Devolución dos libros de texto do curso 2020/21
- Os libros de texto que teñen que ser devoltos obrigatoriamente son os que pertencen ao fondo solidario de libros de texto xestionado polo centro e os libros de texto adicionais prestados polos departamentos didácticos.
- O alumno traerá o día 22 de xuño (último día de clase) todos os libros que se lle prestaron, que serán comprobados polo titor/a.
- Se ten algunha materia suspensa para setembro, o día 24, cando recolla o boletín de notas, poderá levar de volta para casa os libros correspondentes a esas materias suspensas para estudar durante o verán.
- Os libros que se leven para casa durante o verán serán devoltos en setembro cando veñan facer os exames das materias suspensas.
1- Con anterioridade á entrega as familias deberán:
- Comprobar que os libros teñen o selo e numeración do centro.
- Retirar forros vellos, etiquetas e calquera outro elemento persoal. Comprobar o estado dos libros e identificar os que estean moi deteriorados ou se consideren inservibles.
2- Agradecemos a doación de libros de texto
O curso anterior tivemos a sorte de contar coa desinteresada axuda de familias que mercaron libros de texto e considerando que xa non os ían necesitar os doaron ao centro co cal incrementamos a cantidade de libros dispoñible e puidemos repartir máis libros que nunca, o que favoreceu a toda a comunidade educativa.
Polo tanto, se tedes libros de texto propios que estean vixentes e pensades que xa non os ides necesitar, podedes traelos tamén e nós estaremos encantados de recollelos. Outras familias volo agradecerán.