Eventos
Para manter ao máximo a seguridade durante as probas extraordinarias que se realizarán os días 1 e 2 de setembro, o alumnado deberá seguir as seguintes instrucións:
NON se poderá acudir ao centro con sintomatoloxía compatible COVID ou se se está en corentena por convivir ou ter contacto estreito con persoas diagnosticadas. Nese caso chamen ao centro.
1. Á chegada ao centro esperar no patio mantendo as distancias e sen aglomeracións ata ser chamados polo profesorado para entrar ao exame. A máscara será obrigatoria tanto no espazo exterior como no interior do centro.
2. Esperar ao aviso do profesorado para entrar pola porta marcada como ENTRADA, hixienizar as mans con xel hidroalcohólico e dirixirse ao salón de actos (ou a aula que indique o profesorado) en fila de un, respectando a distancia de seguridade e seguindo as marcas do chan.
3. Sentarse onde lles sexa indicado e hixienizar o posto.
4. Ao rematar o exame e despois da súa entrega, hixienizar o posto antes de abandonar a aula. Non debe moverse do posto ata que llo permitan.
5. En caso de ter libros do fondo, devolvelos en conserxería.
6. Saír do centro pola porta marcada como SAÍDA.
7. Usar só os servizos da planta baixa (aos lados de conserxería).
O alumnado debe acudir co material necesario para a realización das probas dado que non é posible compartilo.
O vindeiro luns, día 7 de setembro, haberá unha reunión informativa presencial para as familias de 1º ESO. Debido á limitación de aforo do salón de actos, rogamos que acuda unicamente UNHA PERSOA por familia, e que o alumnado non asista á reunión pois terán unha presentación específica o día 16.
Para facilitar o mantemento das medidas de distancia sanitaria, faremos dúas sesións no seguinte horario:
- 17:00 horas - alumnado con primeiro apelido dende A ata J incluído
- 18:30 horas - alumnado con primeiro apelido dende K ata Z
Como xa saberedes a maioría de vos, a Consellería de Educación retrasa unha semana o inicio das clases en secundaria, bacharelato e ciclos, respondendo a demanda das direccións dos centros educativos nos que era imposible levar a cabo a organización do curso 20-21. Os continuos cambios no protocolo de adaptación ao COVID e a falta de certezas sobre o profesorado dispoñible estaban a imposibilitar o traballo dos equipos directivos.
Así, os alumnos de 1º e 2º da ESO, os de 1º de Bacharelato e os de 1º de FP Medio e Superior, que inicialmente comezarían as clases o vindeiro mércores 16, farano o mércores 23; mentres que os de 3º da ESO, de 2º de Bacharelato e de 2º de FP Medio e Superior, que volvían ás aulas o xoves 17, regresarán finalmente o xoves 24. Os estudantes de 4º da ESO e FP Básica, que comezarían as clases o venres 18, farano o venres 25.
Estade atentos a esta web onde iremos publicando toda a información sobre o inicio do curso.
Xa está dispoñible a listaxe definitiva coa adxudicación dos libros de texto do fondo solidario. Para coñecer os libros adxudicados a cada alumno podedes consultar na web (na aplicación Fondo Libros, aqueles que teñades certificado dixital) ou no taboleiro de anuncios na entrada do instituto. No caso de ter que acudir ao centro por favor sede moi escrupulosos no cumplimento das medidas de seguridade: distancia, desinfección e mascarillas.
Só pode estar unha persoa consultando as listaxes, o resto debe esperar fora.
Non podemos facilitar información telefónica dos libros adxudicados.
Atentos/as aos prazos para solicitar as becas de estudio de este ano !!!
- Becas para alumnado de Bacharelato, FP e outros estudos : ATA 1 de OUTUBRO. Ver toda a información.
- Becas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ATA 30 de SERTEMBRO. Ver a información.