CACHIZA

A CACHIZA

  A CACHIZA

Coa chegada do bo tempo e a invitación do CLUBE CORREDOIRAS  baixamos ao campo da Estacada  o xoves 18, o venres de 19 e o martes 23 de maio para xogar A CACHIZA. Ao chegar estabanos esperando Begoña, Jose, Carolo, Novas e Charri para explicarnos e compartir con nós a súa afección.

 

Subdividíronnos en grupos para que as roldas foran máis rápido e logo repartiron as CACHIZAS( pau pequeño) e os PALÁNS ( pau grande co que se golpea ao pequeno) e dixéronnos que tiñamos que intentar chegar en 4 golpes ata o varado( paus verticais en forma de portería por onde ten que pasar a cachiza). Puxémonos máns a obra e pouco a pouco cun chisco de puntería e algo de técnica foinos saíndo cada vez  mellor.

 

Os primeiros en baixar foron os de 5º de Primaria, logo os de 4º e deixamos para o venres os de 6º e 3º.

 

A verdade e que aprendimos algo máis sobre este xogo tradicional que dende o 2020 é considerado un DEPORTE máis. Este realízase nun campo de 50x20m. e o material que emprega son: cachizas de entre 15-25 cm. e paláns de entre 50-60cm. de longo, feitos de distintos tipos de madeira( toxo, sabugueiro...). O obxectivo final é que a cachiza pase polo varado. 

 

 

 

Os que o practican din que engancha e a nós serviunos para pasar unha mañá difente probando algo distinto que forma parte da nosa tradición máis antiga.                                              GRAZAS Clube Corredoiras por convidarnos.

Distribuir contido