CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA GRAVANDO UN POEMA NA RADIO

DÍA DA POESÍA NA VOZ DA PEDRA

O luns , 18 de marzo, tivemos oportunidade de vivir unha experiencia nova, participar na gravación dun podcast na radio do cole, A VOZ DA PEDRA!!!

Como nas clases de Coñecemento do Medio estiveramos traballando a diferenza entre as paisaxes naturais e as humanizadas, o dano que ás veces as persoas causamos coas nosas accións e a necesidade de que, entre todxs coidemos o planeta; a profe MARÍA MARTÍNEZtróuxonos o conto de “LA BALLENA LLENA”, no que unha balea enfermaba por mor do lixo que contamina os mares.

Despois de que o lésemos na clase e reflexionásemos sobre o que nel acontecía, a profe María compuxo un fermoso poema a partir da historia da “BALLENA LLENA” e propúxonos que lle prestásemos as nosas voces á balea para loitar contra a contaminación.

Tendo en conta que coincidían próximas no tempo as celebracións do DÍA MUNDIAL DA RADIO (13 de febreiro), o DÍA MUNDIAL DA POESÍA(21 de marzo) e o DÍA MUNDIAL DA AUGA(22 de marzo) a gravación do poema xuntaba as tres efemérides nun ciclo perfecto!!!

Mentres os diferentes grupos ían pasando pola cabina de gravación, o resto lemos e decoramos unha pequena escolma de poemas, en galego e en castelán, extraídos dos libros da exposición de poesía que as profes do Equipo de Biblioteca prepararan para a ocasión.

Aquí vos deixamos o podcast. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

Tamén vos deixamos un vídeo coas fotos do proceso de gravación coas PROFES MARÍA E LINA.

MOITAS GRAZAS ÁS DÚAS!!

FOI UNHA EXPERIENCIA MOI EMOCIONANTE!!

TEMOS QUE REPETIR!!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS

AGORA PREME NESTA DE COR ROSA FUXIA PARA ESCOITAR A GRAVACIÓN DA RADIO.