Blogues

SAMAÍN

O pasado 30 de outubro celebramos o Samaín facendo os obradoiros que xa son tradición na nosa escola.

O alumnado foi rotando polas distintas actividades, que neste caso foron:

- Trick or Treat: no cal aprendemos moito vocabulario sobre Halloween a través de distintos xogos.

- Manualidade de Samaín: onde fixemos unha bonita coroa de caveiras e flores, inspirada no Día dos Mortos de México.

- Move o esquelete!: aquí tocounos facer algo de exercicio mediante algunhas dinámicas relacionadas con personaxes de terror.

- Contacontos de Samaín: realizado polo alumnado de 5º na biblioteca do centro.

A continuación podedes ver o vídeo coas fotografías deste divertido día.

 

METEOGALICIA E DIPLOMA EXCELENCIA

O mércores 15 de novembro, dúas mestras da escola, foron a Santiago de Compostela ás xornadas de Meteoescolas. Alí ademais de recibir formación, foron obsequiadas co DIPLOMA DE EXCELENCIA polo proxecto do ano anterior e un agasallo: un termómetro de terra que finalmente instalouse nas hortas do colexio de Infantil para que os máis pequenos da escola teñan a posibilidade de medir a temperatura.

Moitas grazas a todo o Equipo de Meteogalicia polo recoñecemento e o agasallo!

MAGOSTO 23-25

MAGOSTO

Un ano máis co San Martiño trompos ao camiño e co Magosto castañas asadas e xogos populares que nolos trae, unha vez máis, a Asociación Corredoiras. Ás 12 xa estabamos todxs preparadxs e algo nerviosxs por descubrir os xogos que nos traían para esta nova xornada. Houbo de todo un pouco: corda, rá, buxainas, cachiza, zancos, chave, pelouros, carozos... Cando rematamos, Ramón xa nos tiña as castañas asadas e listas para papar. Logo entre todxs recollemos o lixo e como aínda sobraran algunhas castañas, levamos para casa un puñado para degustar en familia. Grazas a Corredoiras polo seu tempo e por amosarnos eses xogos de onte e de hoxe que tanto nos DIVIRTEN.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Xogade

 BALONMÁN CO XOGADE

Esta vez tocoulles aos nenxs de 3º de Primaria participar no programa XOGADE. Así durante catro semanas seguidas todos os luns, grazas a este programa, tivemos a visita de Miguel Pousada, xogador do Clube Balonmán Cangas. Traballamos o pase, o bote, o tiro e para rematar estas catro sesións un partido, que xa tiñamos ganas de por en práctica todo o aprendido. Grazas Miguel volta cando queiras para ensinarnos algo máis sobre o teu deporte, O BALONMÁN.

 

CARREIRA PEDESTRE SAN MARTIÑO

CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO

Esta fin de semana celébrase a XXVII Carreira Pedestre de San Martiño. Será o sábado 9 de novembro a partires das 17:00 h nos redores do Centro Social do Mar de Bueu. Na ligazón seguinte podedes realizar a inscripción que será gratuita para a rapazada.

https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2882/xxvii-carreira-pedestre-de-san-martino-bueu-2024

 

DÍGOCHO EU NO SAMAÍN!!!

Como sabedes, o pasado mércores 30 de novembro celebramos o Samaín na nosa escola. 

Unha das actividades que levamos a cabo foi o obradoiro do DÍGOCHO EU, no que o alumnado de primeiro ciclo signou palabras relacionadas co Samaín e co outono, grazas á axuda de Rosa, a intérprete do centro. 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o fixeron!!!

 

SAMAÍN

O pasado mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole. Disfrutamos cos diferentes obradoiros propostos por ciclos.

Este ano, realizamos unha coroa no obradoiro de Suso, despois fomos espectadores de dous contos nos que actuaba a rapazada de 6º. Que medo! Veu a Santa Compaña! 

Daisy propúxonos o obradoiro de TRICK OR TREAT no que poñíamos á proba a nosa atención. E no último, José Ángel fíxonos MOVER O ESQUELETE!

Para finalizar a mañá, merendola, música e FESTAAAA!!

QUE BEN O PASAMOS!

 
 
 
 
 
 

SAMAÍN 2024

A última semana de outubro dedicámola a aprender moitas cousas sobre o Samaín realizando actividades plásticas, participando na exposición terrorífica de cabazas, colaborando no mural cooperativo cun monicreque-monifate de meiga arrepiante e memorizando unha copla simpática para espantar os medos e malos augurios. Como colofón, celebramos uns obradoiros alusivos con actividades variadas: contacontos de medo escenificados, construción e decoración  dunha cabaza e un “DÍGOCHO EU”  de vocabulario de Samaín-outono en lingua de signos.

No seguinte vídeo podedes ver algunha cousiña.

 

Nesta entrada queremos acordarnos de todos os nenos e nenas e de todas as persoas das comunidades que sufriron e faleceron na DANA. Amosámosvos todo o noso agarimo.

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES

O 24 de outubro é data maís sinalada no  cole. O noso polbiño Papirus está de aniversario e temos que celebralo por todo o alto.

O alumnado de terceiro xa levabamos uns diíñas ensaiando as obras que lle queriamos representar ás nosas afilladas e afillados lectores. 

Chegado o día fomos buscalxs ás aulas de infantil "QUE RECORDOS" ! Eran os nenos e nenas das profes Toñi e Teru, que foron as nosa mestras, e ás que lles temos un cariño inmenso.

 

Todxs xuntiñxs, collidxs da man fomos ao Bibliocastelo. Os pelouriños e os furabolos sentáronse esperando que comezara o teatro.

 E nós, emocionadxs, empezamos as nosas obras!

A CASA DA MOSCA CHOSCA

 

 

 

O COELLIÑO BRANCO

 

Os pelouriños e os furabolos agradeceron a nosa representación e agasalláronnos cunhas tarxetiñas e uns mini Papirus preciosos. 

Logo fomos ver o vídeo de presentación do proxecto deste ano que fixeron o alumnado de sexto:

QUE SUBA O PANO!

Finalmente cantámoslle os parabéns a Papirus!

Foi un día moi especial, deses que nos encantaría repetir!

Distribuir contido