Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
18
all day
ACTUALIZACIÓN DO 22 DE XULLO: O alumnado de sección bilingüe de 3º ESO que tiña adxudicado o libro de Xeografía e Historia recibirá no seu lugar o libro de música. ACTUALIZACIÓN DO 21 DE XULLO: Xa temos o resultado do reparto propio de libros de texto para 2º ESO. A listaxe dos lotes adxudicados está dispoñible no taboleiro de anuncios do centro, xunto co resultado da adxudicación de Fondo Libros de 3º e 4º ESO. Rematados os prazos de reclamación publicamos as listaxes definitivas de libros adxudicados na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e de vales para adquisición de material educativo. Están publicadas no taboleiro de anuncios na entrada do centro. A normativa non nos permite a súa publicación na web do centro. FONDO LIBROS: Lembramos que os libros do fondo solidario son solo para alumnado de 3º e 4º de ESO. Os libros asignados entregaranse en setembro co inicio do curso. Para alumnado de 1º e 2º ESO o centro procurará un sistema de reparto equitativo dos libros existentes, pero polo momento non podemos dar prazos. VALES DE MATERIAL: A partir de mañá día 19 de xullo pódese pasar por secretaría a recoller os vales de material escolar, ata o 28 de xullo en horario de 9:15 a 13:30, e logo en setembro a partir do día 1. | 19
| 20
all day
Informamos que quedan varias prazas libres no ciclo superior de Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR). As persoas interesadas poden poñerse en contacto co centro. | 21
| 22
| 23
| 24
|