Eventos
O alumnado que teña materias suspensas de anos anteriores terá que presentarse aos exames nas datas citadas a continuación.
A primeira parte do temario das materias será examinada na quenda de xaneiro. O resto da materia será obxecto do exame da quenda de abril.
Hoxe o alumnado de 1º ESO acompañado polo profesorado do departamento de Tecnoloxía participou nun interesante obradoiro en liña deseñado dende o INCIBE (Instituto Nacional de Ciberseguridade) co obxecto de aprender a detectar sinais de fraude e engano en páxinas web, chats e redes sociais. Malia a indudable utilidade das TIC é importante saber protexernos de estafadores e ladróns de datos persoais e identidades.
Levan para casa unha pequena folla de tarefas para practicar en familia.
Cousas que nos quedaron claras:
- Fixarnos nas direccións de internet e comprobalas cun comprobador de URL.
- Desconfiar de versións gratuitas de aplicacións de pago e de ofertas moi suculentas.
- Regalos moi golosos e urxencias de tempo tamén son signos claros de páxinas web fraudulentas.
- Ollo coas invitacións de descoñecidos.
- E ante calquera dúbida falar cos nosos pais, profesores ou contactar co propio INCIBE
Entre todos podemos facer de internet un espazo máis seguro e amigable.
Emoción e alegría, xa que despois de 3 anos puidemos retomar o noso tradicional concurso de entroido. Queremos dar as grazas ao profesorado e alumnado que se implicou nel e que nos permitiron pasar uns ratos moi agradables e divertidos.
Ao final da gala todos puidemos disfrutar das ricas filloas que ANPA e Concello nos fixeron chegar. Moitas grazas tamén a eles. No noso Facebook podedes ver fotos da xornada.