Blog A Pedra
FORMACIÓN RADIO
Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2023 - 11:23No pasado mes de marzo, o alumnado de 5º de primaria, melloramos a nosa formación sobre radio con dúas charlas moi interesantes: Radio Voz e Formación en Radio Escolar.
ECOPERCUSIÓN
Enviado por Anónimo o Dom, 28/05/2023 - 10:21O pasado martes 28 de febreiro, o alumnado de 5º de primaria gozou dun interesante obradoiro de ECOPERCUSIÓN impartido polo músico Didier Díaz.
Nesta actividade, o alumnado aprendeu a técnica de agarre das baquetas e o seu golpeo, así como a execución colectiva de ritmos divididos en diferentes planos sonoros.
Sen dúbida, foi una mañá diferente e moi divertida!!
ESTREAMOS CASETA METEOROLÓXICA!!!
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 27/05/2023 - 23:00Durante o mes de maio, o alumnado de 1º volveu á caseta meteorolóxica para recoller os datos de primavera. Coincidiu nunha época de bastante calor e tamén de treboadas, polo que puidemos recoller algo de chuvia do Pluviómetro, que sempre nos encanta.
Ademais tivemos a ocasión de estrear a nova CASETA METEOROLÓXICA!
A caseta que tiñamos antes estaba xa moi velliña e mesmo non tiña porta... Por tanto, encargouse unha caseta nova ao módulo de carpintería da Asociación Juan XXIII de Cangas. Elaborárona con moito cariño e quedou moi bonita e forte, lista para aguantar moitos cursos máis!!!
VISITA DE AUTORAS "PÁNICO EN EL COLE"
Enviado por Ana Cabaleiro o Ven, 26/05/2023 - 08:55Onte, 24 de maio tivemos a visita das autoras Ana e Lucía Riveiro Mouzo do libro "Pánico en el Cole".
Un libro moi orixinal e divertido con diferentes aventuras, sendo ti o protagonista, xa que vas decidindo dentro das opcións ata chegar aos distintos finais.
Ana e Lucía contaron como naceu o seu primeiro libro e foron contestando a todas as curiosidades do alumnado.
Para rematar estiveron vendo os traballos realizados na aula sobre o libro e firmaron todos os exemplares.
Moitas grazas pola visita chicas, foi un verdadeiro pracer coñecervos!
CORRELINGUA EN MOAÑA
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 25/05/2023 - 15:53Hoxe, o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria foi a Moaña a celebrar o CORRELINGUA, e reivindicar así o uso da lingua galega.
A xornada consistiu nunha xuntanza da meirande parte das escolas da comarca do Morrazo. Primeiramente, realizamos unha marcha dende a praia da Xunqueira ata o palco da música, onde lucimos os carteis coas palabras galegas que previamente preparamos nas aulas, mentres berrabamos o lema deste ano: NA CASA E NA ESCOLA, BOTA A LINGUA FÓRA!
Cando chegamos, tomamos a merenda mentres os compis dos outros coles se ían colocando na explanada. E por fin chegou o momento máis esperado: o concerto de Brais das Hortas e Peter Punk, que nos cantaron, entre outras moitas, a xa coñecida canción de OSO DO COUREL.
No seguinte vídeo podedes ver as fotografías da excursión.
A CACHIZA
Enviado por Goretti Cordeiro o Mar, 23/05/2023 - 16:13A CACHIZA
Coa chegada do bo tempo e a invitación do CLUBE CORREDOIRAS baixamos ao campo da Estacada o xoves 18, o venres de 19 e o martes 23 de maio para xogar A CACHIZA. Ao chegar estabanos esperando Begoña, Jose, Carolo, Novas e Charri para explicarnos e compartir con nós a súa afección.
