VISITAMOS O MUSEO MASSÓ

VISITAMOS O MUSEO MASSÓ 

O mércores, 20 de marzo, baixamos andando desde o cole para visitar o Museo Massó onde participamos nun obradoiro relacionado coa contaminación dos mares e os océanos.

Casualmente, encaixaba moi ben cos temas que traballaramos nas clases de Coñecemento do Medio e coas actividades que estiveramos desenvolvendo días atrás no noso Bibliocastelo.

Entre outras, a gravación dun podcast na VOZ DA PEDRA dun poema que compuxo a profe María Martínez a partir da historia da “BALLENA LLENA”, un conto no que unha balea enfermaba por mor do lixo que contamina os mares.

Este obradoiro do Museo Massó serviunos para descubrir datos tan sorprendentes como preocupantes sobre a imperiosa necesidade poñer en práctica OS 3 R para preservar a vida no noso planeta!! (xa veredes nas fotos que fixemos... ides quedar abraiadxs...!!!!!)

·      REDUCIR O CONSUMO ( sobre todo de produtos envasados)

       ·      REUTILIZAR o máximo posible aqueles produtos que compramos ou prestárllelos a outras persoas antes de desfacernos deles.

       ·      RECICLAR e /ou facer unha recollida selectiva do lixo e depositalo nos colectores axeitados para que eses produtos poidan ser reciclados.

 Ademais, amosáronnos na SALA NOBRE algúns dos tesouros do museo: mapas, instrumentos de navegación e armas antiquísimas, maquetas de barcos...

 Tamén nos ensinaron obxectos relacionados co labor que desenvolvían na fábrica de conservas na que traballaban moitas persoas da nosa vila, sobre todo mulleres.

 

MOITÍSIMAS GRAZAS!!! ENCANTOUNOS A VISITA!!!

 

Xa de regreso, paramos a merendar e a xogar (todo o que nos permitiu a chuvia) no PARQUE DA TIROLINA.

 

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS