Blog A Pedra
EXPERIMENTAMOS COAS MEDIDAS
Enviado por Amalia Omil o Xov, 18/04/2024 - 20:15O alumnado de cuarto aproveitamos os recursos que nos ofrece a nosa aula de ciencias para experimentar distintas medidas de capcidade e peso.
XORNADA DE CONVIVENCIA DEPORTIVA
Enviado por Amalia Omil o Mar, 16/04/2024 - 20:43Xornada de balonmán dentro do programa XOGADE no pavillón da Raña en Marín.
O alumnado de cuarto de A Pedra compartimos pista de xogo coa rapazada do mesmo nivel do CEIP Montemogos de Beluso e o CPR Virxe Milagrosa de Bueu.
Todxs nos sentimos campións.
Pasámolo xenial!
XORNADA VOLEIBOL
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 12/04/2024 - 22:39CONVIVENCIA VOLEIBOL
O 12 de abril o alumnado de 5º de primaria tiña unha cita no Ifevi de Vigo para participar nunha xornada de iniciación o Voleibol. A xornada estaba organizada polo Servizo Provincial de Deportes en colaboración coas Agrupacións deportivas da zona, para todos aqueles nenos-as que previamente participaran no programa Xogade en centro.
Por iso ás 9:30 estaba na porta do colexio un autobús para recollernos e aló fomos un tanto nerviosos pero moi ilusionados porque sabíamos que íamos atoparnos con outros nenos-as coma nós do CPR Virxen Milagrosa, do Ceip da Espiñeira, do Ceip de Reibón e do Ceip A Guía. Repartímonos en 6 grupos e fomos emparellándonos con tódolos equipos dos outros centros. Pasou todo moi rápido tiñamos que xogar, rexistrar nun marcado os puntos e anotar nunha acta o resultado final. Ao rematar merendamos e falamos un chisco cos rapeces-as dos outros colexios. Resultou unha xornada de convivencia deportiva moi divertida e saudable. Esperamos poder repetila.
DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 23/03/2024 - 00:00Coincidindo co DÍA METEOROLÓXICO MUNDIAL, o alumnado de 2º investigou dúas lendas sobre a formación do ARCO DA VELLA, ese fenómeno tan misterioso pero que tanto ilusiona a pequenos e grandes!
Despois de investigar a orixe divina e a orixe popular, aprenderon as cores que o compoñen e crearon así a súa portada das fichas do 2º trimestre.
Ademais, representamos un teatro sobre as cores do ARCO DA VELLA, descubrindo que non hai unha mellor que outra, senon que todas unidas e grazas á chuvia fan un equipo único. Para representalo, o alumnado veu vestido para á ocasión cunha camiseta da súa cor, de tal xeito que entre todos formaban un alegre arco da vella!
VISITA DOS PELOUROS
Enviado por Amalia Omil o Ven, 22/03/2024 - 14:00Sabedes quen son OS PELOUROS?
Pois claro! Son o alumnado de 5º de E. Infantil do noso colexio.
Pero o que seguro que non sabiades é que son expertxs en cultura grega!
Pois si, é iso foi o que nos viñeron contar o último día, antes das vacacións de Pascua.
Por mor do proxecto AS OLIMPÍADAS DE PAPIRUS, descubriron que foi na antiga Grecia onde naceron. Logo comezaron a indagar como vivían, como se vestían, que arte realizaban e ata investigaron sobre filosofía grega.
Mantiveron a nosa atención todo o tempo e non podemos máis que darlle os nosos parabéns por este magnífico traballo.
Ao final sacámonos unha foto todxs xuntiñxs.
PROXECTO OS RÍOS
Enviado por Ainhoa Suarez o Ven, 22/03/2024 - 11:00Este trimestre o alumnado de 4º estivo traballando no PROXECTO OS RÍOS.
Como produto final, realizaron unha presentación que recollía a información indagada ao longo destes meses. Unha vez exposta aos seus compañeiros e compañeiras, foron á radio a gravala e así compartila con todo o mundo.
Agardamos que vos guste!!
Aquí vai un pouco do noso segundo trimestre
Enviado por Susana Simoes o Xov, 21/03/2024 - 16:40No segundo Trimestre traballamos moito, pero o mellor foi que desfrutamos aprendendo: contacontos na biblioteca, gravacións na radio, proxectos do Clima e dos Ecosistemas das Illas Atlánticas, intercambios con outros cursos... Aquí vai unha mostra!
https://go.ivoox.com/rf/125653158 Conto: O xigante do pantano.
https://go.ivoox.com/rf/124929732 Conto: Coelliño Branco.
https://go.ivoox.com/rf/124929599 Conto: Sopa verde.
https://go.ivoox.com/rf/124929076 Dani: concerto guitarra
Día da Síndrome de Down
Enviado por Susana Simoes o Xov, 21/03/2024 - 15:50O 21 de marzo conmemórase o Día da Síndrome de Down. Aproveitamos esta data para seguir traballando en prol da inclusión e da igualdade.
A través de dinámicas moi activas e participativas empatizamos coas persoas con esta síndrome que aínda teñen que enfrontarse con barreiras no seu día a día.
Grazas Asociación Down por compartir con nós o voso tempo!
21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN
Enviado por Amalia Omil o Xov, 21/03/2024 - 00:00O 21 de marzo é un día moi especial, porque adoita comezar a primavera e ademais celébrase o día da poesía.
Pero este ano no cole soubemos que o 21 do 3 tamén é o día mundial do síndrome de Down, porque as persoas que nacen con este síndrome teñen 3 cromosomas no par 21 en vez de dous.
Por iso recibimos a visita da asociación Xuntos Down Pontevedra. O obxectivo foi visibilizar, coñecer e recoñecer esta disCAPACIDADE. Porque diso se tratou, de que empatizaramos con capacidades diversas.
Óscar falounos de como era o seu día a día. Os traballos polos que xa pasou, cales son as súas afeccións e soños.
Metémonos na súa pel, tratando de atar cordóns con luvas grosas. Decatámonos de que aínda que nos levaba máis tempo podiamos facelo. Tamén tratamos de comunicar mensaxes utilizando outros medios que non fose a lingua oral.
Foi unha experiencia inesquecible que nos fixo medrar en valores.
ALIMENTACIÓN SAUDABLE
Enviado por Amalia Omil o Mér, 20/03/2024 - 00:00
O alumnado de cuarto estamos levando a cabo un proxecto sobre alimentación.
Este mércores tivemos a sorte de recibir a visita da nutricionista do Centro de Saúde de Bueu.
Falounos da importancia de ter unha dieta saudable na que todos os nutrientes deben ter cabida na medida axeitada.
Contounos a importancia de consumir alimentos saudables, frescos e producidos cerca de onde vivimos.
Alertounos da perigosidade das dietas de adelgazamento e incluso nos falou de anorexia e da bulimia. Díxonos que estes trastornos relacionados coa alimentación xa se están dando na rapazada da nosa idade.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »