Skip to Content

Artículos

COMPARTE A TÚA EXPERIENCIA - Sub Categories

Foro

FORO DE EXPERIENCIAS COPPERMINE

Foro

FORO DE EXPERIENCIAS MOODLE

Insertar imaxes da galería fotográfica (Copermine) cun só click do rato

Este sistema estámolo a empregar na nosa web, para que cando se publique unha entrada se poidan inserir imaxes da galería de imaxes de forma automática. Podedes atopar a explicación de como facelo nesta ligazón http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/?q=category/12/108 Esta nova actualización do código, emprega só entradas de drupal (e non arquivos subidos vía ftp como sucedía anteriormente), agardamos que funcione axeitadamente en sistemas multisite, xa que aínda non se produciu a migración do noso sitio. En todo caso, nese momento, faríanse as actualizacións necesarias para que funcionase. Agardamos poida servirlle a alguén, xa que no noso caso nos resultou moi útil.

Como mover e unir álbumes a unha categoría sen ter permiso de administrador

Como xa comentei no foro de experiencias Drupal, no noso centro necesitabamos que calquera usuario de Copermine, sen permiso de administrador, puidese crear un álbum e logo movelo a unha das categorías creadas. Deste xeito non é necesario nin que todos teñan perfil de administrador nin que o administrador se encargue de crear un álbum cada vez que un compañeiro o necesite. Na nosa web, neste enderezo, está explicado como o fixemos e como funciona, por se pode ser de utilidade para alguén. http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/category/12/108 Este script, é complementario con outro que permite insertar imaxes directamente desde copermine nas entradas Drupal cun só click, que tamén se pode atopar alí. Tamén se inclúe unha pequena explicación de como "armonizar" o estilo de deseño da páxina drupal coa de copermine. PD: inclúo a ligazón á nosa web porque deste xeito só é necesario facer os cambios e melloras no script nun único sitio, sen deixar desactualizada e entrada neste foro.

"Descubrindo Guinea Ecuatorial"

Ola compañeiros: Dende o Ceip A Sangriña presentamos un traballo realizado durante o curso pasado polos alumnos de 2º e 5º de primaria. O punto de partida foi a lectura dun libro titulado "Un amigo en la selva" por parte dos rapaces de 5º. A motivación foi tal, que, tras unha sesión na que os propios alumnos lles contaron aos rapaces de 2º o argumento, os mestres puidemos apreciar a mágoa que sería non organizar un pequeno proxecto que contribuíra á súa formación, sobre todo no ámbito das Competencias Básicas. Asi que... puxémonos mans á obra: A actividade principal do proxecto foi a realización dun Wiki (chamado WikiSangriña) na que os propios alumnos e alumnas ían investigando todas aquelas dúbidas que naceran tras a lectura da novela. Creamos nunha táboa un pequeno punto de partida, e así comezou todo. Pouco a pouco, estaban tan inmersos no traballo proposto, que o "pequeno proxecto" prácticamente durou todo o curso.Por suposto, valeu a pena. A avaliación realizouse mediante varias vías, pero prácticamente todo o proceso se levou a cabo mediante as TICs. As actividades da aula virtual empregadas foron: - Wiki, como motor do proxecto. - Unha vez rematada a WikiSangriña, traballamos cos foros para comprobar a motivación. Por suposto que este tipo de actividades (foros) tamén serviron para reforzar aspectos de expresión escrita e ortografía e poder comprobar as mellorías no ámbito lingüístico desde comezo de curso. - A actividade "chat" da aula virtual serviu como vía de comunicación mestres-alumnos, tratando de fomentar normas básicas coma a do respeto ao compañeiro, silencio na aula... - A creación dun glosario, tamén elaborado polos rapaces, de forma que os mestres puidéramos comprobar que os alumnos entendían os conceptos traballados, asi como demostraban un dominio dos procedementos informáticos básicos (búsqueda por internet en diccionarios online/selección de texto/copiado e pegado...) - Por falta de tempo, non puidemos preparar Cuestionarios, que serían empregados a modo de "Trivial". Unha pena, pois houberan dado moito máis xogo para motivar ao alumnado do resto do centro... Como supoñemos que unha imaxe vale máis que mil palabras, aqui tedes a ligazón para poder acceder ao mesmo como convidados: http://centros.edu.xunta.es/ceipasangrina/moodle/course/view.php?id=31 Se tedes dúbidas, ou comentarios, non dubidedes en contactar. Un saúdo a todos e todas, Juan Casado & Mª Josefa Baz. Ceip A Sangriña - A Guarda.

Foro

FORO DE EXPERIENCIAS DRUPAL

Visualizar PDF e outros

Nos utilizamos os servicios de http://www.scribd.com/ a través do módulo "ipaper" http://drupal.org/project/ipaper que pode instalarse facilmente en Drupal.

É un módulo moi util e fácil de usar, pero o ficheiro flash resultante queda aloxado en Scribd e está suxeito as condicións que eles establecen. Podedes ver o resultado en http://centros.edu.xunta.es/iesdecurtis/node/186. Outra posibilidade e utilizar Macromedia - FlashPaper 2 http://www.adobe.com/products/flashpaper/ ou Print2flash http://print2flash.com/ que permiten transformar calqueira PDF a flash, pero son programas de pago aínda que teñen a ventaxa de que o ficheiro resultante pode subirse directamente o servidor da Consellería.

O mellor sería que a Consellería puxese un módulo en Drupal que permitise ver os PDF que subíramos as páxinas dos centros. Tamén sería necesario un módulo que permitise importar os Blogs que case tódolos los centros teñen en Blogger ou Wordpress polos problemas que pode haber pola utilización de fotos de menores fora do servidor da Consellería. Outra cousa que botamos en falta é unha mellor integración de Drupal con Coppermine.

As Webs Dinámicas nos Centros Educativos Galegos

Estades a utilizar as Webs Dinámicas no voso centro dun xeito orixinal?

Tivéchedes unha boa idea e estádela a poñer en práctica?

Gustaríavos compartir o voso traballo cos compañeiros?

ANIMÁDEVOS

Compartide os vosos contidos, charlade cos compañeiros sobre o uso que lle estades a dar ás as aplicacións, criticade ou felicitade...

Idéntificate e "Comparte a vosa experiencia"

 

Experiencias
Drupal

  Experiencias
Moodle

  Experiencias
Coppermine

 

Recomendacións:

  • Si é posible, cando nos contes o que estades a facer acopañádeo con un enlace para que podaimos velo. De tódolos xeitos preferimos que nolo contedes igual aínda que non poidamos velo.
  • Algúns puntos que podedes tratar son os seguintes:
    • Necesidades das que parteu a vosa idea
    • Membros da comunidade educativa que participan dela
    • Dificultades na implatación
    • Descripción da experiencia
    • Potencial que ten e posibles mellora
Comparte e protexe os teus contidos, publícaos baixo licenzas libres Creative Commons

http://www.flickr.com/photos/ojo_de_vidrio/3404648835/sizes/o/

Por se lle serve a alguén: como crear un listado de títulos de artigos publicados

Deíxovos aquí unha forma de amosar un listado dos títulos publicados nun determinado "termo", podedes ver un exemplo do seu uso na web http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/ Estamos a empregar este sinxelo script para amosar un listado de "anuncios" no taboleiro de anuncios, o aviso e as datas destacadas. O que fai o script é buscar na base de datos de drubal os artigos publicados baixo un determinado termo, ordeándoos segundo a súa orde de publicación _(os máis novos primeiro) Para que funcione tedes que lembrar marcar como opcción de publicación PHP, pode empregarse tanto nun bloque como nun artigo (recoméndovos probar nun artigo que só vos poidades ver :) ) Teredes que... - Cambiar tid=63 polo correspondente ó termino que interese en cada caso, pode saberse que número se corresponde co noso termo editando a lista de termos, na barra de navegación veremos que na dirección nos vai a aparecer /term/ seguido de un número, ese é o número de noso termo. Limit 0, 5 indica o número de "títulos" que queremos amosar, podemos poñer o número que quieramos en lugar do 5. Agradécense melloras deste script :) Atoparedes o scrpt (que aquí o recorta) na nosa páxina nesta ligazón http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/category/12/108 PD: estamos tamén a a usar un script que amosa o último álbum subido na galeria Copermine, que podedes atopar no mesmo enderezo


by Dr. Radut