Blog A Pedra
Os Pelouros e a Meteoroloxía
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 01/07/2023 - 14:34Neste curso, os Pelouros de 4º Infantil observaron o tempo cada día. Ao rematar o mes facían un reconto con diversos materiais manipulativos como palliñas, regletas, pauciños...
Nos seguintes enlaces, podedes ver as entradas que fixeron no seu blog cada mes:
- Outubro
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2022/10/meteoescolas-o-tempo-en-outubro.html
- Novembro
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2022/11/meteoescolas-o-tempo-en-novembro.html
- Decembro
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/01/meteoescolas-o-tempo-en-decembro.html
- Xaneiro
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/02/meteoescolas-o-tempo-en-xaneiro.html
- Febreiro
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/03/meteoescolas-tempo-en-febreiro.html
- Marzo
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/04/meteoescolas-o-tempo-en-marzo.html
- Abril
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/06/meteoescolas-o-mes-de-maio.html
- Maio
http://pelourosdebueu.blogspot.com/2023/06/meteoescolas-o-mes-de-maio.html
Gran traballo da profe Toñi e os Pelouros!!
SAÍDA FIN DE CURSO
Enviado por Marta Valbuena o Sáb, 01/07/2023 - 11:42O martes 13 de xuño o alumnado de 1º fomos de excursión.
A primeira parte da saída foi ao Castelo de Soutomaior, onde puidemos visitar un castelo guiados por Ana. Previo á saída traballamos un pequeno proxecto sobre os castelos na aula que rematou con esta visita. Gustounos moito e puidemos gozar da variedade de plantas que hai nos seus xardíns, quedamos impresionados coas sequoias!
A continuación merendamos e visitamos o Museo Meirande. Un pequeno espazo moi ben preparado dentro dunha antiga conserveira e que centra a información na batalla que tivo lugar en Rande. Aprendemos moito!
Para rematar a xornada subimos ao Parque Forestal do Vixiador, onde comemos, xogamos, puidemos gozar da natureza, dos cabalos, e fixemos un roteiro ata o miradoiro.
Moi contentos volvemos cantando no autobús ata chegar a escola. Foi un gran día!
Podedes ver as imaxes neste vídeo. Premede en Papirus para podelo ver!
EL HEMATOCRÍTICO
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 28/06/2023 - 12:56EL HEMATOCRÍTICO
Os Reis Magos trouxéronlles aos nenos e nenas de 1º o libro Feliz Feroz, léronno na escola na “hora de ler” e encantoulles, gozaron das aventuras de Lobo e Lobiño, aprenderon vocabulario,degustaron receitas e realizarondinámicas cooperativascomo “Lapis ao centro” para demostrar o que sabían de “Feliz Feroz” e tamén un kahoot que lles resultou moi interesante e atractivo.
Para complementar este traballo de Feliz Feroz o día 30 de maio veu a escola El Hematocrítico, nin máis nin menos que o escritor do libro. Estivo con todo o alumnado de 1º na biblioteca, contoulles moitas cousas sobre os seus libros, faloulles da importancia de ler e escribir e mesmo debuxar pois sen o seu compañeiro e ilustrador Alberto Vázquez non podería crear libros como FELIZ FEROZ. Por último, todos levaron no seu libro como recordo do seu paso polo Bibliocastelo a sinatura e o selo de “El Hematocrítico”. Estivo moi ben a xuntanza con este escritor pois invitou ao alumnado a ler e tamén a traballar en equipo.
CORRELINGUA 2023
Enviado por Blanco Rodrígue... o Mér, 28/06/2023 - 12:37
DÍA DO CORRELINGUA
O 25 de maio xuntámonos en Moaña unha chea de colexios do Morrazo para percorrer a vila falando, cantando, berrando e bailando na nosa lingua, o galego. Estivo un día moi luminoso e de calor que nos permitiu na praza da vila lucir as palabras que decoraban o noso lombo, bailar e cantar co grupo As Monchas a canción “O oso do Caurel” que tanto nos gustou e sobre todo “MOLLARNOS" pola lingua. Foi unha xornada cansada, pero bonita.
O CATAVENTOS PAPIRUS
Enviado por Amalia Omil o Ven, 23/06/2023 - 07:47
Un día do mes de xuño apareceu Papirus colocado misteriosamente enriba da nosa caseta meteorolóxica. Pero que fai aí Papirus? Esta era a pregunta de toda a comunidade escolar.
Queredes saber a historia?
Noa e Mar estaban levando na aula de terceiro un proxecto de meteoroloxía. Propuxéronlle a profe Geli facer un cataventos, porque o botaban en falta na caseta. Puxéronse mans á obra e seguiron os seguintes pasos:
Fixeron unha maqueta en papel coa imaxe de Papirus (non foi doado porque o noso polbo ten moitas patas)
Decidiron que o mellor material sería a madeira e calcaron a maqueta.
Un misterioso e amable carpinteiro, de nome Luís, cortouna.
Noa e Mar coloreárona cunha pintura especial, resistente á chuvia e ao Sol.
O noso querido conserxe Ramón, enxeñou a maneira de colocala sobre a caseta.
Ø
O resultado é espectacular. Agora podemos sabercal é a dirección do vento, e tede por seguro que nos vai axudar a ser:
Mellores meteorólogas e meteorólogos!
PROXECTO PREHISTORIA E CIVILIZACIÓNS
Enviado por Ana Cabaleiro o Xov, 22/06/2023 - 09:54Derradeiro proxecto sobre a Prehistoria e as diferentes civilizacións. En equipos de tres escolleron traballar as diferentes civilizacións antigas; Exipo, Roma, Grecia, Celta, Mesopotamia e Mesoamericana. Como sempre foron indagando cos libros da biblioteca, lecturas, vídeos, buscando en internet...
Por outra banda en 4ºA fixeron un xogo da oca, escollendo eles as imaxes e elaborando as preguntas do xogo.
Na área de Arts and Crafts realizamos pinturas rupestres e traballamos con arxila, fixeron Venus e colgantes con símbolos celtas.
Para pechar este proxecto, visitamos o castro máis grande de Galicia, San Cibrao de Lás, alí visitamos o museo e afianzamos todos os contidos da aula.
Este martes 20, recibimos a visita do alumnado de 1ºESO do IES JOHAN CARBALLEIRA, onde pasamos unha sesión moi dinámica e educativa coas dúas clases. Xogaron á oca e foron escoitando os diferentes traballos.
Dá gusto ver a soltura que teñen expoñendo e ver todo o que foron aprendendo. Agora toca descansar e desconectar do curso, feliz verán a todxs!
Este é un resumo dos diferentes proxectos.
Concurso "Adiviña que..." e Torneo de Xadrez
Enviado por Susi Fernandez o Xov, 22/06/2023 - 09:47
Estes foron os gañadores do concurso realizado en lembranza a Francisco Fernández Del Riego, escritor homenaxeado este ano no día das Letras Galegas.
Gañadores de 4º de primaria:
Iago
Saúl
Noé
Gabi recolleu o premio en nome de Martín
Gañadorxs de 3º de primaria:
Antón
Luca
Bosco
Adri
Tamén se entregaron os premios ao alumnado que participou no I Torneo de Xadrez da escola. Aquí podedes ver tamén aos vencedorxs:
Noraboa a todxs!
SAÍDA Á PRAIA
Enviado por Goretti Cordeiro o Mar, 20/06/2023 - 16:30Co curso a piques de rematar e os nervos algo alborotados, decidimos realizar unhas xornadas de xogos na praia para os últimos días. Baixamos por cursos e comenzamos cos máis pequenos-as, os de 1º de Primaria o luns.
O día seguinte foi a quenda para os de 2º que foron apadriñados polos nenos-as de 4º de Primaria.
O mércores baixaron á praia os de 5º e os de 3º de Primaria.
Os nenos/as de 3º de Primaria fixemos unha andaina ata a praia de Portomaior, atravesando e facendo unha recollida de lixo nos areais de Petís, Loureiro e Agrelo.
Xa en Portomaior, merendamos para repoñer forzas, tivemos unha charla sobre o ecosistema costeiro da duna e antes de voltar xogamos na area.
Os xogos que poidemos practicar foron: o brilé, o 3 en raia, o bote-botero, o pano, a pita balón e a petanca.
A media mañá paramos a merendar e beber un chisco para repoñer forzas.
Para acabar recollimos o lixo que estaba espallado pola praia, xogamos coa area e botamos a voar algunhas cometas aproveitando o vento.
O tempo acompañou e as gañas de divertirnos eran moitas, así foi como resultou unha xornada moi entretida para rematar este curso de MOITO MÁIS QUE XOGOS
BOAS VACACIÓNS, DESCANSADE E NON ESQUEZADES
DE GOZAR XOGANDO NO VERÁN !!!!
EXCURSIÓN FIN DE CURSO
Enviado por Amalia Omil o Mar, 20/06/2023 - 14:28Por fin chegou o día máis desexado do ano!
O alumnado de terceiro e cuarto fomos,o pasado venres, 16 de xuño de excursión a Ourense.
Alí visitamos o castro de San Cibrao de Las, e logo as termas de Outariz.
Pasamos un día fantástico que será moi difícil que se borre da nosa memoria.
A continuación podedes ver os vídeos coas fotos da xornada.
CINEMÓBIL: HOMENAXE A JOSÉ GIL
Enviado por Anónimo o Dom, 18/06/2023 - 16:41O pasado venres 16 de xuño, puidemos gozar dunha actividade moi interesante e coñecer a José Gil, o pai do cine galego, que cimentou as bases do audiovisual galego.
Nesta xornada presentáronnos a figura deste gran cineasta e visualizamos varios filmes mudos da súa autoría. Ademais, coñecemos a figura do “explicador” no cine e gozamos dunha curta moi divertida de Charlot.
Para finalizar, visitamos unha réplica do camión-cine que o cineasta José Gil levaba fai 100 anos por toda Galicia.
FOI UNHA EXPERIENCIA MOI ESPECIAL!!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »