Como xa comentei no foro de experiencias Drupal, no noso centro necesitabamos que calquera usuario de Copermine, sen permiso de administrador, puidese crear un álbum e logo movelo a unha das categorías creadas. Deste xeito non é necesario nin que todos teñan perfil de administrador nin que o administrador se encargue de crear un álbum cada vez que un compañeiro o necesite. Na nosa web, neste enderezo, está explicado como o fixemos e como funciona, por se pode ser de utilidade para alguén. http://centros.edu.xunta.es/ceippedroantoniocervino/category/12/108 Este script, é complementario con outro que permite insertar imaxes directamente desde copermine nas entradas Drupal cun só click, que tamén se pode atopar alí. Tamén se inclúe unha pequena explicación de como "armonizar" o estilo de deseño da páxina drupal coa de copermine. PD: inclúo a ligazón á nosa web porque deste xeito só é necesario facer os cambios e melloras no script nun único sitio, sen deixar desactualizada e entrada neste foro.