Blogues
OS PELOUROS E O TEMPO
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 25/06/2024 - 12:05Ao longo de varios meses do curso, o alumnado de 5º infantil do grupo PELOUROS, observaron e mediron o tempo, que despois rexistraban ao rematar cada mes cun reconto matemático representado de diferente xeito.
Podedes entrar en cada un dos meses para ver o seu traballo.
OUTUBRO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/11/meteoescolas-o-tempo-en-outubro.html
XANEIRO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/02/tempo-en-xaneiro.html
FEBREIRO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/03/tempo-en-febreiro.html
MARZO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/04/tempo-en-marzo.html
ABRIL
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/05/tempo-en-abril.html
MAIO
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2024/06/tempo-en-maio-estivo-ben-repartido.html
Moi ben, Pelouros! Fixéstelo xenial!!!
MINIOLIMPÍADAS NA PRAIA
Enviado por Goretti Cordeiro o Lun, 24/06/2024 - 08:52MINIOLIMPÍADAS NA PRAIA
Estes días aproveitando o bo tempo e para rematar este curso, baixamos ata a praia da Banda do Río para celebrar as nosas particulares Miniolimpíadas de Papirus.
Os días previos confeccionamos o facho olímpico, que nos ía acompañar no noso camiño, e as bandeiras, que nos axudaron a organizarnos por equipos mesturando idades e cursos (os aros olímpicos, de cor branca; a candea olímpica, de cor amarela; o caldeiro olímpico, de cor vermella, e as mascotas, Les Phryges, de cor azul). Tamén preparamos coroas de oliveira para os participantes pola súa colaboración, esforzo e ilusión.
Finalizados todos estes preparativos, xa só nos quedaba achegarnos ata a praia para gozar das distintas probas que tiñamos que realizar: lanzamentos de vortex ou xavelina, salto de lonxitude, remudas con entrega de testemuño e dobres con raquetas. Unha vez que todxs pasamos polas catro probas, demos por clausuradas as nosas Miniolimpíadas coa entrega das coroas de oliveira.
Para rematar, fixemos unha recollida selectiva de todo aquilo que atopamos pola praia e que non forma parte da natureza como plásticos, papeis, cartóns, botes, cristais, latas... para poder seguir gozando deste espazo o maior tempo posible.
Esperamos que desfrutarades da convivencia porque ese era o noso obxectivo, aprender convivindo deixando de lado a competitividade que moitas veces nos desborda. Grazas aos titores pola súa colaboración e a Lina e a Suso pola súa paciencia. E con isto damos por rematado un ano olímpico.
BO VERÁN!
Meteoescolas
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 21/06/2024 - 15:30O alumnado de 3º, coma cada ano, participamos na recollida de datos meteorolóxicos en dúas semanas do curso escolar.
Fomos ao inicio da xornada á caseta meteorolóxica no patio da escola para recoller a chuvia do pluviómetro e medir a cantidade que había, ademais das temperaturas máximas e mínimas.
Tamén realizamos un recopilatorio de refráns do tempo.
Encántanos convertirnos en meteorólogos e meteorólogas por uns días!
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 20/06/2024 - 22:29Despois dun curso moi completo, precisamos unhas boas vacacións nas que aprendamos dun xeito diferente ao da escola.
Deixámosvos aquí as recomendacións das mestras de 2º... E non vos esquezades de ver os Xogos Olímpicos de París!!!
A ABELLIÑA QUE PERDEU AS ÁS
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 20/06/2024 - 12:59Neste curso, o alumnado de 2º tiña unha sesión cada 15 días na aula de tecnoloxías da escola. Alí aprenderon a facer proxectos de robótica, gravaron cousiñas na radio e incluso experimentaron coa ciencia.
No terceiro trimestre, dentro do proxecto de ciencias sobre as abellas, elaboraron unha curtametraxe baseada nun conto da biblioteca: A abelliña que perdeu as ás.
Para iso, gravaron os audios na radio, debuxaron os personaxes, crearon os decorados e despois, cunha paciencia infinita comezaron a gravación coa técnica stop-motion, que consiste en facer moitas fotos movendo moi pouquiño a escea ata conseguir que pareza que se move.
Foi unha aprendizaxe moi interesante e aquí podedes comprobar os resultados. Premede na foto para ver a película!!!
AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 20/06/2024 - 11:16Ao longo deste curso, todo o alumnado de primaria aprendeu cousas sobre os Xogos Olímpicos:
-Lemos o conto "Mi primer libro sobre los Juegos Olímpicos"
- Fixemos un mural coa conta atrás para a inauguración das Olimpíadas...
- Investigamos en mapas os lugares máis representativos por onde pasaba o facho olímpico...
- Coñecemos as mascotas desta edición e dalgunhas das anteriores...
- Investigamos os clubes deportivos de Bueu...
Todo o que aprendemos durante este curso, quedou reflectido na actuación final do 19 de xuño no salón de actos do IES Johan Carballeira, onde demostramos que somos uns expertos e expertas olímpicos.
DÍA DA LINGUA DE SIGNOS 2024
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 20/06/2024 - 09:07O 13 de xuño celébrase o Día Internacional da Lingua de Signos. Con tal motivo a nosa intérprete Rosa gravou este vídeo co alumnado co centro. Grazas tamén á mestra de música Elsa, por deixarnos empregar a súa canción PRESENTIMENTO.
O tempo en Bueu!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Lun, 17/06/2024 - 23:54Todos sabemos que a chuvia é auga que cae das nubes en forma de pingas, mais o que non todos sabemos, é que na nosa lingua temos 100 palabras para designar a choiva.
Isto vai depender de se falamos de chuvia feble (barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca...), chuvia forte (chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra...) ou de termos relacionados coa chuvia que representan momentos; como sucede cando remata de chover (amizar, delampar, escambrar, escampar,...).
Sóache "chove a cairos"? É cando se produce un chuvasco intermitente e adóitase utilizar moito no Morrazo!
Nestas fotos podedes observar ao alumnado de 6º recollendo os datos da caseta meteorolóxica e anotándoos para pasalos despois ao mural de Meteoescolas do Bibliocastelo.
Tercero trimestre
Enviado por Susana Simoes o Sáb, 08/06/2024 - 14:37No terceiro trimestre seguimos cos Contacontos na biblio, traballos no laboratorio, proxectos de Ciencias, gravacións en radio, saídas pola contorna, facer Tatoos para o Art for change, xogar en Ghallufadas...
Unha das cousas que máis nos gustos foi continuar a recibir visitas dos familiares! Grazas pai de Alberto, pai de Paula, irmán de Carmela, avó de Carmen, pai de Dani...
E nas excursións... que pasada a visita a Cíes co premio que gañamos!
CONTACONTOS
Enviado por Susi Fernandez o Mér, 05/06/2024 - 09:01Onte o avó de Aldán e o seu mono viñeron a visitarnos para un contacontos. Relataron historias que lle pasaron á súa antepasada : Natalia a mataogros, que tamén foi a mata tiburóns. Relatos incribles de tempos pasados.
Mil gracias pola visita, foi un placer recibilo e escoitalo!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »