ALIMÉNTATE BEN
CHARLA DA EXALUMNA TERE MILLÁN SOBRE A ABORDAXE DAS ENFERMIDADES
Enviado por Amalia Omil o Dom, 06/03/2022 - 20:30A volta das minivacacións de Entroido supuxo para nós a sorpresa de recibir a grata visita de Tere, exalumna deste colexio. Sabendo que estabamos empezando un proxecto sobre A SAÚDE veunos falar de diferentes enfermidades e de como as podemos previr ou de como se deben tratar.
Entendimos a importancia que o descubrimento das vacinas tiveron para erradicar diferentes epidemias.
Tamén unha boa alimentación, unha hixiene axeitada e a práctica de exercicio físico é imprescindible para unha vida saudable.
Asemade falounos sobre os antibióticos. Ao igual que as vacinas, estes medicamentos, supuxeron un gran avance na medicina. Quixo chamar a nosa atención cando nos contou que hai que tomalos seguindo as ordes da nosa doutora ou doutor, as horas xustas e non deixalos de tomar aínda que xa non teñamos síntomas d enfermidade. Contounos que só serven para as infeccións provocadas por bacterias. Hoxe en día existe o perigo de que o noso corpo se faga resistente aos antibióticos por abusar do seu uso.
Fixémoslle moitas preguntas:
Ao final, tamén a interrogamos sobre a súa estadía como alumna deste centro.
Foi moi agradable recibir esta visita, nestes días previos a conmemoración do día da muller traballadora. GRAZAS TERE!
OS LARETAS FAN MANTEIGA
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 03/03/2022 - 18:05O alumnado de 4º de infantil, os LARETAS, están traballando neste trimestre nun proxecto moi interesante sobre a granxa. Entre as moitas actividades que levaron a cabo, aprenderon a facer MANTEIGA. Para iso seguiron unha receita e empregaron un batedor de man. Se queredes ver o resultado, premede nesta imaxe.
A VOLTAS COA COMPOSTAXE
Enviado por Anónimo o Ven, 21/01/2022 - 11:57Para ampliar os nosos coñecementos e empregar dun modo máis eficaz o noso composteiro, contamos coa colaboración de Antón, técnico do Plan Revitaliza, da Deputación de Pontevedra.
Tivemos dúas sesións moi interesantes: unha para concienciarnos máis da necesidade de reducir, reciclar, reutilizar e compostar; e outra máis práctica na que observamos os “intrusos” que podemos atopar na compostaxe.
A PROFE CRIS DÁNOS UNHA CLASE DE CIENCIAS SOBRE SAÚDE BUCODENTAL
Enviado por Macu Rodríguez o Mar, 14/12/2021 - 00:00Hoxe tivemos unha clase de ciencias moi especial!!!
A profe Cris, que ademais de mestra é Técnica Superior en Saúde Bucodental, explicounos unha chea de cousas sobre qué debemos facer para coidar ben a nosa boca como:
· CEPILLAR OS DENTES, POLO MENOS, TRES VECES AO DÍA (sobre todo, A MÁIS IMPORTANTE DE TODAS, POLA NOITE, antes de deitarnos; para evitar que as bacterias actúen mentres durmimos....!).
· DEIXAR PASAR ENTRE 15 E 30 MINUTOS DESDE QUE ACABAMOS DE COMER ATA QUE LAVAMOS OS DENTES; para que a saliva e a lingua vaian eliminando os restos de comida que nos queden na boca.
· NON USAR O MESMO CEPILLO DE DENTES (o mesmo cabezal, no caso dos eléctricos) DURANTE MÁIS DE 3 MESES!!!
EVITAR TOMAR COMIDAS E BEBIDAS CON AZUCRE, que provocan caries.
· ACUDIR Á CLÍNICA DENTAL, polo menos, UNHA VEZ AO ANO, para que nos revisen ben a boca.
Tamén aprendemos unha chea de palabras novas como:
o Placa bacteriana
o Sarro
o Xenxivite
o Halitose
Foi unha clase interesantísima!!!!
Unha extraordinaria forma de celebrar dous acontecementos importantes:
O PAPEL DAS MULLERES E AS NENAS NA CIENCIA e o 50º ANIVERSARIO DA NOSA ESCOLA; xa que Cris, igual ca nós, foi alumna do noso cole.
MOITAS GRAZAS, PROFE CRIS!!!
NECESITAMOS REFERENTES COMA TI!
QUERÉMOSTE!!!
HORTOS ESCOLARES
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Lun, 29/11/2021 - 18:42Grazas a aportación da ANPA A PEDRA, o noso alumnado de infantil xa ten instalados os seus hortos no patio da escola e agora están preparando a terra para cultivar.
Toda unha experiencia que nos contan nos seus blogs de aula:
ALIMENTÁMONOS BEN POLO MAGOSTO!
Enviado por Marta Valbuena o Dom, 14/11/2021 - 20:03Durante esta semana o alumnado de 2º realizou múltiples actividades relacionadas coa alimentación, a principal delas foi o MAGOSTO que puido celebrarse con xogos tradicionais no patio da escola acompañados de moi bo tempo. Ademais participaron en dous obradoiros:
- Fai clic ao teu bocata.
- Ti si que es un bo peixe!
Neles aprenderon moito sobre peixes, as propiedades que nos aportan e incluso sobre artes de pesca.
Se premedes na imaxe, poderedes ver un vídeo con todas estas actividades. Aliméntate ben!
VISITA AO MERCADO
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Xov, 21/10/2021 - 16:41A semana pasada o alumnado de 6º de infantil visitou o mercado de abastos de Bueu e aprenderon moito sobre alimentación.
Neste enlace pódese ver todo o que descubriron e os alimentos que degustaron:
LEITUGAS! LISTAS PARA PAPAR!
Enviado por Amalia Omil o Dom, 27/06/2021 - 21:27Primeiro sementamos, despois transplantamos e agora .... preparadas para comer!
TRANSPLANTAMOS AS LEITUGAS
Enviado por Amalia Omil o Mér, 26/05/2021 - 17:57Este mércores, 26 de maio, o alumnado de terceiro, transplantamos por fin as leitugas que xa sementaramos a finais de marzo.
Estabamos moi ilusionadxs coas nosas macetas, que previamente decoramos. A terra empregada está composta por un terzo da recollida nos arredores do cole, outro terzo polo compost que facemos no noso composteiro e outra terceira por terra vexetal, doada polo Julian, pai de Iker, alumno de 3ºA. GRAZAS
Queremos darlle as grazas a Ramón, que unha vez máis, ensinounos como facelo, amosando unha paciencia infinita.
No seguinte vídeo poderedes ver as ensinanzas do noso conxerse e unha galería de fotos.
FROITA NA ESCOLA - 2ª QUENDA
Enviado por Luisa Vidal Fraguas o Ven, 14/05/2021 - 08:32Ao fio do programa “ALIMÉNTATE BEN” enmarcado dentro do Plan Proxecta e convocado polas Consellerías do Mar, do Medio Rural, de Sanidade e do Consello regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, foinos concedida a subministración da segunda quenda de froitas frescas para todo o alumnado
Informamos ás familias que dende o mércores 19 de maio e ata o martes 1 de xuño, repartiranse e consumiranse nas aulas durante o recreo as froitas frescas que se detallan no seguinte cadro:
DÍA |
FROITA |
DÍA |
FROITA |
mér 19 |
ARÁNDANOS |
mér 26 |
FRESA |
xov 20 |
FRESA |
xov 27 |
NECTARINA |
ven 21 |
NECTARINA |
ven 28 |
PERA |
lun 24 |
MELÓN |
lun 31 |
SANDÍA |
mar 25 |
MAZÁ |
mar 1 |
MAZÁ |
Nun principio respectarase esta distribución pero, se fose preciso por motivos de organización, podería facerse algún cambio na orde da froita e/ou no tempo de consumo.
No caso de que o seu fillo/a teña algún tipo de intolerancia ou alerxia prégase llo comuniquen á titora.
Dadas as circunstancias actuais tomaranse as medidas precisas para garantir a seguridade de todos/as.