Eventos
Un ano máis organizamos a Feira das Profesións 2024 en colaboración cos departamentos de orientación dos IES de Ames e Brión. Nesta edición contaremos con máis de 40 expositores entre os que se atopan centros que imparten ciclos formativos de FP, universidades, corpos e forzas de seguridade, profesionais independentes de distintos campos, empresas e administracións públicas. Este ano, como novidade, contaremos cun espazo no que terán lugar diversas charlas de orientación ás que o alumnado poderá asistir libremente se son do seu interese.
A feira terá lugar no pavillón polideportivo de Brión o xoves 4 de abril, e aparte de alumnado poderá asistir libremente o público xeral e as familias pola tarde entre as 16:00 e 18:30 horas. As 18:30 horas terá lugar o acto de clausura coa presenza das alcaldías dos tres concellos e representación das direccións dos centros organizadores.
Animámosvos a que visitedes a Feira pola tarde en familia, que de seguro vos axudará na toma de decisión da futura traxectoria académica e/ou profesional dos vosos fillos.
Acceso á guía de acceso e oferta de estudos nas 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de Galicia (Santiago, Lugo, Ourense, A Coruña)