Blog A Pedra

DESCUBRINDO O BALONMÁN

 

O luns día 7 de novembro viunos visitar Diego, un exalumno do colexio, en representación do Club Balonmán Bueu e a través do programa Xogade. A súa proposta era darnos a coñecer un pouco máis este deporte e por iso ofreceuse a organizar un par de sesións para os nenos-as de 4º de Primaria durante catro semanas seguidas. Ensinounos como agarrar e botar correctamente a pelota, os tipos de lanzamentos e pases que hai e algunha que outra regra para movernos axeitadamente pola pista. A verdade é que aprendemos un montón de cousas.

 

 Foi un experiencia moi DIVERTIDA e resultou XENIAL. Grazas Diego volve cando queiras.

O MAGOSTO

 

Un ano máis  cando chega oSan Martiño trompos ó camiño contamos coa visita dalgún dos compoñentes  da asociación Corredoiras e as castañas asadas de Ramón.

 

 

Veñen para  ensinarnos o seu valioso TESOURO,  a recomplilación de xogos populares e tradicionais da nosa cultura e doutras, moitos dos cales xa xogaban os nosos pais-nais, avos-as… noutros tempos.

 

 

 

Algúns destes xogos xa non se constrúen e son moi difíciles de atopar, pero aínda nos seguen  entretendo e divertindo a todos-as.

Grazas Correidoras polo voso tempo e por facernos pasar unha mañá diferente e moi divertida. Esperámosvos  para o vindeiro ano.

 

 

VIVIMOS A PREHISTORIA

Ao principio de curso aproveitamos para facer un repaso da Prehistoria e tivemos a gran sorte de contar con dúas charlas de excepción e unha excursión a Campo Lameiro.

Na primeira charla, Ramón dounos unha explicación sobre “petroglifos”. Tamén nos contou como Martín e máis el reproduciron algúns deles no noso patio do colexio.

 Grazas Ramón por dedicarnos o teu tempo!

 Na segunda charla, contamos con Ángel Vieites Rúa, estudante de Historia pola Universidade de Vigo en Ourense e que foi alumno deste cole, para falarnos dos “estereotipos sobre a muller na Prehistoria”.

 Moitas grazas Ángel, continúa así e moito ánimo!

Para rematar, fixemos unha visita ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro onde aprendemos como rexistrar os petroglifos.


XA CHEGOU O MAGOSTO!!

O mércores 9 de novembro celebramos o magosto no cole.

Coma noutros anos, tivemos a gran sorte  de contar coa ASOCIACIÓN CORREDOIRAS, que nos prestou uns divertidos xogos tradicionais. Pasámolo xenial!!

Despois de moita diversión, chegou a hora de repoñer forzas comendo unha boa presada de castañas! 

Que boas estaban!!

Clicade na imaxe para ver o vídeo deste día tan divertido.

 

 

XOGANDO NO MAGOSTO!

O mércores día 9, celebramos o MAGOSTO na escola e como non podía ser doutro xeito fixémolo xogando. A asociación CORREDOIRAS, prestounos uns xogos tradicionais que nos gustaron moito e fomos rotando por equipos para coñecelos todos. Como premio, comemos as castañas asadas que estaban boísimas. Foi unha xornada estupenda!

 

CHEGOU O MAGOSTO E OS SEUS XOGOS TRADICIONAIS!

O mércores 9 de novembro todo o cole de A Pedra celebrou o magosto. A rapazada trouxo unhas poucas castañas picadas da casa e Ramón as estivo asando no patio.

Pero antes de comelas, a organización Corredoiras preparounos uns xogos tradicionais! Divertímonos moito coa billarda, os bolos miniatura, os trompos e moitos outros xogos máis... 

Despois de hora e media de diversión chegou a hora de papar as castañas! Menuda panzada!

Nos seguintes vídeos poderedes ollar o ben que o pasamos!

 

Vídeo de 3ºA e 3ºB

 

 

 

 

Vídeo de 4ºA e 4ºB

Queremos agradecer ás familias, a Ramón e á organización Corredoiras a súa participación e por suposto a toda a rapazada do centro polo seu entusiasmo.

Ata o vindeiro curso!!

RETO MATEMÁTICO

Hoxe comezamos unha nova actividade para mellorar a nosa Competencia Matemática.

Cada venres, aparecerá na parte dianteira do nosa caixa de correo un novo RETO MATEMÁTICO que debemos intentar solucionar.

ACEPTAS O RETO?? 

Non esquezas que as persoas que consigan solucionalo....

terán un  pequeno agasallo!! 

Aplausos GIF - Conseguir el mejor gif en GIFER

ANÍMATE A PARTICIPAR!!!

O SAMAÍN NA ESCOLA

A última semana de novembro celebramos o Samaín na escola. Realizamos diversas actividades, comezamos elaborando unha sorte para un mural colectivo que colocamos na entrada da escola. Cada nivel inventou unha sorte que os nenos e nenas aprenderon de memoria e, agora, da gusto ver como a empregan nos seus xogos e nos equipos de clase para decidir algo.

          SORTE DE 1ºA

 

    VELLIÑA, VELLIÑA       

CANTOS BURACOS

TEN A CABACIÑA?

EU NON CHE SEI

NON OS CONTEI!

UN, DOUS, TRES

 CATRO, CINCO, SEIS.

              SORTE DE 1ºB

                                    PANTASMA, PANTASMÓN

                                   3 BRUXIÑAS E UN PAPÓN.

                                   O PAPÓN ESTABA TORTO,

                                   AS BRUXIÑAS NO HORTO.

                                   TRIS, TRAS,

                                   CABACIÑA FÓRA ESTÁS!

   

Nas súas casas decoraron cabazas XOGUETONAS porque tiveron como fonte de inspiración o tema deste curso "MOITO MÁIS QUE XOGO"

O venres 28 de novembro como non podía ser doutro xeito, o alumnado de 1º veu moi disfrazado, daban moito medo!!! 

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares que se celebra o 24 de outubro, realizamos co noso alumnado de 1º de primaria diversas dinámicas na biblioteca da escola, coa finalidade de que a coñezan e esperte neles o gusto polos libros e pola lectura. Entre as actividades que desenvolvemos destacan as seguintes:

- Escoitar o conto da nosa mascota Papirus.

- Cantar a canción de Papirus e aprender o retrouso en lingua de signos.

- Felicitar a Papirus coa canción "Parabéns" e escoitar e bailar a canción de Parabéns de Uxía Lambona e a Banda Molona.

- Levar a cabo un xogo de pistas en equipo, para atopar na Biblioteca uns libros en diferentes zonas e andeis,

- Descubrir a sorpresa personalizada que lles escribiu Papirus a cada neno e nena de 1º de primaria.

- Facerlle un debuxo a Papirus para agradecerlle o seu regalo que cada quen leu con moita alegría. Os debuxos colocáronse no corredor do Bibliocastelo.

Aquí quedan algunhas fotos das actividades realizadas.

 

Distribuir contido