SAÍDA Á PRAIA

Co curso a piques de rematar e os nervos algo alborotados, decidimos realizar unhas xornadas de xogos na praia para os últimos días. Baixamos por cursos e comenzamos cos máis pequenos-as, os de 1º de Primaria o luns.

O día seguinte foi a quenda para os de 2º que foron apadriñados  polos nenos-as de 4º de Primaria.

O mércores baixaron á praia os de 5º e os de 3º de Primaria.

 

Os nenos/as de 3º de Primaria fixemos unha andaina ata a praia de Portomaior, atravesando e facendo unha recollida de lixo nos areais de Petís, Loureiro e Agrelo.

Xa en Portomaior, merendamos para repoñer forzas, tivemos unha charla sobre o ecosistema costeiro da duna e antes de voltar xogamos na area.

 

 

Os xogos que poidemos practicar foron: o brilé, o 3 en raia, o bote-botero, o pano,  a pita balón e  a petanca.

A media mañá paramos  a merendar e beber un chisco para repoñer forzas.

Para acabar recollimos o lixo que estaba espallado pola praia, xogamos coa area e botamos a voar algunhas cometas aproveitando o vento.

 

 

O tempo acompañou e as gañas de divertirnos eran moitas, así foi como resultou unha xornada moi entretida para rematar este curso de MOITO MÁIS QUE XOGOS 

  BOAS VACACIÓNS, DESCANSADE E NON ESQUEZADES 

 DE GOZAR XOGANDO NO VERÁN !!!!