Blogues

REINICIANDO AS METEOESCOLAS NO CURSO 24/25

Retomamos as Meteoescolas neste curso 2024/25 e como ao alumnado xa está moi afeito a observar o ceo, o 18 de setembro chegaron ao cole estranados por ter un ceo tan escuro sen haber nubes. Rapidamente foron preguntar ás mestras e descubriron que ese fenómeno era o fume do incendios de Portugal, que cubriron o ceo de Galicia e daba a sensación de estar vivindo un eclipse de Sol.

O grupo de 5ºA decidiu realizar unhas fotos onde se ve saír o Sol tras a montaña fronte á nosa escola e posteriormente posaron eles para lembrar ese día extraordinario.

Moito ánimo a Portugal e, non esquezades que se coidamos os nosos bosques, evitaremos o cambio climático!!!

REUNIÓN INICIO DE CURSO

Podedes ver a presentación da reunión de familias a continuación:

 

INICIO DE CURSO 2024-25

BENVIDOS E BENVIDAS AO CENTRO DE PRIMARIA.

Hoxe, as titoras de primeiro e o profesorado especialista tiveron o primeiro contacto coas familias do alumnado que entra por primeira vez no centro de primaria de A pedra. Como se comunicou na reunión queda nesta entrada do BLOG a presentación coa información compartida na xuntanza para que sexa mais doado lembrala.

 

BENVIDA CURSO 2024-25

  BENVIDA 2024-25   

 

 Benvidos-as a un novo  ano académico determinado pola Lei educativa LOMLOE. Este curso subirase o pano no noso colexio, para presentarnos un novo Proxecto de Centro relacionado co teatro:

Que suba o pano na Pedra”

 Con este proxecto pretendemos investigar, descubrir, experimentar, crear, xogar e representar distintas situacións de aprendizaxe. E como cada ano intentaremos seguir aprendendo a aprender dun xeito máis creativo e dinámico.

 E sen máis comenzamos un novo curso coas pilas cargadas e cheos-as de enerxía, desexando que sexa para todos-as un curso repleto de ovacións.

 Na parte de abaixo, no arquivo adxunto deixamos información sobre a área de E. Física e normas de funcionamento xeral relativas ás nosas clases.

Os-as mestres-as de Educación Física.

AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS 4º

 

Ao longo do segundo e terceiro trimestre, nas clases de Educación Física, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria traballaron “As Olimpíadas”.

 

  

Durante as clases practicaron diferentes deportes olímpicos:

- Balonmán (deporte de equipo), dentro do programa “Xogade” da Xunta, no pavillón Pablo Herbello. Ao final disfrutaron dunha xornada de convivencia de balonmán coa rapazada do CEIP Montemogos de Beluso e CPR Virxe Milagrosa de Bueu no pavillón da Raña en Marín. 

- Bádminton (deporte individual), no pavillón de Bueu.

- Atletismo (deporte rei das olimpíadas) baixo o lema olímpico “Citius, Altius, Fortius”(máis rápido, máis alto, máis forte), levando a cabo distintas probas atléticas: velocidade, resistencia, triplo salto salto de altura, marcha, remudas, valados, salto de lonxitude, lanzamento de peso, disco, martelo e vortex (xavelina).

 

Remataron coa celebración das “Olimpíadas de Papirus de 4º" durante dúas xornadas:

  

- Cerimonia de apertura:

 

- Probas:

  

 

 

 

  

 

 

 

OLIMPÍADAS DE PAPIRUS 1ºB

 

Durante o terceiro trimestre, nas clases de Educación Física, os nenos e nenas de 1ºB levaron a cabo, baixo o lema olímpico “ Citius, Altius, Fortius” (máis rápido, máis alto, máis forte), distintas probas das Olimpíadas de Papirusvelocidade, resistencia, salto de altura e de lonxitude, salto á corda, carreiras de remudas, salto á comba, lanzamento de peso, vórtex...

 

 

 

 

 

Rematamos as Olimpíadas de Papirus cunha saída ao campo da Estacada, onde fixemos lanzamentos de xavelina.

 

 

Despois baixamos á praia da Banda do Río, onde realizamos diversos xogos na area: á pita circular, á partida, tiro á corda, carreiras de remudas, ao bordon e búsqueda do tesouro.

 

 

 

Voltamos ao cole cheos de ledicia e emoción!!!

 

 

Concurso Illas Atlánticas

Este curso traballamos moito, pero de todos os proxectos que fixemos hai un do que nos sentimos especialmente orgullosxs: o noso proxecto sobre o Parque Nacional das Illas Atlánticas. 

Todo comezou alá polo 1º Trimestre, cando viñeron Suso e Bea, das Illas Atlánticas, a falarnos do parque nacional e dos seus ecosistemas. Logo, no segundo trimestre, aproveitando o traballo que xa levamos anos facendo na caseta meteorolóxica (do Proxecta Meteoescolas) introducímonos a estudar os climas. Isto permitiunos enlazar cos ecosistemas, centrándonos nos ecosistemas do PN das Illas Atlánticas. Podedes ver algunha foto a continuación dos traballos grupais e das presentacións que fixemos. 

Decidimos presentarnos a un concurso que organizaba o PN das Illas Atlánticas, e creamos un Xogo de mesa: custounos chegar a un consenso e decidir como queriamos que fose o xogo, pero unha vez feito isto xa nos puxemos mans á obra: elaboramos un PASAAILLA. Ao estilo dun pasabalabra, co Plotter de corte e manualmente, elaboramos os taboleiros. Logo investigamos na biblioteca do centro, nos libros que trouxeron as profes e en interntet sobre os catro arquipélagos: Ons, Cíes, Cortegada e Sálvora. Despois, con toda a información que tiñamos, preparamos as tarxetas con preguntas para poder xogar. 

E, sabedes que? Gañamos o concurso e o premio foi unha viaxe ás Illas Cíes! Que ben o pasamos!

Estamos tan motivados con esta experiencia, que o curso que vén estamos desexando volver participar!

OS FURABOLOS E O TEMPO

Os Furabolos da Pedra, alumnado de 5º de infantil non podía ser menos e tamén traballou co tempo. Representaron o mapa do tempo de Galicia e recitaron refráns tradicionais.

Premede na imaxe para ver o ben que o fixeron!

OS LARETAS E O TEMPO

Na aula dos e das Laretas, alumnado de 6º de infantil, cada día hai un protagonista que pinta un rectángulo da columna correspondente, segundo o tempo que faga ese día: sol, chuvia, nubes...

A fin de mes, contamos cantos hai en cada columna para ver o tempo que predominou ao longo do mes e o representamos cun número e material manipulativo.

 

OS TRASNOS E O TEMPO

Os trasnos, alumnado de 4º infantil, cada día rexistramos no calendario o tempo atmosférico. Ao finalizar cada mes creamos o nome do mes con letras móbiles e a gráfica do tempo cos number blocks.

Distribuir contido