Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
8
all day
Se queres coñecer de preto o noso concello podes descargar a Guía turística de Negreira, unha publicación coordinada polo noso compañeiro e profesor de Xeografía e Historia Amancio Liñares. | 9
| 10
all day
Segunda tanda de traballo na Auditoría medioambiental do centro. Transcorridos dous meses dende a última limpeza, os alumnos recolleron máis de 10 bolsas de residuos que estaban espallados polos patios e xardín. Principalmente trátase de envases de plástico, como xa o demostrou a análise dos residuos atopados na primeira fase do traballo. | 11
| 12
| 13
| 14
all day
Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior Gustaríache cursar alguna de estas ensinanzas pero non tes a ESO ou o Bacharelato ou un título profesional que te permita acceder a eses estudos? Consulta aquí. Prazo do 18 de febreiro ata 3 de marzo para ciclos superiores, e do 15 de marzo ao 26 de marzo para acceder a ciclos medios. Necesitas o título da ESO e tes máis de 18 anos? Podes acadalo superando esta proba. O prazo é do 8 ao 18 de marzo para a convocatoria de maio e do 1 ao 8 de xullo para a convocatoria de setembro Probas para obter determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais Queres exercer algunha ocupación no ámbito da seguridade industrial? (Carné profesional de instalacións térmicas de edificios, operador de grúa, operador de caldeiras industriais, instalador de gas, operador de produtos petrolíferos líquidos, sistemas frigoríficos con refrixerantes flourados...) Infórmate aquí. Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos Neste caso o prazo de inscrición é do 3 ao 10 de marzo.
Aquí podedes consultar modelos de exame de anos anteriores para orientarvos na preparación das probas de ESO e Bacharelato. |