Blog A Pedra
MES DA CIENCIA: OBRADOIRO SOBRE A AUGA
Enviado por Amalia Omil o Lun, 13/11/2023 - 22:04O pasado venres, 10 de novembro, o alumnado de segundo e cuarto de primaria tivemos a sorte de asistir a un obradoiro sobre a auga.
Este obradoiro está enmarcado dentro da celebración do mes da ciencia en galego.
O alumnado de cuarto ademais estamos a piques de empezar un proxecto sobre a auga.
Loreto, científica de AUGAS DE GALICIA, explicounos cousas moi interesantes, pero o que máis nos chamou a atención foi que as inundacións son fenómenos naturais e que ademais son beneficiosas para o propio río e para os terreos que están na súa beira.
O problema é que se construíu onde debería haber vexetación e que ademais se desviou o leito de moitos ríos.
Con Loreto fixemos ademais algún experimento e xogos.
Clicade na imaxe para ver imaxes dese día.
OS RÍOS DE GALICIA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Sáb, 11/11/2023 - 20:25Debido a que novembro é o MES DA CIENCIA EN GALEGO, o venres 14 de novembro, o alumnado de 2º e 4º asistiu a unha charla obradoiro sobre os ríos de Galicia, explícaronlle a importancia de deixar libre de construcións as marxes dos ríos polos riscos de inundacións. As chuvias abundantes provocan as crecidas dos ríos e poden estragar todo o que atopan ao seu paso.
Foi moi interesante, os nenos e nenas estiveron moi atentos e participaron con moitas preguntas e outras intervencións. Fixeron tamén un pequeno experimento no que se podía observar o necesarias que son as raíces das árbores para manter suxeita a terra.
Como despedida, agasalláronnos cun imán, unhas tarxetas e un libro dos Bolechas que viven as súas aventuras nun río.
Aquí podedes ver algunha foto e un vídeo se premedes na imaxe.
SAMAÍN
Enviado por Goretti Cordeiro o Ven, 03/11/2023 - 18:32Como estes días tocaba pasar medo rematamos o mes de outubro cunha mañá terrorífica chea de sorpresas e diversión. Comenzamos nada máis chegar ao colexio e por cursos fomos pasando polos distintos obradoiros: Contos para non durmir, Trick or treat, Move o esquelete e Manualidades de Samaín.
Na aula de psicomotricidade estiveron os máis pequenxs acompañadxs polo profe Sergio con xogos tan divertidos e terroríficos como desprazamentos imitanto a seres fantásticos do Samaín, " O vampiriño", " A pantasmiña cega" " As carretillas transportadoras" e rematamos bailando a canción de " Chúmbala Cachúmbala".
E arriba no cole de Primaria, tamén fomos pasando por quendas polo ximnasio onde había un pasadizo un tanto húmido e seres monstruosos que nos fixeron xogar a " Pita zombie", a un clásico do Samaín " O vampiriño" e para volta a calma despois de tanta tensión " O home lobo". E rematamos a mañá bailando todxs xuntxs no patio. Resultou un día terroooooooorificamente divertido.
OBRADOIROS DE SAMAÍN
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 02/11/2023 - 20:24Este curso o Samaín estivo cheo de sorpresas!!!
As familias colaboraron cunhas cabazas moi deportivas. Moitas grazas!!!
O martes 31 de outubro fixemos un día especial: tivemos uns obradoiros terroríficos na escola...
- OBRADOIRO PLURILINGÜE: Coa profe Ami, fixemos xogos en inglés con vocabulario de Halloween. Ademais, cantamos e bailamos a canción SKELETON.
- OBRADOIRO MOVE O ESQUELETO:Aprendemos coa profe Martes a xogar coa canción de Uxía Lambona e a banda molona "É noite de Samaín".
- SESIÓN DE CONTACONTOS DE MEDO: Na biblioteca, o alumnado de 5º e 6º contounos historias de medo.
- OBRADOIRO PLÁSTICO: A cargo da profe Geli, elaboramos uns marcapáxinas monstruosos.
Por último, cantamos e bailamos xuntos no patio dos maiores.
Pasámolo de medo!
APRENDENDO A PROGRAMAR
Enviado por Marta Valbuena o Xov, 02/11/2023 - 20:04No mes de outubro, o alumnado de 2º comezamos a ir de novo a TECNOLOXÍAS.
Mentres un grupo da aula traballa na aula de Informática, o outro grupo fai robótica na aula de Ciencias.
Neste curso, aprenderemos a programar distintas situacións para que as nosas máquinas funcionen. Pouco a pouco iremos engadindo maior dificultade!
SAMAÍN DEPORTIVO...
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 28/10/2023 - 16:24Comezamos coas actividades de Samaín...
A primeira foi participar no mural colaborativo, elaborado por todo o centro de xeito cooperativo, baixo o lema: AS OLIMPÍADAS TERRORÍFICAS DE PAPIRUS.
Nesta ocasión, cada aula preparou un esqueleto practicando un deporte olímpico:
- 2ºA fixo un esqueleto practicando patinaxe artístico.
- 2ºB fixo un esqueleto practicando ciclismo en ruta.
Mirade que bonitos quedaron no mural e non vos perdades as seguintes actividades, prometemos algunha sorpresa!!!
COMEZAMOS UN NOVO CURSO METEOROLÓXICO!
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 28/10/2023 - 16:00O curso 2023/24 xa comezou, e con el retomamos a observación do tempo e a recollida de datos. Durante o mes de setembro tivemos unhas temperaturas máis altas do habitual, que duraron ata a primeira quincena de outubro. A partir desa data comezaron as chuvias intensas, acompañadas de ventos fortes.
O alumnado da nosa escola comezou a recoller os datos no mes de outubro na caseta meteorolóxica e farémolo ata xuño.
Unha incidencia que se produxo durante a segunda quincena de outubro é que un día chegamos e o fermoso cataventos que construiron unhas alumnas o pasado curso e que estaba amarrado á caseta, apareceu dobrado e caído. Esa mesma noite producíronse refachos de vento moi fortes, polo que pensamos que puido ser esa a causa.
Arranxarémolo o máis cedo posible para poder volver a colocalo e así observar a dirección do vento.
Bo curso meteorolóxico a todas e todos!
AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES
Enviado por Blanco Rodrígue... o Xov, 26/10/2023 - 20:36Para celebrar o día das BIBLIOTECAS e o ANIVERSARIO DE PAPIRUS os nenos e nenas de 4º curso amadriñaron e apadriñaron aos máis pequenos de 2º curso, foi unha sesión moi bonita, daba gusto observar a conexión lectora que tiñan pequenos e grandes.
GRAZAS, COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS! Premede na imaxe para ver o vídeo.
Ademais, o alumnado agasallou a Papirus cuns bonitos debuxos que están decorando o corredor do Bibliocastelo.
AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES NO ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Enviado por Amalia Omil o Xov, 26/10/2023 - 18:34Hoxe foi un deses días que seguro que non esqueceremos. Para celebrar o aniversario de Papirus, o alumnado de cuarto amadriñamos e apadriñamos á rapazada de segundo.
Sabedes en que consiste? Pois ben, xs maiores lémoslle un libro axs pequenxs.
Como preparamos esta actividade? Primero soubemos a quen lle iamos ler. Pensamos que tipo de libro lle gustaría e eliximos un da nosa casa ou da biblio da clase ou do cole. Despois adestramos moito e por fin hoxe fomos buscalos ás súas clases.
Xa no Bibliocastelo buscamos un recunchiño cómodo e a gozar coa lectura e a compañía.
Mirade no vídeo que bo ambiente había no Bibliocastelo. Eu creo que este foi o mellor agasallo que lle poidemos facer ao noso polbiño preferido.
Se clicades nas imaxes poderedes ver vídeos que resumen moi ben esta bonita actividade.
MOVENDO O ESQUELETO CON LINGUA DE SIGNOS
Enviado por Amalia Omil o Mar, 24/10/2023 - 17:45O alumnado de cuarto de primaria estamos levando a cabo un proxecto sobre o corpo humano. Unha das actividades máis chulas que fixemos foi a interpretación da canción do Esqueleto de Migallas en lingua de signos.
Mil grazas a Rosa Louro, a nosa intérprete de signos. No seguinte vídeo poderedes ver o chulo que quedou e o requetebén que o pasamos. Clicade na imaxe.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »