XORNADA DE MULTIXOGOS NO COLE DE ALDÁN

MULTIXOGOS NO CEIP DA ESPIÑEIRA DE ALDÁN!

O luns. 11 de marzo, a primeira hora da mañá, saímos do cole rumbo a Aldán para gozar dunha divertida xornada de xogos con alumnxs de 1º e 2º dos coles de Espiñeira e de Montemogos.

As profes de Educación física dos tres centros organizaran unha especie de circuíto de xogos do máis variado no pavillón de Espiñeira.

Ata alí chegamos en dous autobuses que compartimos cxs compañeirxs de 2º do noso cole e mais xs de Montemogos.

Na entrada do cole recibíronnos cunha pancarta de “BENVIDA”!! Foi unha sorpresa moi agradable!!

Estábanos agardando no soportal do patio cuberto agrupados nos equipos cos habiamos participar; cada un dos cales estaba formado por nenxs de 1º e 2º dos tres centros.

Subimos ao pavillón, pousamos as mochilas e os abrigos e comezamos a actividade!!

Cada 15 minutos, a profes tocaban o chifre e cambiabamos de xogo.

A iso das 11.30, fixemos unha paradiña de media hora para ir ao baño, merendar e explorar o patio; que, por certo, É GRANDÍSIMO e ten un campo de herba, un estanque, un pequeniño bosque... Un lugar extraordinario para vivir mil aventuras!!! Ah, ademais, atopamos un mural chulísimo que pintou a prima de Alba; así que, aproveitamos a facer algunha foto  alí para conservala como recordo!!

Logo, retornamos ao pavillón e continuamos coa xincana ata as 13.00. A esa hora, recollemos as nosas pertenzas, saímos ao patio a “enredar” un pouquiño máis e a iso da unha e media, subimos de novo ao autobús para regresar a Bueu.

FOI UN DÍA ESTUPENDO!! PASÁMOLO XENIAL!!

MOITAS GRAZAS AS PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA DOS TRES COLES E, MOI EN ESPECIAL,

Á NOSA QUERIDA PROFE GORETTI!!

PREMEDE NA IMAXE PARA VER AS FOTOS