Blog A Pedra
XOGANDO NO MAGOSTO!
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 12/11/2022 - 17:30O mércores día 9, celebramos o MAGOSTO na escola e como non podía ser doutro xeito fixémolo xogando. A asociación CORREDOIRAS, prestounos uns xogos tradicionais que nos gustaron moito e fomos rotando por equipos para coñecelos todos. Como premio, comemos as castañas asadas que estaban boísimas. Foi unha xornada estupenda!
CHEGOU O MAGOSTO E OS SEUS XOGOS TRADICIONAIS!
Enviado por Susi Fernandez o Ven, 11/11/2022 - 12:45O mércores 9 de novembro todo o cole de A Pedra celebrou o magosto. A rapazada trouxo unhas poucas castañas picadas da casa e Ramón as estivo asando no patio.
Pero antes de comelas, a organización Corredoiras preparounos uns xogos tradicionais! Divertímonos moito coa billarda, os bolos miniatura, os trompos e moitos outros xogos máis...
Despois de hora e media de diversión chegou a hora de papar as castañas! Menuda panzada!
Nos seguintes vídeos poderedes ollar o ben que o pasamos!
Vídeo de 3ºA e 3ºB
Vídeo de 4ºA e 4ºB
Queremos agradecer ás familias, a Ramón e á organización Corredoiras a súa participación e por suposto a toda a rapazada do centro polo seu entusiasmo.
Ata o vindeiro curso!!
RETO MATEMÁTICO
Enviado por Anónimo o Lun, 07/11/2022 - 21:52Hoxe comezamos unha nova actividade para mellorar a nosa Competencia Matemática.
Cada venres, aparecerá na parte dianteira do nosa caixa de correo un novo RETO MATEMÁTICO que debemos intentar solucionar.
ACEPTAS O RETO??
Non esquezas que as persoas que consigan solucionalo....
terán un pequeno agasallo!!
ANÍMATE A PARTICIPAR!!!
O SAMAÍN NA ESCOLA
Enviado por Blanco Rodrígue... o Dom, 06/11/2022 - 17:24A última semana de novembro celebramos o Samaín na escola. Realizamos diversas actividades, comezamos elaborando unha sorte para un mural colectivo que colocamos na entrada da escola. Cada nivel inventou unha sorte que os nenos e nenas aprenderon de memoria e, agora, da gusto ver como a empregan nos seus xogos e nos equipos de clase para decidir algo.
SORTE DE 1ºA
VELLIÑA, VELLIÑA
CANTOS BURACOS
TEN A CABACIÑA?
EU NON CHE SEI
NON OS CONTEI!
UN, DOUS, TRES
CATRO, CINCO, SEIS.
SORTE DE 1ºB
PANTASMA, PANTASMÓN
3 BRUXIÑAS E UN PAPÓN.
O PAPÓN ESTABA TORTO,
AS BRUXIÑAS NO HORTO.
TRIS, TRAS,
CABACIÑA FÓRA ESTÁS!
Nas súas casas decoraron cabazas XOGUETONAS porque tiveron como fonte de inspiración o tema deste curso "MOITO MÁIS QUE XOGO"
O venres 28 de novembro como non podía ser doutro xeito, o alumnado de 1º veu moi disfrazado, daban moito medo!!!
INAUGURACIÓN DA RECOLLIDA DE DATOS NA CASETA METEREOLÓXICA
Enviado por Silvia García o Ven, 04/11/2022 - 20:33ANIVERSARIO DE PAPIRUS
Enviado por Blanco Rodrígue... o Xov, 03/11/2022 - 21:31Para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares que se celebra o 24 de outubro, realizamos co noso alumnado de 1º de primaria diversas dinámicas na biblioteca da escola, coa finalidade de que a coñezan e esperte neles o gusto polos libros e pola lectura. Entre as actividades que desenvolvemos destacan as seguintes:
- Escoitar o conto da nosa mascota Papirus.
- Cantar a canción de Papirus e aprender o retrouso en lingua de signos.
- Felicitar a Papirus coa canción "Parabéns" e escoitar e bailar a canción de Parabéns de Uxía Lambona e a Banda Molona.
- Levar a cabo un xogo de pistas en equipo, para atopar na Biblioteca uns libros en diferentes zonas e andeis,
- Descubrir a sorpresa personalizada que lles escribiu Papirus a cada neno e nena de 1º de primaria.
