visitar o Museo Massó onde participamos nun obradoiro relacionado coa contaminación dos mares e os océanos.
Casualmente, encaixaba moi ben cos temas que traballaramos nas clases de Coñecemento do Medio e coas actividades que estiveramos desenvolvendo días atrás no noso Bibliocastelo.
Entre outras, a gravación dun podcast na VOZ DA PEDRA dun poema que compuxo a profe María Martínez a partir da historia da “BALLENA LLENA”, un conto no que unha balea enfermaba por mor do lixo que contamina os mares.
Este obradoiro do Museo Massó serviunos para descubrir datos tan sorprendentes como preocupantes sobre a imperiosa necesidade poñer en práctica OS 3 R para preservar a vida no noso planeta!! (xa veredes nas fotos que fixemos... ides quedar abraiadxs...!!!!!)
· REDUCIR O CONSUMO ( sobre todo de produtos envasados)
· REUTILIZAR o máximo posible aqueles produtos que compramos ou prestárllelos a outras persoas antes de desfacernos deles.
· RECICLAR e /ou facer unha recollida selectiva do lixo e depositalo nos colectores axeitados para que eses produtos poidan ser reciclados.
Ademais, amosáronnos na SALA NOBRE algúns dos tesouros do museo: mapas, instrumentos de navegación e armas antiquísimas, maquetas de barcos...
Tamén nos ensinaron obxectos relacionados co labor que desenvolvían na fábrica de conservas na que traballaban moitas persoas da nosa vila, sobre todo mulleres.
MOITÍSIMAS GRAZAS!!! ENCANTOUNOS A VISITA!!!
Xa de regreso, paramos a merendar e a xogar (todo o que nos permitiu a chuvia) no PARQUE DA TIROLINA.
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS
CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA GRAVANDO UN POEMA NA RADIO
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 02/04/2024 - 15:06DÍA DA POESÍA NA VOZ DA PEDRA
O luns , 18 de marzo, tivemos oportunidade de vivir unha experiencia nova, participar na gravación dun podcast na radio do cole, A VOZ DA PEDRA!!!
Como nas clases de Coñecemento do Medio estiveramos traballando a diferenza entre as paisaxes naturais e as humanizadas, o dano que ás veces as persoas causamos coas nosas accións e a necesidade de que, entre todxs coidemos o planeta; a profe MARÍA MARTÍNEZtróuxonos o conto de “LA BALLENA LLENA”, no que unha balea enfermaba por mor do lixo que contamina os mares.
Despois de que o lésemos na clase e reflexionásemos sobre o que nel acontecía, a profe María compuxo un fermoso poema a partir da historia da “BALLENA LLENA” e propúxonos que lle prestásemos as nosas voces á balea para loitar contra a contaminación.
Tendo en conta que coincidían próximas no tempo as celebracións do DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 de febreiro), o DÍA MUNDIAL DA POESÍA(21 de marzo) e o DÍA MUNDIAL DA AUGA(22 de marzo) a gravación do poema xuntaba as tres efemérides nun ciclo perfecto!!!
Mentres os diferentes grupos ían pasando pola cabina de gravación, o resto lemos e decoramos unha pequena escolma de poemas, en galego e en castelán, extraídos dos libros da exposición de poesía que as profes do Equipo de Biblioteca prepararan para a ocasión.
Aquí vos deixamos o podcast. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!
Tamén vos deixamos un vídeo coas fotos do proceso de gravación coas PROFES MARÍA E LINA.
MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!!
FOI UNHA EXPERIENCIA MOI EMOCIONANTE!!
TEMOS QUE REPETIR!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS
AGORA PREME NESTA DE COR ROSA FUXIA PARA ESCOITAR A GRAVACIÓN DA RADIO.
XORNADA DE MULTIXOGOS NO COLE DE ALDÁN
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 29/03/2024 - 22:44MULTIXOGOS NO CEIP DA ESPIÑEIRA DE ALDÁN!
O luns. 11 de marzo, a primeira hora da mañá, saímos do cole rumbo a Aldán para gozar dunha divertida xornada de xogos con alumnxs de 1º e 2º dos coles de Espiñeira e de Montemogos.
As profes de Educación física dos tres centros organizaran unha especie de circuíto de xogos do máis variado no pavillón de Espiñeira.
Ata alí chegamos en dous autobuses que compartimos cxs compañeirxs de 2º do noso cole e mais xs de Montemogos.
Na entrada do cole recibíronnos cunha pancarta de “BENVIDA”!! Foi unha sorpresa moi agradable!!
Estábanos agardando no soportal do patio cuberto agrupados nos equipos cos habiamos participar; cada un dos cales estaba formado por nenxs de 1º e 2º dos tres centros.
Subimos ao pavillón, pousamos as mochilas e os abrigos e comezamos a actividade!!
Cada 15 minutos, a profes tocaban o chifre e cambiabamos de xogo.
A iso das 11.30, fixemos unha paradiña de media hora para ir ao baño, merendar e explorar o patio; que, por certo, É GRANDÍSIMO e ten un campo de herba, un estanque, un pequeniño bosque... Un lugar extraordinario para vivir mil aventuras!!! Ah, ademais, atopamos un mural chulísimo que pintou a prima de Alba; así que, aproveitamos a facer algunha foto alí para conservala como recordo!!
Logo, retornamos ao pavillón e continuamos coa xincana ata as 13.00. A esa hora, recollemos as nosas pertenzas, saímos ao patio a “enredar” un pouquiño máis e a iso da unha e media, subimos de novo ao autobús para regresar a Bueu.
FOI UN DÍA ESTUPENDO!! PASÁMOLO XENIAL!!
MOITAS GRAZAS AS PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA DOS TRES COLES E, MOI EN ESPECIAL,
Á NOSA QUERIDA PROFE GORETTI!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS
COÑECEMOS O PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 29/03/2024 - 22:35VISÍTANNOS SUSO E ANA, GUÍAS DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
A mañá do xoves, 15 de febreiro, recibimos a visita de Ana e de Suso, guías do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Viñéronnos explicar que é este parque, cales son as illas que o forman(Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada) e onde se sitúan (na boca das nosas Rías).
Tamén nos presentaron a Martiño, o corvo mariño que vive nos seus cantís.
Ademais, grazas á historia de Martiño aprendemos unha chea de curiosidades sobre a Illa de Ons, coma algúns dos seus lugares máis emblemáticos (por exemplo, o Burato do Inferno); os diferentes hábitats que alí podemos atopar e os animais, as árbores e as plantas que na illa teñen o seu fogar.
proxectaron imaxes, varios vídeos, organizáronnos dous xogos e contáronnos un conto!!
Pasámolo xenial!! Máis non se pode pedir!! Encantounos!!
Moitas grazas, Ana e Suso!!
Agardamos a vosa visita o ano que vén!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS
ENTROIDO TOLO DE TEMPO LOUCO!!
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 29/03/2024 - 22:29ENTROIDO TOLO DE TEMPO LOUCO!!!
O venres, 9 de febreiro, puxemos o peche a un Entroido tolo coma tempo atmosférico!!!
Unha semaniña enteira de “MANDADIÑOS” que nos indicaban a pinta coa que habiamos ir ao cole ao día seguinte: con algo na cabeza, cun zapato de cada clase, en pixama... UNHA RISOTADA!!!!
Despois de varias xornadas de sol a rachar e temperaturas de máis de 20 graos (sabémolo porque nos tocou facer o traballo das METEOESCOLAS nesas datas) o venres, UNHA BORRASCA DESAS CON NOME PROPIO quixo chafarnos o día!!
Estaba previsto que viñesen xs compis e as profes do cole de Infantil para organizar un SUPERDESFILE OLÍMPICO DE ENTROIDO non noso patio e, por mor do temporal, tivemos que refuxiarnoas no ximnasio!!
Aínda así, a chuvia e o vento non puideron coas nosas ganas de festa!! Desfilamos todas as clases de Primaria ataviadas como autéticxs deportistas da elite olímpica mundial!!! Desfilamos equipos de HÍPICA, DE NATACIÓN, DE RUGBI, DE TAEKWONDO, DE SNOWBOARD... QUE SEI EU...!!!
Ademais, tivemos a sorte de gozar coa música e a compañía da comparsa OS MULOS, que nos cantaron algunhas das súas coplas máis famosas como “FALEMOS GALEGO”. Tamén compartimos “SON DE BUEU”, da comparsa VOU NUN BOU. ENCANTOUNOS!!!
LOGO, BAILAMOS, CORREMOS E SALTAMOS A PRACER!! FIXEMOS FESTA RACHADA!!!
Ao rematar, volvemos ás aulas para gozar dunha riquísima merenda a base de larpeiradas de Entroido!!!
FOI UN ENTROIDO TOLO COMA O TEMPO!!!
PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO.
XORNADAS DE NADAL
Enviado por Macu Rodríguez o Ven, 29/03/2024 - 22:21DESPEDIMOS 2023 CUN FESTIVAL DE PANXOLIÑAS E UNHA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL!!
Hai xa unha chea de días que regresamos ao cole despois do Nadal e non podemos contarvos as novas actividades deste segundo trimestre sen dar as grazas as persoas que nos axudaron a pechar o primeiro e a despedir 2023.
Por un lado, á PROFE ELSA, polo EXTRAORDINARIO FESTIVAL DE PANXOLIÑAS, que organizou, montou e dirixiu con todo o alumnado do cole!!!!,
Por outro, e UNHA DIVERTIDA XORNADA DE OBRADOIROS DE NADAL na que traballaron e colaboraron profes, e familias!!!
Desde as 9 e media ata a hora da merenda foi un non parar!!
· Obradoiro de Plasti , no que, coa axuda das mamás de catro compañeirxs de 1º e de 2º, fixemos figuriñas para colocar nunha Piasaxe de Nadal que preparamos no recibidor e que quedou chulísima!!!
· Obradoiro de CHRITSMAS coa PROFE MARINA, na aula de inglés cun xogo por equipos para ver quen sabía máis vocabulario de Nadal!!
· Unha divertidísima xincana que nos organizou PROFE GORETTI no ximnasio!!!
· Obradoiro artísitico en Lingua de Signos con GELI e mais ROSA LOURO, as PROFES de AL e de Lingua de Signos! Con elas deseñamos iconas de deportes olímpicos e signamos mensaxes de Paz, tolerancia e vida saudable coas que despois, montaron un mural impresionante na parede das escaleiras que conducen ás nosas aulas.
Despois de tanto “traballar”, nada mellor que unha riquísima merenda para compartir larpeiradas de Nadal cxs compis da clase!! Rematamos xogando, bailando e cantando no patio dxs maiores!!!!
FORON DÚAS MAÑÁS FANTABULOSAS!!
ENCANTOUNOS!!
MOITAS GRAZAS A TODXS POLO VOSO ESFORZO!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
Enviado por Macu Rodríguez o Lun, 27/11/2023 - 22:25NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
Hai unha canción de PACO NOGUEIRASque nos di “EN GALEGO TODO O PODO FACER!”, e celebramos que EN GALEGO TAMÉN PODEMOS FACER CIENCIA!!! POR SUPOSTO!!!
A semana pasada visitamos a SALA DAS CIENCIAS do noso BIBLIOCASTELO. QUEDAMOS ABRAIADXS!!! Descubrimos toda clase de trebellos do máis interesantes relacionados co espazo, o corpo humano, as matemáticas.... mesmo un impresora 3D!!!
As profes leváronnos alí para desenvolver dous experimentos diferentes:
Primeiro, comprobamos como era posible lograr que un ovo flotase.
Para iso empregamos os seguintes materiais:
· 2 ovos
· 6 culleradas de sal
· Auga da billa
· 2 vasos
· 1 culler
O experimento consistiu en comparar dúas situacións case iguais:
Botamos auga da billa en dous vasos. Logo, nun deles, engadimos seis culleradas de sal. A continuación, introducimos un ovo en cada vaso e agardamos uns minutos observando con moita atención.
Pasado ese tempo, puidemos constatar que o ovo que meteramos na auga salgada subira á superficie; mentres que o outro, ficara pousado no fondo do vaso. Parecía maxia, pero era ciencia!!!
Entón, as profes explicáronnos que ao engadirlle o sal á auga, aumentaba a súa densidade (volvíase máis “espesa”) e facía que o ovo flotase. Que interesante!!!!
Por u outra banda, convertemos un ovo nunha bóla que saltaba!!!
Tivemos que ter un pouco de paciencia; pois, para ver o resultado do noso experimento tivemos que agardar varios días.
O que fixemos foi meter un ovo nun vaso con vinagre.
Os materiais que empregamos foron:
· 1 vaso
· 1 ovo
· Vinagre
Case de inmediato, puidemos ver como empezaban a aparecer burbulliñas que nos indicaban que algo estaba a suceder na casca do ovo!
Despois de varios días de espera, descubrimos que se volvera branda e parecía que o interior do ovo se inchara. A verdade é que daba un pouco de noxo.
Ao sacar o ovo do vaso, comprobamos que parecía unha pelota saltarina!!!!
ENCANTOUNOS!!!
QUE VIVAN A CIENCIA E NOSA LINGUA!!!
PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS!!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »