Eventos
Volve de novo a fotografía ao Xulián Magariños. Se o ano pasado o tema do noso concurso fotográfico foi a fotografía matemática, este ano queremos ver a creatividade do noso alumnado aplicada a mostrar o patrimonio do concello de Negreira e do camiño de Santiago que por aquí pasa.
IV CONCURSO FOTOGRÁFICO IES XULIAN MAGARIÑOS
Patrimonio e Camiño de Santiago en Negreira
O concurso está aberto a participación de todo o alumnado do noso centro.
Prazo límite de presentación de fotografías o 15 de novembro.
Dende o equipo de Biblioteca fannos chegar dous boletíns cargadiños de boas lecturas para esas tardes frías de inverno. Acompañadas dun chocolate quente e algo de música tranquila...planazo!
Para conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se celebra cada ano o 10 de decembro, os alumnos de Valores Éticos de 2º de ESO B buscaron nos xornais exemplos de noticias que amosaban situacións nas que non se respectaban algúns dos dereitos que ten calquera ser humano polo mero feito de existir. A actividade serviulles para analizar cunha mirada crítica a realidade cotiá e comprobar que queda moito por facer. O resultado do seu traballo pode verse na exposición que montaron no hall de entrada ao instituto.