- Facerlle un debuxo a Papirus para agradecerlle o seu regalo que cada quen leu con moita alegría. Os debuxos colocáronse no corredor do Bibliocastelo.
Aquí quedan algunhas fotos das actividades realizadas.
FELIZ SAMAÍN!
Enviado por Ainhoa Suarez o Lun, 31/10/2022 - 13:08Esta semana celebramos na escola O SAMAÍN. O luns comezamos a traer as nosas cabazas relacionadas co plan anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO. Ademais, dende as titorías, estivemos traballando sobre SORTES que o alumnado coñecía para saber quen panda cando van xogar a algo. A partir de ahí, por equipos, inventaron a súa propia SORTE DE SAMAÍN.
O venres, comezamos a mañá baixando a ver a gran exposición de tódalas cabazas realizadas polas familias. Parabéns a todxs os que vos animastes, estades feitxs uns artistas! Tamén limos as SORTES DE SAMAÍN creadas por tódolos grupos do cole.
Xa nas aulas, aprendimos sobre a ORIXE DO SAMAÍN a través dunha presentación interactiva de GENIALLY, e dende ARTS confeccionamos unha SPIDERWEB feita de papel.
Nas fotos podedes ver o guapos e guapos que estabamos, agardamos que tremades de MEDO!!!
OSO ATRAPABOLBORETAS NA FINAL DOS PREMIOS OUFF
Enviado por Amalia Omil o Dom, 30/10/2022 - 15:37A curta, OSO ATRAPABOLBORETAS, volveu darnos outra alegría neste comezo de curso. Resulta que foi nominado á final dos premios OUFF de teatro escolar da cidade de Ourense. Así que o pasado xoves dirixímonos á cidade das burgas e presentámonos no auditorio municipal.
Viñemos moi contentxs co noso diploma.
Aproveitamos a ocasión para coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos desta fermosa cidade, como son as fontes de auga quente, coñecidas como As Burgas, a súa catedral, a Ponte Romana ou a a do Milenium. Desfrutamos camiñando pola zona vella e admiramos a grandiosidade do río Miño.
ESTEREOTIPOS NA PREHISTORIA
Enviado por Anónimo o Ven, 28/10/2022 - 12:23Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Ángel, exalumno do noso cole, que estivo con nós para falarnos dos "ESTEREOTIPOS NA PREHISTORIA".
Tod@s aprendemos un montón de cousas que descoñeciamos e fíxonos pensar sobre como eran e como actuaban verdadeiramente as mulleres dos nosos antepasados.
Sen dúbida, foi unha actividade do máis interesante!!
GRAZAS ÁNGEL POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS COÑECEMENTOS!!
24 OUTUBRO – CAZA DO TESOURO POLO ANIVERSARIO DE PAPIRUS!
Enviado por Ainhoa Suarez o Mér, 26/10/2022 - 17:19
O pasado luns celebrouse o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, día no que celebramos tamén O ANIVERSARIO DE PAPIRUS, a mascota do noso cole.
Con tal motivo, e aproveitando o proxecto anual de lectura MOITO MÁIS QUE XOGO, esta semana o alumnado de 3º e 4º levou a cabo unha CAZA DO TESOURO na biblioteca, que deseguido vos explicamos.
Os equipos de traballo distribuíronse polo espazo. Cada equipo tivo que resolver 5 probas: sopas de letras, labirintos, enigmas, 7 erros e agudeza visual. Con cada proba realizada correctamente, gañaban unha palabra, e con todas esas palabras formaban unha pista para atopar unha chave agochada nun dos libros da biblio!
Non foi tarefa fácil, xa que temos moitos libros… Ademais, cada equipo atopou unha chave, pero non todas abrían o ARMARIO SEGREDO.
Cando conseguiron abrilo, atoparon 3 CAIXAS MÁXICAS, que gardaban no interior 3 fantásticos premios. Pero había outro problema… tampouco era nada doado abrir aquelas caixas, e só tiñan un minuto e medio!
Finalmente, foron quen de abrir algunha delas, e obtiveron a súa recompensa: MÁIS TEMPO DE PATIO!!! Nas fotos podedes ver o ben que o pasaron con este xogo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »