blogue deMarina Lorenzo

A MALETA

Este ano tampouco nos resistimos a facer a dinámica da maleta, para falar un pouco de cada un de nós e así poder coñecernos mellor.

Pinchade na imaxe para acceder ao vídeo:

 

ENTROIDO 2023

Este ano, polo Entroido, os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria disfrazámonos de personaxes do Videoxogo "Mario Kart". Cun pouco de imaxinación e cun montón de caixas de cartón fixemos uns Karts rapidísimos e moi chulos para despois pasear ata o cole de Infantil, onde tivemos o festival de entroido con todo o alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe A Pedra.

A continuación deixamos o vídeo que resume este día.


Ata a próxima!

DÍA DA PAZ 2023

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

O día 24 de outubro festexamos, coma todos os anos, o aniversario da mascota da nosa Biblioteca escolar, PAPIRUS. Aproveitamos este día no que se celebra o "día das bibliotecas escolares".

Cada un de nós elaborou un marcapáxinas personalizado co noso nome e coas decoracións que máis nos gustaban.

LEMA DE NADAL

Este ano, o lema de Nadal do CEIP A Pedra foi: "O Nadal de A Pedra xoga e medra."

No lema de Nadal participan nenas e nenos de todo o cole e, este ano, o escollido é dunha das nosas compañeiras de 5º. Por isto, queremos felicitar a Emma por un lema tan axeitado e bonito. Noraboa!

DÍA DAS ESCRITORAS 2022

O luns máis próximo ao 15 de outubro celébrase todos os anos o DÍA DAS ESCRITORAS. As nenas e nenos de 5º de Educación Primaria celebramos este día facendo unha busca do tesouro na Biblioteca do cole.

En grupos de 4 ou 5 recibimos seis pistas que tiñamos que seguir para atopar anacos dun puzzle que estaban escondidos por toda a biblioteca. Unha vez con todas as pezas tiñamos que armar o crebacabezas e descubrir unha imaxe e, con esta imaxe, tiñamos que buscar, na estantería dos libros desta conmemoración, o libro do que estaba sacada.

Os libros eran todos de escritoras e ilustradoras e, con esta búsqueda, puidemos coñecelas un pouco máis.

Aquí vos deixamos un vídeo con fotos da actividade. Clicade na imaxe para acceder ao vídeo.

 Feliz día para todas as escritoras!

SAMAÍN 2022

O último venres de Outubro celebramos no cole o SAMAÍN. Durante os días anteriores xa estiveramos traendo cabazas decoradas coa temática deste curso, o XOGO. Ademais, cada clase creou unha rima terrorífica. Algunhas daban bastante medo...

Para completar esta celebración, puidemos vir disfrazados dos personaxes terroríficos que quixeramos. Foi moi divertido!

 

Distribuir contido