AMADRIÑAMENTOS E APADRIÑAMENTOS LECTORES NO ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Hoxe foi un deses días que seguro que non esqueceremos. Para celebrar o aniversario de Papirus, o alumnado de cuarto amadriñamos e apadriñamos á rapazada de segundo.
Sabedes en que consiste? Pois ben, xs maiores lémoslle un libro axs pequenxs.
Como preparamos esta actividade? Primero soubemos a quen lle iamos ler. Pensamos que tipo de libro lle gustaría e eliximos un da nosa casa ou da biblio da clase ou do cole. Despois adestramos moito e por fin hoxe fomos buscalos ás súas clases.
Xa no Bibliocastelo buscamos un recunchiño cómodo e a gozar coa lectura e a compañía.
Mirade no vídeo que bo ambiente había no Bibliocastelo. Eu creo que este foi o mellor agasallo que lle poidemos facer ao noso polbiño preferido.
Se clicades nas imaxes poderedes ver vídeos que resumen moi ben esta bonita actividade.