ALIMÉNTATE BEN
A SEMENTEIRA DAS LEITUGAS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Xov, 15/04/2021 - 22:29O martes día 13 de abril na escola todo o alumnado de 1º de primaria sementou leitugas coa axuda e explicacións de Ramón o conserxe. Agora toca regalas un pouquiño e esperar a que agromen para trasplantalas despois a macetas individuais e coidar cada un da súa. Contando que todas vaian para diante, alá polo mes de xuño poderanse probar as leitugas da horta da Pedra. Premede na imaxe para ver o vídeo da faena da sementeira.
RECEITAS 4º
Enviado por Ana Cabaleiro o Lun, 12/04/2021 - 21:14No 2º trimestre estivemos traballando na aula os textos instructivos e fixemos varias receitas, que mellor maneira de afianzar o aprendido na aula que practicando como facelas no comedor.
Cada equipo pensou que receita podían elaborar, entre todos decidiron que cociñar, organizaron os ingredentes que tiñan que traer e nos fixeron unha verdadeira clase de MASTERCHEF.
Dá gusto velos traballar, mirade que ben o fixeron e o ben que o pasamos.
PARABÉNS ARTISTAS!!
CUPCAKES
BATIDO DE AMORODOS
MAGDALENAS CON PEPITAS DE CHOCOLATE
PIZZA
GALLETAS
SALCHICHAS MOMIA
PROXECTO DE ALIMENTACIÓN TERCEIRO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 30/01/2021 - 22:35O alumnado de terceiro levou a cabo un interesante proxecto sobre a alimentación. Constuíron pirámides e rodas de alimentos para ter boa conta do que é unha dieta saudable, recoñecer o que temos que comer en maior ou menor cantidade e o que é máis importante,por que debemos alimentarnos axeitadamente.
Ademais cada neno ou nena individualmente investigaron e se fixeron expertos e expertas en diferentes aspectos:
Pirámide de alimentos
Roda de alimentos
Alimentos de orixe animal
Alimentos de orixe vexetal
Alimentos construtores
Alimentos reguladores
Alimentos enerxéticos
Substancias nutritivas.
Vitaminas e minerais
Proteínas
Graxas
Hidratos de Carbono
Sistemas de conservación de alimentos
Etiquetado de alimentos
Alimentos frescos
Alimentos conservados.
Dieta atlántica galega
Dieta mediterránea
Dieta latinoamericana
Dieta anglosaxoa
Dieta okinawa
Dieta china
Dieta nórdica
Dieta francesa
Nestas presentacións dixitais tedes boa mostra de todo o que descubriron:
3ºA
FROITA NA ESCOLA
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Mér, 27/01/2021 - 19:01Ao fio do programa “ALIMÉNTATE BEN” enmarcado dentro do Plan Proxecta e convocado polas Consellerías do Mar, do Medio Rural, de Sanidade e do Consello regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, foinos concedida a subministración de froitas frescas para todo o alumnado
Informamos ás familias que dende o luns 1 de xaneiro e ata o venres 12 de febreiro, repartiranse e consumiranse nas aulas durante o recreo as froitas frescas que se detallan no seguinte cadro:
DÍA |
FROITA |
DÍA |
FROITA |
1 |
MAZÁ |
8 |
KIWI |
2 |
MELÓN |
9 |
CLEMENTINA |
3 |
PIÑA |
10 |
PLATANO |
4 |
LARANXA |
11 |
MAZÁ |
5 |
PERA |
12 |
MELÓN |
Nun principio respectarase esta distribución pero, se fose preciso por motivos de organización, podería facerse algún cambio na orde da froita e/ou no tempo de consumo.
No caso de que o seu fillo/a teña algún tipo de intolerancia ou alerxia prégase llo comuniquen á titora.
Dadas as circunstancias actuais tomaranse as medidas precisas para garantir a seguridade de todos/as.
OBRADOIRO DE COCIÑA CREATIVA EN 4º
Enviado por Ainhoa Suarez o Mar, 22/12/2020 - 11:50Hoxe, o alumnado de 4ºA desfrutou creando estes deliciosos platos, que despois degustaron como merenda.