GAÑADORES DO I CERTAME LITERARIO "IES XULIÁN MAGARIÑOS"
Onte 23 de Abril do 2021,Día do Libro, non puidemos celebralo de mellor xeito que premiando no certame literario organizado polos Departamentos de Lingua Castelá e Lingua Galega, o enorme talento literario que ano tras ano amosa o alumnado deste centro.
Así damos os nosos orgullosos parabéns a María Castro Andrade polo seu primeiro premio na categoría de Primeiro Ciclo da ESO co fermoso relato dunha flor chea de curiosidade e beleza: "A flor viaxeira" e a Nerea García Guzmán que gañou o accésit cun relato pandémico pero cheo de humor "O cambio de Quico", ámbalas dúas de 1º da ESO.
Parabéns tamén a Héctor Lago Esperante de 3ª da ESO, gañador do primeiro premio na categoría de 2º ciclo da ESO co seu magnífico relato "Un extraño visitante" e á alumna de 4º da ESO Mª Carmen Dosil Fuentes polo accésit co relato cheo de sensibilidade : “ Frágil crisálida”
Na categoría de Bacharelato o primeiro premio foi para Paula Rodríguez Pais polo seu relato de orixinal factura “Una pequeña queja” e o accésit para a madurez na escrita de Reyes Freire por “Outro segredo que agochar”. Parabéns ás dúas.
Parabéns tamén a todas e todos os participantes, grazas por achegarnos a vosas creacións e pola calidade dos traballos presentados. O ano que vén máis. A literatura en Galicia ten moito futuro con tanto xove talento nas nosas aulas.
No Facebook do noso centro tedes unha galería de imaxes da ceremonia de entrega dos premios.
RELATOS GAÑADORES
- A flor viaxeira (María Castro Andrade)
- Un extraño visitante (Héctor Lago Esperante)
- Una pequeña queja (Paula Rodríguez Pais)
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG_20210423_142341_resized_20210424_010926534.jpg | 20.38 KB |
A FLOR VIAXEIRA.pdf | 38.42 KB |
Un extraño visitante.pdf | 37.86 KB |
Una pequeña queja.pdf | 45.11 KB |