Blog A Pedra

SAÍDA DEPURADORA E AULA NATUREZA BELUSO

 

O mércores 25 de xaneiro por fin puidemos realizar a saída á depuradora de Beluso, xa que por mor do tempo non se puido realizar antes.

 Co gallo do proxecto da Auga do primeiro trimestre, estudamos o ciclo urbano da auga e que mellor forma de afianzar eses contidos que visitando a depuradora de Beluso e ver como funciona. 

Grazas a Carolina e David de Aqualia que nos explicaron moi ben o percorrido da auga, dende que chegan os residuos ata que volven ao mar limpos. 

Ao rematar, aproveitamos o día de sol e fixemos un pequeno roteiro ata a Aula de Natureza de Cabo Udra. Alí nos estaba esperando Xosé Leal do concello de Bueu, onde nos explicou moitas curiosidades da contorna de Udra.

Moitas grazas!

Ollade que ben o pasamos!

A RULETA DO UNIVERSO

A semana pasada viñeron visitarnos dúas compañeiras á clase: Mar e Noa. Como sabedes, no primeiro trimestre estivemos traballando o proxecto  O UNIVERSO. Con tal motivo, elas idearon un xogo sobre esta temática, en relación ao PAL “MOITO MÁIS QUE XOGO”, e viñeron amosalo para ver se recordábamos algo ou non.

 

O xogo consistía no seguinte: unha ruleta con distintas preguntas que elas mesmas escribiron en tarxetas de cores. Un representante de cada equipo da aula tiña que ir saíndo para facer unha tirada e responder á pregunta que lle tocara. Se acertaban eles sós gañaban dous puntos para o seu equipo, se o facían con axuda dos compis só un punto, e se ninguén sabía a resposta… quedaban como estaban.

 

Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas novas!!!

PROXECTO A SAÚDE 4ºB

No primeiro trimestre traballamos A SAÚDE, como sempre tras realizar a asamblea na aula, o alumnado de 4ºB decidíu realizar unha presentación dixital sobre unha enfermidade que escolleron en parellas.

Dá gusto escoitalos! Ollade que ben o fixeron.

 

 

 Non só fixeron estas exposicións na aula, tamén fomos á radio a contalo. E aínda se lembraban de todo o aprendido, xa que non teñen nada escrito nas súas presentacións. Craks!

Escoitade que ben o pasaron! 

 

 

 

 

 

POR FIN CHEGOU O NADAL!!

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O día 24 de outubro festexamos, coma todos os anos, o aniversario da mascota da nosa Biblioteca escolar, PAPIRUS. Aproveitamos este día no que se celebra o "día das bibliotecas escolares".

Cada un de nós elaborou un marcapáxinas personalizado co noso nome e coas decoracións que máis nos gustaban.

PROXECTO A AUGA

 

Este trimestre fixemos dous proxectos, e un deles foi sobre A Auga no planeta e a súa importancia no noso día a día. Estudamos como sempre indagando por nós mesmos o que queríamos aprender, fixemos mapas, esquemas, xogos...Por equipos enchemos o noso mural de aula e despois fomos afianzando contidos como sempre a través de xogos. Por último elaboramos un libro de lapelas. 

Temos pendente a saída á depuradora de Beluso que non puido ser este trimestre, a faremos á volta das vacacións. Así veremos como funciona o ciclo urbano da auga, xa que tamén o estudamos na aula.

Ollade como foi o resumo do trimestre neste pequeno vídeo. 

 

 

 

LEMA DE NADAL

Este ano, o lema de Nadal do CEIP A Pedra foi: "O Nadal de A Pedra xoga e medra."

No lema de Nadal participan nenas e nenos de todo o cole e, este ano, o escollido é dunha das nosas compañeiras de 5º. Por isto, queremos felicitar a Emma por un lema tan axeitado e bonito. Noraboa!

XA TEMOS OS PRIMEIR@S GAÑADORES!!!

Despois dun fantástico traballo intelectual, intentando resolver cada semana os complicados RETOS MATEMÁTICOS... por fin chegou o momento de coñecer aos primeir@s gañadores!

Moitísimas grazas a tod@s os participantes e, xa sabedes, a continuar dándolle ao coco!!

aplausos - Buscar con Google | Funny gif, Activities for kids, Mario  characters

NADAL NO CEIP A PEDRA

E por fin chegaron as tan ansiadas vacacións de Nadal, despois de tanto traballar, é hora de descansar e desconectar.

Tivemos unha mañá moi divertida cos obradoiros de Nadal; con Ramón gozamos da maxia, con Geli xogamos ao Tutifruti, con Lina fixemos unha postal de Nadal e con Gore movemos o esquelete nun obradoiro recreativo. Grazass a todxs!

Ollade que ben o pasamos.

4ºB 

 

 4°A

 3º

Aproveitamos tamén para compartir a canción deste ano, CHEGOU O NADAL, en LSE.

 

 

FELICES FESTAS!

PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS

O pasado luns 19 de decembro, tivemos a gran sorte de ter unha interesante charla sobre Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Ao longo da sesión, fixemos un pequeno e fermoso percorrido a través delas, gozando dos seus ecosistemas e dándonos conta do importante que é a súa conservación .

Ademais, tamén puidemos resolver as nosas dúbidas e, como non, divertirnos e aprender a través dun xogo.

Clicade na foto para ver o vídeo.

Distribuir contido