Skip to Content

Organización das imaxes en subdirectorios

Aínda que somos conscientes de que o espazo mási apropiado para as fotos é a Galería, o certo é que hai que decorar un pouco as páxinas normais e pouco a pouco vanse acumulando bastantes fotos no directorio "files". Así que no noso centro decidimos activar as funcións extra do explorador de imaxes para poder ordenalas por orde alfabético e crear subdirectorios de "files" como "2007" ou "2008" na conta do administrador. O único problema foi que cando quixemos predeterminar como subdirectorio de subida "files/2008" daba error cando queríamos subir as fotos a esa carpeta, polo que estamos movendo os arquivos por ftp. Será un fallo de Drupal ou noso?

Files/2008

Supoño que o problema que dá é un erro de permisos de escritura en dito directorio.

En ningún caso é recomendable subir as imaxes por ftp. Coidado con dar permisos de escritura ou modificar permisos noutras carpetas. Correriamos un risco de seguridade.

Re: Files/2008

Pois entón non temos saída: por unha parte non vemos como dar permisos de escritura ao administrador nas carpetas novas que creamos dende Drupal, e por outra parte non é recomendable usar o ftp... Está claro que usando o ftp hai que ter coidado de non tocar os arquivos ou carpetas descoñecidas, pero non pensábamos que fora problemático subir imaxes ou cambialas de carpeta.

Case sempre hai saída

Posibles solucións e problemas:

1-Se cambiamos unha imaxe de carpeta (da files/imaxe.jpg a files/2008/imaxe.jpg) e estaba nun contido ou artigo vamos a perder a referencia e non se vai ver

Logo teremos que editar o contido e modificalo

2-Dar permisos a unha carpeta
Faise a través do acceso a FTP pola páxina http://centros.edu.xunta.es

Señalaremos a carpeta files e seleccionamos opción "chmod"

Logo damos permisos como segue:

3-O problema de usar carpetas distintas a "files" e que as imaxes van a estar catalogadas en carpetas e cando as queiramos insertar non as vamos atopar xa que seguramente teremos outra carpeta definida.

Grazas

Moitas grazas pola detallada resposta. Finalmente a solución pasaba polo ftp, pero é sinxelo. Non vexo problema en clasificar as imaxes en carpetas. Coa versión extendida do explorador de imaxes é moi fácil atopar o arquivo que buscas para insertala.


forum | by Dr. Radut