FROITA NA ESCOLA - 2ª QUENDA

Ao fio do programa “ALIMÉNTATE BEN” enmarcado dentro do Plan Proxecta e convocado polas Consellerías do Mar, do Medio  Rural, de Sanidade e do Consello regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, foinos concedida a subministración da segunda quenda de froitas frescas para todo o alumnado
Informamos ás familias que dende o mércores 19 de maio e ata o martes 1 de xuño, repartiranse e consumiranse nas aulas durante o recreo as froitas frescas que se detallan no seguinte cadro:

DÍA

FROITA

DÍA

FROITA

mér 19

ARÁNDANOS

mér 26

FRESA

xov 20

FRESA

xov 27

NECTARINA

ven 21

NECTARINA

ven 28

PERA

lun 24

MELÓN

lun 31

SANDÍA

mar 25

MAZÁ

mar 1

MAZÁ

 

Nun principio respectarase esta distribución pero, se fose preciso por motivos de organización, podería facerse algún cambio na orde da froita e/ou no tempo de consumo.
No caso de que o seu fillo/a teña algún tipo de intolerancia ou alerxia prégase llo comuniquen á titora.
Dadas as circunstancias actuais tomaranse as medidas precisas para garantir a seguridade de todos/as.