Eventos
Dende o equipo de Biblioteca fannos chegar dous boletíns cargadiños de boas lecturas para esas tardes frías de inverno. Acompañadas dun chocolate quente e algo de música tranquila...planazo!
Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada ano o 10 de decembro, os alumnos de Valores Éticos de 2º de ESO B buscaron nos xornais exemplos de noticias que amosaban situacións nas que non se respectaban algúns dos dereitos que ten calquera ser humano polo mero feito de existir. A actividade serviulles para analizar cunha mirada crítica a realidade cotiá e comprobar que queda moito por facer. O resultado do seu traballo pode verse na exposición que montaron no hall de entrada ao instituto.
Dentro da materia de Tecnoloxía e dixitalización, o alumnado de 1º ESO deseñou unhas felicitacións animadas de Nadal programando en Scratch. Había moitas moi orixinais e divertidas, pero como non temos espazo para todas, aquí vos deixamos unha pequena mostra. E unímonos aos bos desexos destes futuros programadores.
Raúl 1º ESO A
AROA 1º A
AITANA 1ºB
NAÍM 1ºC