Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
11
| 12
| 13
| 14
| 15
Data15/11/2024 19:07
Aquí vos deixamos un resumo de algunhas das actividades desta última semana. O grupo de 1º ESO de Proxecto Competencial estivo traballando no noso horto escolar para facer plantación de inverno. A ver que tal se da. Alumnado da facultade de físicas da USC veu ao noso centro e organizou un obradoiro de óptica para o alumnado de 3º ESO. Xogando con lentes e luz láser resulta mopito máis doado entender conceptos como a difracción ou como funciona o ollo humano e como os lentes poden corrixir defectos de visión. E hoxe as dúas últimas horas estiveron adicadas á ciencia. Os departamentos de Matemáticas, tecnoloxía, lingua galega e física organizaron unha serie de experiencias e obradoiros para espertar a curiosidade científica entre o alumnado de 1º e 2º ESO. Entre outras actividades puideron montar unha cúpula xeodésica, grabar voces e traballar con elas no ordenador, facer maxia matemática, descubrir certas propiedades dos coloides, entender como se constrúen e se manteñen en pé as pontes de arco...Era a primeira vez e foi todo un éxito e esperamos que o vindeiro ano siga crecendo. Agradecemos a especial adicación do profesorado que organizou este evento: María Ana Domínguez (MAT), Tina Formoso (GAL), Jesús (TEC) Sara Lago (FQ), e por suposto aos alumnos e alumnas que participaron como monitores explicando as actividades aos compañeiros, sen todos os cales esta actividade non podería terse levado a cabo. Grazas a todos! | 16
| 17
|