Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
all day
Fanse públicas as listaxes provisionais de admitidos e excluidos do Fondo Solidario de libros de texto. Para consultalas recomendamos facelo telemáticamente usando a aplicación Fondolibros. De non poder acceder, poden pasar polo centro a consultalas en conserxería. O prazo de presentación de reclamacións fronte a esta listaxe provisional remata o día 15 de xullo. | 14
| 15
all day
As listaxes definitivas publicaranse en setembro tras a realización das probas extraordinarias e a matriculación dos alumnos restantes (data prevista 14 de setembro). Aqueles alumnos que reciben 6 libros teñen concedida tamén a axuda de 50€ para adquisición de material didáctico. Se dispoñen de chave 365 ou certificado dixital poderase consultar en intenet a listaxe de adxudicación de libros e axudas de material, na aplicación Fondolibros. Senón sempre poden consultala na conserxería do centro. A listaxe de libros concretos que lle corresponden a cada alumno coñecerase en setembro cando se devolvan todos os libros prestados durante o verán e estea rematada a matrícula de setembro. En calquera caso, se xa dispoñen de algúns libros de texto poden deixar aviso na conserxería do centro e no reparto de setembro pocurarase telo en conta, pero advertimos que pola dificultade do proceso NON podemos garantir que se lle adxudiquen libros diferentes aos que xa teñen. A partir de mañá o alumnado a quen lle fose concedida a axuda de material didáctico poderá pasar polo centro a recoller os vales ata o 31 de xullo o durante os primeiros días de setembro. | 16
| 17
all day
Publícase o calendario de exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro que terán lugar o día 1 e 2 de setembro Consultar calendario exames setembro (arquivo PDF) IMPORTANTE: O alumnado que levara libros do fondo solidario de libros de texto para preparar as materias durante o verán procederá a devolución dos mesmos os días 1 e 2 de setembro en conserxería, coincidindo coa asistencia aos exames das materias pendentes. O ALUMNADO FORMALIZARÁ A SÚA MATRÍCULA OS SEGUINTES DÍAS
| 18
| 19
|