ALIMÉNTATE BEN
FAI CLIC AO TEU BOCATA
Enviado por Marta Valbuena o Mér, 30/11/2022 - 20:25O pasado día 22, tivemos na escola un obradoiro chamado FAI CLIC AO TEU BOCATA. Alí aprendemos cousas relacionadas cos animais mariños, diferenciamos peixes de mariscos e observamos como poden medrar algúns destes animais ou como debemos pescalos. Finalmente descubrimos que podemos tomar bocadillos saudables grazas ás conservas de peixes e mariscos, e comprobámolo cun apetitoso bocata de sardiñas, leituga e queixo.... Delicioso!!!
FAI CLIC AO TEU BOCATA
Enviado por Anónimo o Ven, 25/11/2022 - 22:09O pasado día 22 de novembro, tivemos na escola un obradoiro chamado “FAI CLIC AO TEU BOCATA”.
Este obradoiro forma parte dun programa creado pola Consellería do Mar e ten un dobre obxectivo: facilitar o coñecemento e consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nen@s da nosa Comunidade e incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.
Aprendemos moitas cousas relacionadas cos animais mariños e descubrimos que podemos tomar bocatas saudables grazas ás conservas de peixes e mariscos. E a mellor forma de comprobalo foi degustando un apetitoso bocadillo de sardiñas, leituga e queixo.
RIQUÍÍÍÍÍÍÍSIMO!!!
POÑENDO A HORTA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 08/05/2022 - 20:20Hai uns días a avoa dun alumno regalounos plantíos de xudías, cabazas e cabaciños e grazas a súa iniciativaPUXEMOS A HORTA na escola. Primeiro preparamos o terreo coa axuda de Martín e Ramón, despois fixemos os regos e transplantamos as verduras e, por último, regamos no pé planta por planta.
A horta quedou bonita, agora toca coidala e esperar a que medren as cousiñas.
PREMEDE NA IMAXE PARA VER FOTOS DA ACTIVIDADE.
SEMENTAMOS OS DE TERCEIRO
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 06/05/2022 - 15:29Hoxe, o alumnado de terceiro sementamos leitugas, tomates e pipas para o proxecto das plantas que estamos a traballar neste trimestre. Tamén puxemos aguacates en auga para que lles crezan as raices e despois plantalos no patio.
Estreamos o carriño con rodas e botámoslle turba, as sementes e compost da composteira do cole. Despois regamos todo e... a esperar a ver se crece todo!!
O proxecto das plantas está a dar moito xogo e aprendemos unha morea de cousas, pasándoo ben!
SAÍDA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA AREEIRO 2022
Enviado por Ana Cabaleiro o Mér, 04/05/2022 - 15:55
Co gallo do noso proxecto sobre AS PLANTAS, organizamos unha saída moi completa para ver e tocar o que estamos a estudar!
Comenzamos no Pazo de Lourizán, camiñamos unha horiña polos seus bonitos xardíns e contemplamos as súas árbores de gran tamaño, así como tamén a gran variedade de plantas.
Tras un pequeno descanso e merendar, continuamos a noso roteiro, seguinte parada, a estación fitopatolóxica de Areeiro. Alí estaba Silvia a nosa guía. Con ela pasamos o resto da mañá... cantas curiosidades aprendemos! Que hai máis de 150 variedades de camelias, que se fai té con elas, vimos plantacións de kiwis, aguacates...
Mirade neste vídeo o ben que o pasamos, todo o que sexa saír da aula é máis divertido!
REVITALÍZATE!!
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 25/04/2022 - 16:39Esta mañá indagamos sobre a vida no composteiro! Pero... quen vive aí?
A compostaxe é unha cuestión de conciencia, de fomentar hábitos nos nosos rapaces para que adquiran unha conciencia medio-ambiental e iso dende moi pequenos.
Armados dun pincel, dunha lupa e de microscopios rebuscamos no compost na procura de bichiños escondidos. Algúns eran suficientemente grandes para observalos a simple vista, pero necesitamos o microscopio para ver outros, moi pequeniños e fráxiles. Había que aguzar moito a vista e estar moi atentos a calquera movemento!
Atopamos unha morea de animaliños traballando cada quen á súa maneira para producir o abono tan necesario para as plantas.
Pasámolo pipa no noso rol de científicos!
Botádelle un ollo aos seguintes vídeos:
BATIDO DE AMORODO
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Dom, 17/04/2022 - 12:28Os trasniños de 5º de infantil estiveron degustando un delicioso batido de amorodos que fixeron eles mesmos.
Preme na imaxe para seguir todo o proceso de elaboración e degustación.
AS HORTAS ESCOLARES VAN MEDRANDO
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Dom, 17/04/2022 - 12:11O alumnado de 4º de infantil coida a súa horta con moito agarimo e xa empezan a ter as primeiras colleitas. Preme na imaxe.
Fixádevos ben como medran as hortalizas dos nenos/as de 6º de infantil. Premede na imaxe para velo.
Para que medren ben temos que regalas con moito coidado.
OS LARETAS FAN QUEIXO
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Dom, 17/04/2022 - 12:00Os nenos/as de 4º de infantil seguen traballando no seu proxecto sobre a granxa. Nesta ocasión elaboraron un riquísimo queixo fresco que todos/as probaron.
CHARLA SOBRE HIXIENE BUCAL
Enviado por Amalia Omil o Ven, 18/03/2022 - 23:29O alumnado de cuarto seguimos medrando en coñecementos sobre a saúde.
Esta semana recibimos na nosa clase a Cris, que recentemente, no día da Muller Traballadora, contounos na entrevista radiofónica que era hixienista bucal.
A nosa querida mestra de prácticas falounos de que eran as placas dentais, o sarro, as caries, a xenxivite ou a periodoncite. Explicounos como podemos previr estas enfermidades, ou como tratalas se xa as temos.
Estivemos todxs moi atentxs e fixémoslle infinidade de preguntas.
Canto aprendemos destas exalumnas! Dende logo debemos celebrar este 50 aniversario! Porque destas aulas saíron persoas tan boas e competentes como a nosa admirada Cris!
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »