Blog A Pedra
Multixogos
Enviado por Goretti Cordeiro o Xov, 14/03/2024 - 10:06
MULTIXOGOS
A principios deste ano os coordinadores do programa Xogade convocáronnos para organizar xornadas MULTIXOGOS cos centros da zona. O alumnado da Pedra tocounos reunirnos cos do Ceip de Espiñeira e cos do Ceip de Montemogos. A xornada celebrouse o luns pasado en Aldán e nada máis chegar organizámonos por grupos mixtos de idade e de colexios. Había 8 equipos con nomes elexidos por tódolos centros: Invencibles, Queixos, Golfiñxs, Trasnxs, Gatiñxs, Matapiollos, Cachalotes e Pingüíns. A xornada constaba de tres partes: presentación e primeira quenda de xogos, descanso para merendar, segunda quenda de xogos e remata con despedida. Pasámolo xenial, coñecemos a nenxs doutros centros e compartimos experiencias e mogollón de xogos divertidos . Grazas o Ceip de Espiñeira pola súa acollida. Apuntámolo para o ano que ven podelo REPETIR.
8 DE MARZO: CON A DE ASTRÓNOMAS. VISITA AO MUSEO MASSÓ DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO
Enviado por Amalia Omil o Sáb, 09/03/2024 - 13:00O alumnado cuarto baixamos ao Museo Massó para conmemorar o día da muller.
Asistimos ao obradoiro didáctico "Con A de astrónomas" no que se aborda a achega de diferentes mulleres astrónomas que foran esquecidas.
Dende Hipatia de Alexandría no século IV, Fátima Madrid no século XI ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard, as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Contáronnos do inxustamente que foron tratadas pola Historia, na que son sempre os homes os que levan os méritos de todos os logros.
Construímos un planisferio celeste e agora podemos saber que constelacións se poden ver en cada momento do ano e en cada hora. Encantounos!
Fixemos tamén un recorrido polas salas do museo, que aínda que moitxs xa as coñeciamos, David, o noso guía dounos unha visión feminista do que viamos, recoñecendo a importancia das mulleres na antiga conserveira e sobre todo o trato discriminatorio que sufrían.
GRAZAS GABRIELA, XISELA, GRACIELA E DAVID!
VÍDEO DA VISITA
A de Astrónomas
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 09/03/2024 - 12:26Con motivo da celebración do día Internacional da Muller (8 de marzo), os terceros realizamos unha visita ao Museo Massó onde ofertaban o taller “Con A de astrónomas”, no que se abordou a importancia da achega de diferentes mulleres astrónomas que foron esquecidas. Desde Hipatia de Alexandría no século IV ata o século XIX co grupo de astrónomas do Observatorio de Harvard as cales fixeron grandes descubrimentos que cambiarían o rumbo da astronomía. Construimos o noso propio planetario para levar para casa!
Tamén realizamos a visita ao museo, onde ademáis de contarnos a historia da factoría conserveira e a actividade pesqueira, explicáronnos a importancia e as desigualdades do traballo das mulleres naqueles tempos. Impactounos ver nenas e menos da nosa idade traballando naquel entonces.
TEATRO AFUNDACIÓN E MUSEO
Enviado por Susi Fernandez o Sáb, 09/03/2024 - 11:58O martes 5 de marzo, a rapazada de segundo ciclo fomos a Pontevedra a ver a obra de teatro “Hugo” no teatro de Afundación.
Gañadora do Premio María Casares ao “Mellor espectáculo para o público infantil e familiar no ano 2022”, Hugo conta a historia dun neno que é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día e gústalle falar e as plantas. Aprenden, cunha chea de sensibilidade e empatía, a interactuar e ser amigos. Hugo fala da diversidade, da convivencia e da beleza de ser diferentes.
Tamén realizamos unha visita ao museo de Pontevedra. Os terceiros xogaron a ser detectives da arte: un cadro desaparecera e debían adiviñar quen fora o culpable. En canto aos de cuarto foron ver a parte da prehistoria no museo e ata luciron os torques daquela época!
Unha mañá moi instrutiva e divertida.
RECITANDO A ROSALÍA
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 04/03/2024 - 09:07Para conmemorar o día de Rosalía de Castro, entre outras actividades, o alumnado de 4º foi á radio a gravar dous dos seus poemas. Primeiramente, practicamos a lectura e entoación dos mesmos na aula, para despois recitalos ante xs compis de todo o cole o día da celebración.
Agardamos que vos guste o resultado!!
O tempo en febreiro
Enviado por Marta Valbuena o Ven, 01/03/2024 - 00:00Durante este mes de febreiro, o alumnado de 2º foi o encargado de observar o tempo.
As nosas tarefas foron:
- Revisar a primeira hora da mañá a caseta meteorolóxica para ver as temperaturas máximas e mínimas, o pluviómetro para ver as precipitacións, o barómetro para ver a presión do aire, o higrómetro para ver a humidade ambiental.
- Observar a herba por se hai orballo e comprobar a dirección do vento.
- Ter en conta calquera outro meteoro: néboa, calixe, sarabia, treboada...
A continuación rexistramos todos eses datos no corredor do Bibliocastelo, na sección de Meteoescolas.
Ademais, na aula, realizamos un rexistro das luadas do mes de febreiro, observando a lúa diariamente.
Gustounos moito ser os encargados do tempo e estamos desexando que chegue maio para volver a ser Meteorólogos e Meteorólogas!
Dando nova vida aos residuos
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 26/02/2024 - 22:22Hoxe veu visitarnos Manolo, de PONTE A ZERO, para concienciarnos sobre a importancia das 3 R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Deunos ideas dalgunhas actividades que podemos realizar na nosa casa con material reutilizable como poden ser un teléfono con dous botes de plástico e un fío, decoracións de polispán para o Nadal ou calquera festividade, un amplificador de volume para o móbil…
Despois, realizamos unha manualidade con caixas de galletas e un par de gomas. Unha maneira moi divertida de dar nova vida a eses materiais que se ían a desbotar, iso si, cada un no seu contedor para reciclar.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - ADIÓS RÍOS ADIÓS FONTES EN LSE
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 26/02/2024 - 17:14Co gallo da celebración do Día de Rosalía de Castro, a intérprete do noso centro, Rosa Louro, foi gravando a tódolos grupos do cole mentres signaban este podema tan coñecido: Adiós ríos, adiós fontes. Grazas Rosa!!!
ESTRAGO DE ALIMENTOS
Enviado por Amalia Omil o Ven, 23/02/2024 - 00:00Hoxe recibimos a visita de Marcelo., persoa enviada pola Deputación de Pontevedra dentro do programa PONTE A ZERO.
Seguindo coa nosa preocupación polos temas medioambientais e sociais, Marcelo veunos falar do estrago alimentario.
Esta charla veunos moi ben para facernos conscientes da sorte que temos de vivir nun país rico, pero tamén para lembrar que estragamos moitos alimentos mentres outros lugares non teñen que comer.
Volvemos recordar que o maís importante é Reducir o consumo, despois Reutilizar e por último Reciclar.
Ciclo da auga e depuración!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Xov, 22/02/2024 - 21:54O alumnado de sexto participou no obradoiro "Ciclo da auga e depuración" do programa Ponteazero.
Un pequeno paso de compromiso cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) número 13 "Acción polo clima" e o número 15 "Vida de ecosistemas terrestres".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »