Eventos
O Servizo de Mobilidade da Xunta de Galicia nos informa que nos novos contratos de transporte que funcionarán a partir de mañá, día 8 de xaneiro, desaparecen dúas paradas (por haber outras a menos de 100 m) nas seguintes rutas:
Ruta XG8044101: IES Xulián Magariños-VILAR: desaparece Gándara
Ruta XG8045501: IES Xulián Magariños-Vilar de Xallas: desaparece Romarís
A Dirección
Tras o proceso de licitación e adxudicación das rutas de transporte escolar dentro do marco do Plan de Transportes da Xunta de Galicia, é a UTE XG 804(liderada pola empresa Monbús e participada tamén pola empresa Modesto Riveiro) a encargada do mesmo.
Calquera incidencia co servizo pregamos informen ao centro.
Estas son as paradas e os mapas das 10 rutas de transporte escolar do Instituto.
HORARIOS DAS RUTAS: O transportista DEBE garantir a chegada dos escolares ao centro educativo cunha antelacion de entre 10 e 15 minutos, nunca superior. Asimesmo non pode saír de ningunha parada con antelación á hora prevista.
O transporte escolar agora faise en modalidade de transporte compartido. Pode consultar aquí o protocolo.
Máis información
Normativa transporte escolar. Importante que sexa coñecida por pais, nais e titores
Normativa referente a coches e conductores.
http://www.monbus.es/es/noticias/332/monbus-inicia-nuevas-concesiones-en-galicia/
Feliz comezo de ano
Este curso 2020-2021, a Anpa IES Xulián Magariños, no pode celebrar a súa asamblea anual por mor dos protocolos da covid 19. Esta asamblea era unha oportunidade para coñecer e mostrar a labor da Anpa, e na que moitas familias aproveitaban para facerse membros ou socios da mesma.
Pese a que mudan as costumes, nos seguimos insistindo na importancia de manter viva esta asociación. Ahí van algunhas razóns polas que facerte membro o socio da Anpa IES Xulián Magariños.
- Pola necesidade de unión a hora de revindicar melloras na educación
- Porque un movemento de pais e nais unidos fai que as nosas iniciativas e opinións sexan mais respetadas polas administracións públicas, polo profesorado, e pola sociedade en xeral
- Pola importancia de poder ter presenza no Consello Escolar para defender os intereses de todos e todas.
- Porque segue sendo a nosa responsabilidade seguir educando os nosos fillos e fillas.
- Por modelaxe, se nos non participamos, como explicar os nosos mozos e mozas que teñen que estar implicados na sociedade donde poden e deben expresarse, participar e responsabilizarse.
A qué esperas
Para facerte socio/a :
Número de conta: ES63 2080 0305 0630 4000 9371
Lembra deixar os datos do teu fillo ou filla e o curso no que esta cando fagas o ingreso.
Cuota: 15/ano.
Para ser membro:
Teléfonos: 600 319 660/ 698 177 537
Correo: anpaxulianmagarinos@gmail.com
Precisamos de ti.
Lembramos a todo o alumnado que ten autorización para saír nos recreos que, dadas as novas restricións ditadas pola Xunta de Galicia, a partir de mañán non poderán pasear por Negreira en grupos de non convivintes. Os que así o desexen poderan saír de forma individual, ou ben permanecer no patio do centro ou na biblioteca ata completar o aforo. A dirección.