Eventos
Listaxe de libros de texto e material escolar
NOTA: Atopouse un erro no ISBN do libro de exercicios de Francés de 1º ESO. O ISBN correcto é 9788490494493.
NOTA 2: O ISBN do caderno de traballo de Lingua Castelá de 1º ESO é 9788468290171
A TER EN CONTA
- Somos centro EDIXGAL. Durante o curso 23-24 o proxecto EDIXGAL inclúe os niveis 1º, 2º e 3º ESO, nos que o alumnado recibirá un ordenador portátil e material educativo dixital para alomenos 6 materias.
- Este curso 23-24 entran en vigor os novos currículos nos cursos pares, polo que varios dos libros de texto cambian para adaptarse.
- O centro ten existencias de libros de 3º de ESO dalgunhas materias NON Edixgal (FQ, XH, MAT, FQ) sobre os que se intentará arbitrar un sistema de reparto equitativo, polo que recomendamos non apresurarse na súa adquisición.
-Para 4º ESO o sistema de reparto será o tradicional do Fondo Solidario de Libros
Xa están publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de Fondo libros (4º ESO) e das axudas de material escolar. Poden consultar os libros adxudicados na aplicación web Fondo Libros da Consellería de Educación ou no taboleiro de anuncios do centro.
Poden pasar polo centro a recoller o vale de material escolar entre as 10:00 e as 13:30 durante o mes de xullo ou a partir do 1 de setembro.
Tamén están publicados no taboleiro de anuncios do centro os libros de 3º ESO que se facilitarán ao alumnado do centro para materias que non están dentro do proxecto Edixgal. Lembramos que estes libros se prestan a maiores do material Edixgal facilitado, a través dun procedimento propio do IES Xulián Magariños, co que se pretende dar utilidade aos libros dispoñibles no centro e aforrar custos as familias.
Hoxe tivo lugar o sorteo para entrar na sección bilingüe de Xeografía e Historia de 3º ESO. A gran demanda por parte do alumnado, que superaba o límite previsto, fixo que fose necesario recurrir a un sorteo para adxudicar as prazas.