Act. Complementarias
Despois dunha difícil deliberación o xurado agradece a participación e alto nivel das imaxes presentadas e decidiu galardonar as seguinte fotografías
1º premio. "Sorriso do paseo" de Anxo González Campos
2º premio "mudando de pel " de Carmen Dosil
3º premio "sen título" de Antía Cisneros Pérez
Tamén decide conceder accésit as fotografías "Un color que enamora" e "soldado caído no camiño" de Alae Elissaoui e Tomás Rodríguez.
Noraboa a todos os participantes.
O grupo de 1 º curso do Ciclo Formativo básico de Servizos Comerciais, desenvolveu hoxe unha interesante actividade de campo. Consistiu nun paseo polo centro urbano de Negreira na búsqueda de escaparates dos comercios locais. Acompañados polo seu profesor Manuel Magariños falaron da importancia do escaparatismo ( como un compoñente publicitario no lugar de venda de produtos e no muestrario que debe espertar emocións na clientela que o está vendo mediante as cores, composicións e figuras).
O alumnado de 1º FPB de Comercio está a traballar co profesor do módulo de Ciencias Aplicadas, Jesús M. Calvo, nun proxecto meteorolóxico no que comparan as prediccións dos servizos meteorolóxicos cos valores reais obtidos na estación de medida do centro. Segundo as primeiras valoracións a precisión das prediccións para Negreira é bastante alta!
Confiamos na creatividade e talento do alumnado do noso centro para aportar alegría aso espazos do centro por medio das súas fotografías. Por iso convocamos un concurso fotográfico no que pode participar todo o alumnado do centro .
PRAZO : Ata 6 de novembro
MOTIVO: Fotografías relacionadas co Outono
PREMIOS: tres premios de 50, 30 e 20 euros e diploma.
Os departamentos de Lingua Castelá, Lingua Galega e a Biblioteca do IES Xulián
Magariños convocan un CONCURSO DE RELATOS para todo o alumnado do centro.
DATA LÍMITE DE PRESENTACIÓN DAS OBRAS: 16 de ABRIL
O noso alumnado vai participar no concurso PILABOT de recollida de pilas usadas.
Como sabedes, as pilas e baterías son un residuo moi valioso e á vez moi contaminante polo que é preciso facer unha recollida selectiva e asegurarse de que sexan correctamente tratadas despois da súa vida útil.
POLO NOSO MEDIO AMBIENTE, polo futuro do noso planeta, vos pedimos que non tiredes esas pilas usadas de calquera maneira.
A Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Medio ambiente, acaba de lanzar este concurso para concienciar aos rapaces da importancia de reciclar correctamente, así que por favor gardade esas pilas usadas e se llas dades ao noso alumnado éste se encargará de depositalas nun contenedor axeitado que virán a recoller o vindeiro mes. Ademáis dunha boa acción dende o punto de vista medioambiental podedes axudarnos a gañar un importante premio que revertirá en melloras no centro. Grazas pola vosa axuda!!
Agora que se achega o Día da Constitución nunca está demáis botarlle un repaso. Seguro que descubrimos cousas interesantes en cada relectura.
Agora que se achega o Día da Constitución nunca está demáis botarlle un repaso. Seguro que descubrimos cousas interesantes en cada relectura.
Constitución Española (en Galego)
Constitución Española (en Castelán)
Ao fío do cumio sobre o cambio climático destes días en Madrid...
Artigo 45
1.Todos teñen dereito a gozar dun ambiente adecuado para o desenvolvemento da persoa, así como o deber de o conservaren.
2.Os poderes públicos mirarán pola utilización racional de todos os recursos naturais, co fin de protexeren e melloraren a calidade de vida e defenderen e restauraren o ambiente, coa axuda da indispensable solidariedade colectiva.
Sobre os territorios da "España vaciada"...
Artigo 130
1.Os poderes públicos atenderán á modernización e ó desenvolvemento de todos os sectores económicos e, en particular, da agricultura, da gandería, da pesca e da artesanía, co fin de equiparar o nivel de vida de todos os españois.
2.Co mesmo fin outorgaráselles un tratamento especial ás zonas de montaña.
O 3 de decembro é día mundial das persoas con discapacidade. Poñámonos por uns momentos no seu lugar.
Deseño universal. Deseño adaptado.
Queremos agradecer a colaboración do centro de Saúde de Negreira que nos prestou as cadeiras de rodas para que o alumnado puidera sentir o que é moverse nelas e os atrancos a mobilidade que representa a arquitectura dos edificios. Tamén aprendemos como xurdiu o sistema braille de escritura para cegos e poidemos facer os nosos escritos nel.
No día mundial contra a violencia de xénero, toda a comunidade educativa do IES Xulián Magariños facemos público o noso apoio a esa causa na procura dunha sociedade máis libre, xusta e igualitaria. A educación en igualdade e respeto é un dos nosos obxectivos prioritarios.
Nun acto que tivo lugar durante o recreo o alumnado do equipo de igualdade do centro leeu un manifesto e logo cantaron a súa versión en galego da canción:"Lo que es nuestro" de Lucía e Natalia Gil.
Alumnos de Química de 2 de bacharelato visitaron o centro de investigación avanzada en química (CIQUS) da USC, onde aparte de coñecer o persoal, os laboratorios e os equipamentos máis avanzados para a investigación, levaron a cabo varias prácticas. Carmen Luaces, xefa do departamento de Física e Química foi a coordinadora da actividade.
O alumnado de Primeiro de ESO visitou esta semana o Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Arte Contemporánea, nunha actividade coordinada polos departamentos de Plástica, Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Linguística. E de paso rendiron homenaxe a excelsa Rosalía de Castro coa entrega dun ramo de flores que colocaron na súa tumba.