Subdividíronnos en grupos para que as roldas foran máis rápido e logo repartiron as CACHIZAS( pau pequeño) e os PALÁNS ( pau grande co que se golpea ao pequeno) e dixéronnos que tiñamos que intentar chegar en 4 golpes ata o varado( paus verticais en forma de portería por onde ten que pasar a cachiza). Puxémonos máns a obra e pouco a pouco cun chisco de puntería e algo de técnica foinos saíndo cada vez mellor.
Os primeiros en baixar foron os de 5º de Primaria, logo os de 4º e deixamos para o venres os de 6º e 3º.
A verdade e que aprendimos algo máis sobre este xogo tradicional que dende o 2020 é considerado un DEPORTE máis. Este realízase nun campo de 50x20m. e o material que emprega son: cachizas de entre 15-25 cm. e paláns de entre 50-60cm. de longo, feitos de distintos tipos de madeira( toxo, sabugueiro...). O obxectivo final é que a cachiza pase polo varado.
Os que o practican din que engancha e a nós serviunos para pasar unha mañá difente probando algo distinto que forma parte da nosa tradición máis antiga. GRAZAS Clube Corredoiras por convidarnos.
LETRAS GALEGAS 2023
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 21/05/2023 - 18:59SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
Durante este mes de maio o alumnado de 1º anda a participar nun concurso de preguntas co gallo de coñecer ao autor homenaxeado polas letras galegas, este ano Francisco Fernández del Riego, e os gañadores terán un agasallo. Ademais, para despertar o amor pola nosa lingua aprenderon o poema GALICIA de Manuel María e gravárono por equipos na radio da escola, foi a súa primeira experiencia cos micros e gustoulles. Quedou así!
Tamén o podedes escoitar no canal de podcast IVOOX do CEIP A PEDRA.
Tamén se pode escoitar e ver as ilustracións que fixeron os nenos e nenas do poema no seguinte vídeo, hai que clicar na imaxe de Manuel María.
SEXTO GAÑAMOS O 1º PREMIO DO PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS
Enviado por Silvia García o Mér, 17/05/2023 - 23:11O luns 8 de maio gozamos do noso premio, unha visita á Illa de Ons, cunha viaxe en barco e unha interesantísisma camiñata guiada de 2 km por parte dos guías do Parque Nacional.
FOI UN DÍA XENIAL!!
REVITALÍZATE!
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 05/05/2023 - 10:34Para a actividade "Experiencias co pH do solo", Marcelo e Senán viñeron a explicarnos á rapazada de 4º a importancia da calidade do solo e do seu pH para os cultivos.
De primeiras, déronnos unha pequena charla sobre os compoñentes do solo e logo fomos á composteira do cole para medir o seu pH.
Alí, atopamos algúns cachos de plástico e Marcelo explicounos a importancia dun bo reciclaxe xa que é un material moi contaminante. Pero tamén constatamos que o compost do cole é moi rico e axústase ao pH 6-7.
Grazas por vir a visitarnos, aprendemos moito!
OBRADOIRO "QUEN VIVE AÍ"?
Enviado por Ainhoa Suarez o Xov, 04/05/2023 - 14:54Como sabedes, este trimestre estamos levando a cabo un proxecto sobre ECOSISTEMAS. Con tal motivo, tivemos un obradoiro relacionado cun dos niveis máis importantes das cadeas tróficas: OS DESCOMPOÑEDORES.
Na primeira sesión nos falaron sobre a reciclaxe, e especialmente sobre a compostaxe, xa que no cole contamos cun composteiro, e alí é onde viven os bichiños e microorganismos que se encargan de descompoñer todo o que atopan.
Xa na segunda sesión do obradoiro, veu a parte máis interesante… Fomos ao composteiro a recoller unha mostra de compost, e a repartimos nas caixas que tiñamos en cada un dos equipos da aula.
A continuación, axudándonos dos pinceis e lupas que nos deron e comezamos a buscar seres vivos. Atopamos moitos bichos bola, ovos de insectos, sementes, vermes… e os observamos a través do microoscopio.
Nas fotos podedes ver o moito que traballamos!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »