Blog A Pedra
Entroido Olímpico
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 20/02/2024 - 17:15Neste curso, o alumnado celebrou o Entroido participando no Mandadiño toda a semana xunto co resto do alumnado da escola.
O venres 9, celebramos un Entroido Olímpico e, como estaban días chuviosos, fixemos o desfile no ximnasio xunto co alumnado de primaria. Nós convertémonos en NADADORES E NADADORAS, así que puxémonos os traxes de baño, as gafas e os gorros... e a desfilar!!!
Para acompañar a festa, as nosas familias colaboraron con nós cunhas fantásticas maracas decoradas coas bandeiras dos países que participan nas Olimpíadas. Ademais, na aula de tecnoloxías, imprimimos unhas medallas cos aros olímpicos na impresora 3D, que logo coloreamos con rotuladores especiais.
Acompañamos a nosa festa coa canción "Nadando sen parar" de Mamá Cabra, cunha coreografía moi animada e animamos os corredores do colexio entonando as cancións das comparsas de Bueu: "Falemos Galego" e "Son de Bueu".
Finalmente compartimos unha merenda con sobremesas de Entroido que prepararon as nosas familias. Unha medalla de ouro para elas!
Foron uns días verdadeiramente olímpicos!
ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Susi Fernandez o Lun, 19/02/2024 - 18:54
Hoxe viñeron a traernos as Illas Atlánticas ata as nosas aulas de terceiro.
Comenzaron falándonos da súa situación e dos diferentes tipos de flora e de fauna que se poden atopar nas illas. Despois, xogamos a pescar imaxes de animais e situabámolas segundo onde vivían. Ao final, vimos un vídeo con moitas especies autóctonas no seu hábitat natural.
Encantounos a visita, aprendemos moitísimo xogando!
CHARLA: PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRES DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Amalia Omil o Lun, 19/02/2024 - 00:00Esta mañá recibimos a visita de Ana e Framil, para falarnos do PARQUE NACIONAL MARÍTIMO TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS.
Primeiro explicáronnos que condicións tiña que ter un parque nacional:
· Ten que ser un espazo natural.
· Debe ser grande
· As plantas e os animais son propios do lugar.
· Teñen que estar moi ben conservados . Foron elixidos para ser exemplo.
O parque nacional das Illas Atlánticas están formadas polas seguintes illas :
vIllas Cés
vIllas Ons
vIllas de Sálvora
vIlla de Cortegada
Despois faláronos dos distintos hábitats que atopamos neste parque protexido.
ØPraias e dunas
ØMatogueiras
ØCantís
ØBosques
ØFondos de area
ØFondos de rochas e algas.
Rematamos facendo un xogo.
No seguinte vídeo poderedes ver as fotos deste día.
Entroido
Enviado por Susana Simoes o Dom, 11/02/2024 - 10:58Malia o mal tempo, desfrutamos moito preparando o Entroido e na festa que fixemos!
Elaboramos xabón
Enviado por Susana Simoes o Lun, 05/02/2024 - 21:32
Hoxe viñeron de "Ponte a zero" a falarnos da limpeza ecolóxica para o fogar. Explicáronos como ler o etiquetado dos produtos de limpeza domésticos, e das alternativas máis respectuosas co noso medio. Sabiades que o vinagre é un excelente limpador? E que a lavanda é un anticouza formidable?
O máis divertido foi a elaboración do xabón. Dentro dunhas semanas coñeceremos o resultado!
Non hai fronteiras!!
Enviado por Susana Simoes o Lun, 05/02/2024 - 21:02O pasado 30 de xaneiro conmemoramos o Día da paz. Ademais de ler os manifestos de cada clase e cantar todos e todas xuntos, ofi mío emocionante porque coñecemos a Olalla, das Tanxugueiras.
Olalla, garzas por ser tan riquiña con nós!
DÍA DA PAZ
Enviado por Marta Valbuena o Mar, 30/01/2024 - 00:00Hoxe na escola celebramos o DÍA DA PAZ.
O alumnado de 2º colaboramos redactando dúas pequenas estrofas que despois recitamos diante do resto da escola e cuns personaxes para o mural UNIDXS POLO DEPORTE!
2ºA
Co deporte aprendemos a convivir en paz,
a facer amigos e non inimigos
a divertirnos xogando limpo
e a non rexeitar a ninguén.
2ºB
O deporte ensínanos a esforzarnos,
a saber perder e gañar,
a traballar en equipo
e que todos e todas podemos participar.
Ademais, saímos a cantar ao patio as cancións elixidas para este día, en inglés e en galego... e recibimos a sorpresa da visita de Olaia, unha das Tanxugueiras, que veu cantar canda nós para ver se entre todos e todas conseguimos a Paz.
Desexamos que chegue cedo a Paz a todos os rincóns do mundo!
Charla Acoso escolar
Enviado por Susana Simoes o Xov, 25/01/2024 - 19:33Hoxe veu ao noso cole a Guardia Civil, que nos explicou que é o Acoso. Falamos tamén do importante que é o papel dos espectadores para rematar co Bullying.
Curiosidades sobre o UNIVERSO
Enviado por Susi Fernandez o Mér, 24/01/2024 - 22:46Para rematar o proxecto do primeiro trimestre sobre o universo, a rapazada de terceiro buscamos por equipos curiosidades sobre o tema e fomos á radio para gravarnos.
A experiencia foi incrible! Escoitádenos a continuación.
Presentación de traballos!
Enviado por Jose Antonio Malvido o Mar, 16/01/2024 - 00:04Despois da procura, análise e organización da información, chegamos á fase de exposición. Temos uns magníficos presentadores e presentadoras.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »