blogue deMarta Valbuena
METEOGALICIA E DIPLOMA EXCELENCIA
Enviado por Marta Valbuena o Dom, 17/11/2024 - 01:00O mércores 15 de novembro, dúas mestras da escola, foron a Santiago de Compostela ás xornadas de Meteoescolas. Alí ademais de recibir formación, foron obsequiadas co DIPLOMA DE EXCELENCIA polo proxecto do ano anterior e un agasallo: un termómetro de terra que finalmente instalouse nas hortas do colexio de Infantil para que os máis pequenos da escola teñan a posibilidade de medir a temperatura.
Moitas grazas a todo o Equipo de Meteogalicia polo recoñecemento e o agasallo!
SAÍDA AO FIC BUEU
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 19/09/2024 - 20:42Hoxe foi a nosa primeira saída da escola de primaria. Todos estabamos un pouco nerviosos por ir ao Centro Social para ver as curtas seleccionadas para nós polo FICBUEU.
As 5 curtametraxes que vimos gustáronnos moito e algunhas veces rimos a escachar! Xa na clase fixemos unha votación para ver cal foi a nosa favorita... e tivemos un empate entre O CARRUSEL e BALANZARSE ATA A LÚA.
Ademais, colaboramos coas nosas flores para decorar un xardín vertical chulísimo.
Pasámolo xenial!!!
OS FURABOLOS E O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 25/06/2024 - 13:43OS LARETAS E O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 25/06/2024 - 13:37Na aula dos e das Laretas, alumnado de 6º de infantil, cada día hai un protagonista que pinta un rectángulo da columna correspondente, segundo o tempo que faga ese día: sol, chuvia, nubes...
A fin de mes, contamos cantos hai en cada columna para ver o tempo que predominou ao longo do mes e o representamos cun número e material manipulativo.
OS TRASNOS E O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 25/06/2024 - 13:25Os trasnos, alumnado de 4º infantil, cada día rexistramos no calendario o tempo atmosférico. Ao finalizar cada mes creamos o nome do mes con letras móbiles e a gráfica do tempo cos number blocks.
OS PELOUROS E O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 25/06/2024 - 13:05Ao longo de varios meses do curso, o alumnado de 5º infantil do grupo PELOUROS, observaron e mediron o tempo, que despois rexistraban ao rematar cada mes cun reconto matemático representado de diferente xeito.
Podedes entrar en cada un dos meses para ver o seu traballo.
OUTUBRO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/11/meteoescolas-o-tempo-en-outubro.html
XANEIRO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/02/tempo-en-xaneiro.html
FEBREIRO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/03/tempo-en-febreiro.html
MARZO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/04/tempo-en-marzo.html
ABRIL
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/05/tempo-en-abril.html
MAIO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/06/tempo-en-maio-estivo-ben-repartido.html
Moi ben, Pelouros! Fixéstelo xenial!!!
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 20/06/2024 - 23:29Despois dun curso moi completo, precisamos unhas boas vacacións nas que aprendamos dun xeito diferente ao da escola.
Deixámosvos aquí as recomendacións das mestras de 2º... E non vos esquezades de ver os Xogos Olímpicos de París!!!
A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 20/06/2024 - 13:59Neste curso, o alumnado de 2º tiña unha sesión cada 15 días na aula de tecnoloxías da escola. Alí aprenderon a facer proxectos de robótica, gravaron cousiñas na radio e incluso experimentaron coa ciencia.
No terceiro trimestre, dentro do proxecto de ciencias sobre as abellas, elaboraron unha curtametraxe baseada nun conto da biblioteca: A abelliña que perdeu as ás.
Para iso, gravaron os audios na radio, debuxaron os personaxes, crearon os decorados e despois, cunha paciencia infinita comezaron a gravación coa técnica stop-motion, que consiste en facer moitas fotos movendo moi pouquiño a escea ata conseguir que pareza que se move.
Foi unha aprendizaxe moi interesante e aquí podedes comprobar os resultados. Premede na foto para ver a película!!!
AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 20/06/2024 - 12:16Ao longo deste curso, todo o alumnado de primaria aprendeu cousas sobre os Xogos Olímpicos:
-Lemos o conto "Mi primer libro sobre los Juegos Olímpicos"
- Fixemos un mural coa conta atrás para a inauguración das Olimpíadas...
- Investigamos en mapas os lugares máis representativos por onde pasaba o facho olímpico...
- Coñecemos as mascotas desta edición e dalgunhas das anteriores...
- Investigamos os clubes deportivos de Bueu...
Todo o que aprendemos durante este curso, quedou reflectido na actuación final do 19 de xuño no salón de actos do IES Johan Carballeira, onde demostramos que somos uns expertos e expertas olímpicos.
DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 23/03/2024 - 01:00Coincidindo co DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL, o alumnado de 2º investigou dúas lendas sobre a formación do ARCO DA VELLA, ese fenómeno tan misterioso pero que tanto ilusiona a pequenos e grandes!
Despois de investigar a orixe divina e a orixe popular, aprenderon as cores que o compoñen e crearon así a súa portada das fichas do 2º trimestre.
Ademais, representamos un teatro sobre as cores do ARCO DA VELLA, descubrindo que non hai unha mellor que outra, senon que todas unidas e grazas á chuvia fan un equipo único. Para representalo, o alumnado veu vestido para á ocasión cunha camiseta da súa cor, de tal xeito que entre todos formaban un alegre arco da vella!