Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
15
| 16
Data16/06/2020 11:56
Informamos que todo o alumnado que solicitou admisión neste centro resultou admitido all day
As clases rematarán o día 19 de xuño. O día 22 e 23 terán lugar as sesións de avaliación e o día 23 pola tarde recibirán as cualificacións no seu teléfono móbil por medio da aplicación Abalar Mobil Aproveitando que estamos en situación de nova normalidade consideramos conveniente que os compañeiros de clase e os titores poidan reunirse de novo e despedirse. Polo tanto o día xoves 25 de xuño terá lugar a entrega física dos boletíns de notas e consellos orientadores por parte dos titores/as de acordo co horario da táboa que se adxunta. Ese mesmo día o alumnado que tivera libros de texto prestados polo instituto (libros do Fondo Solidario de libros ou outros de departamentos) procederá a súa devolución. (Lembramos que a correcta devolución dos libros prestados este ano é condición indispensable para poder participar no fondo solidario de libros do vindeiro curso). O prazo de presentación de reclamacións ás cualificacións será os días 25 e 26 de xuño. HORA E LUGAR PARA PROCEDER Á ENTREGA DE BOLETÍNS DE CUALIFICACIÓNS E DEVOLUCIÓN DOS LIBROS DO FONDO LIBROS. XOVES 25 DE XUÑO O alumnado de cada grupo chegará puntualmente, desinfectará as mans e esperará fora con mascarilla e gardando a distancia de seguridade. A hora prevista se dirixirá ao salón de actos ou ximnasio segundo lle corresponda levando os libros de texto. A saída será polo pasillo de ciclos e parking traseiro.
| 17
| 18
all day
DATAS DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA O alumnado e familias deberán formalizar a matrícula para o vindeiro curso 20-21 segundo o seguinte calendario (horario de atención ao público 10:00-13:45) Alumnado que vaia cursar 1º ESO (Apelido da A á L) : 22 de xuño (Apelido da M á Z) : 23 de xuño (documentación a aportar: fotocopia DNI alumno , fotocopia DNI pai e nai, 2 foto actuais, 5 selos de tarifa A) 2º ESO (Apelido da A á L) : 26 de xuño (Apelido da M á Z) : 29 de xuño (documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos de tarifa A) 3º ESO (Apelido da A á L) : 30 de xuño (Apelido da M á Z) : 1 de xullo (documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar) 4º ESO (Apelido da A á L) : 3 de xullo (Apelido da M á Z) : 6 de xullo (documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actual, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar) 1º BAC (Apelido da A á L) : 7 de xullo (Apelido da M á Z) : 8 de xullo (documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 2 foto actuais, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar) 2º BAC : 9 de xullo (documentación a aportar: fotocopia DNI alumno, 1 foto actuail, 5 selos de tarifa A, resgardo abono seguro escolar) Lembramos que o día 10 de xullo é festivo en Negreira, polo que a data límite de confirmación de matrícula pasa a ser o luns 13 de xullo. O día de recollida de cualificacións (25 de xuño) o alumnado que aprobe todas as materias en xuño recibirá os sobres de matrícula dos seus titores con todos os impresos para cumplimentar. A partir de 3º ESO hai que aboar o Seguro Escolar obrigatorio. IMPRESOS DE MATRÍCULA (Publícanse a modo informativo. O SOBRE DE MATRÍCULA FACILITARASE NO CENTRO. O alumnado que entra en 1º de ESO ten dispoñible tamén o sobre de matrícula no CEIP O Coto) 4º ESO (Ensinanzas académicas)
| 19
| 20
| 21
|