OS CONTOS DE ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN!!

OS CONTOS DE ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN!!!

Neste maio tolo, a nosa escola é un rebulir constante de actividades para celebrar o MES DAS LETRAS GALEGAS.

Onte, tivemos a fortuna de pasar un anaco delicioso da man de ANXO GONZÁLEZ GUERRA, O AVÓ DE ALDÁN, compañeiro de 3º A.

 Contounos a historia de NATALIA MATAOGROS, un rapaza da  súa aldea de Lugo que era lista coma un allo!! Tanto, que coa súa sagacidade logrou superar cantas probas lle puxera un ogro terrible que tiña atemorizada a toda a veciñanza. Mesmo, disque venceu un tiburón que andaba a enredar na Ría de Pontevedra!!

 Que sorte poder gozar da maxia desas historias antigas que se contaban a carón dunha lareira!! Estabamos engaioladxs coas intrigantes aventuras de Natalia!! Podiamos quedar toda a mañá!! Encantounos!! Foi un pracer!!

Moitísimas grazas, Anxo, de corazón!!

E moitas grazas tamén a ti, Aldán, por compartires connosco un anaquiño do teu avó!!