Skip to Content

Adxuntos en pdf

Ola, desde que cambiamos á Web ao sistema multisite, estamos tendo problemas o engadir  ligazóns a adxuntos en pdf. Subimos o adxunto sen problemas, pero a maioría das veces, despois de copiar o enderezo do adxunto e facer a ligazón, esta non funciona. Case sempre teño que repetir a operación, a de copiar o enderezo e facer a ligazon, 3,4 5 ou máis veces ata que funciona. Poucas veces queda feito á primeira. Se subo o arquivo directamente á Web, non como adxunto, entón non teño problemas. Tampouco hai problemas se o adxunto que subo é un flash. Podedes dicirme que pasa e se é posible solucionalo?

Grazas

Subida de adxuntos

Ola.

O que temos detectado é que ao subir o primeiro adxunta a un contido non soe haber problemas. Os problemas veñen cando queremos subir o segundo, terceiro ... adxunto no mesmo contido, xa que no momento que se sube parece que "desaparecen" os adxuntos.

Nese momento, tan pronto se sube o segundo ficheiro, observamos que si prememos sobre o botón de "Vista previa" volve a aparece a lista dos ficheiros adxuntos e xa podemos seguir editando o contido e crear os enlaces oportunos.

Este problema é debido a un comportamento estrano do editor de texto enriquecido (TinyMCE). Estamos probando novos editores a ver si podemos mellorar as súas funcionalidades.

Probade a solución que vos comento, de premer en Vista previa antes de Enviar, a ver si vos permite crear os enlaces sin tantos problemas.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut