Eventos
Neste apartado publicarase todo o referente ao proceso electoral para a renovación do Consello Escolar do centro. O Consello Escolar é o instrumento de participación na vida escolar de tódolos sectores da Comunidade Educativa.
1. Constitución da Xunta electoral (VER COMUNICADO EN PDF). Sorteo o 28 de outubro.
2. AVISO 2/11/2021 : Atópase publicada no taboleiro de anuncios do centro a seguinte documentación: convocatorias de eleccións ao Consello Escolar nos distintos sectores educativos (profesorado, alumnado e PAS), calendario electoral e censos electorais.
3. O proceso electoral efectuarase para os sectores de profesorado, PAS e alumnado. Aberto o prazo para presentación de candidaturas ata o 12 de novembro.
4. REMATADO o prazo de presentación de candidaturas. Neste PDF adxunto poden consultar as candidaturas aceptadas.
5. ELECCIÓNS: O alumnado, profesorado e P.A.S. efectuará as súas votacións durante o luns 22 de novembro.
6. ACTA FINAL CO RESULTADO DAS VOTACIÓNS (25/11/2021) (PDF Adxunto)
NORMATIVA
O alumnado de 2º de Bacharelato do noso centro da optativa de TICS (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) coordinados pola súa profesora, Leticia Riestra están a desenvolver unha páxina web para dar a coñecer referentes mulleres nas carreiras do ámbito STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) co obxectivo de fomentar este tipo de estudos entre as nenas posto que este tipo de carreiras adoitan ser realizado por un perfil máis masculino.
Este proxecto englóbase dentro do concurso internacional "WISIBILÍZALAS" organizado pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona que busca dar a coñecer gran cantidade de mulleres que rompen estereotipos, que inspiran e que traballan cada día para conseguir que o potencial femenino sexa cada vez máis visible na nosa sociedade.
Deste modo, o alumnado fará diferentes entrevistas a mulleres enxeñeiras, científicas e matemáticas para preguntalles sobre a súa experiencia personal e profesional e para pedir consello sobre como poder romper o famoso teito de cristal das mulleres.
Unha vez teñan rematadas as entrevistas, crearán unha páxina web onde mostrarán os interesantes perfís obtidos ademáis doutras actividades paralelas que tentarán de ir realizando ao mesmo tempo.
E todo isto empregando a tecnoloxía e a informática empregando software libre para o desenvolvemento da páxina web, para a realización de videochamadas online así como a gravación das mesmas... pasando polo emprego de ferramentas para a edición de vídeo, imaxe e son así como software colaborativo para a creación de documentos.
Así, poderán traballar en moitas áreas dun xeito completamente práctico seguindo o paradigma do traballo basado en Proxectos e co claro obxectivo de conseguir dar a coñecer todas estas mulleres que desenvolven unha grande labor para a sociedade pero que permanecen ocultas.
Comenzan as actividades do Club de lectura neste curso 2021-2022 con dúas propostas moi tentadoras centradas no mundo da banda deseñada:
Para o alumnado de 1º e 2º de ESO: Traballar a historia de Galicia a través do cómic en galego.
Para o profesorado do centro: A historia contemporánea de España no cómic en castelán.
Tedes toda a información no Blog do Club de Lectura do IES Xulián Magariños.
Aquí tedes a relación de fotografías presentadas na edición deste ano. Un gran nivel que garante un difícil traballo por parte do xurado. Ao longo da vindeira semana publicaremos a relación dos gañadores.
TRABALLOS PRESENTADOS (PRESENTACIÓN PDF)